Jorge Larraz
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jorge Roberto Larraz Camardelli 12 de abril de 1937 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de agosto de 2016 (79 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1951 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jorge Roberto Larraz Camardelli, nado en Buenos Aires o 12 de abril de 1937 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016, foi un futbolista arxentino nacionalizado ecuatoriano. Xogaba como dianteiro e o seu primeiro club foi o Deportivo Armenio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira en 1951 xogando para o Deportivo Armenio ata 1953. En 1954 trasladouse ao Gimnasia y Tiro de Salta, onde estivo ata 1956. Nese mesmo ano marchou a Ecuador para xogar no Emelec, club no que vestiu a camisola ata 1957, cando marchou para España, onde defendeu a elástica da UD Las Palmas. Máis adiante en 1960 incorporouse ao Granada CF, pero só ata 1961, momento no que volveu ás Illas Canarias, esta vez para xogar no CD Tenerife.
En novembro de 1962 fichou polo Deportivo da Coruña, que ocupaba a penúltima posición da Primeira División.[1] Debutou na xornada 9 contra o Osasuna, e anotoulle a Betancort o terceiro dos goles branquiazuis. Marcou dous goles máis, insuficientes para salvar o equipo do descenso a Segunda.
Comezou a tempada 1963/64 sen minutos no equipo adestrado por Roque Olsen, e en xaneiro ofreceuse ao Fabril, que mlitaba en Terceira.[2] Disputou varias xornadas co equipo fabrilista con actuacións destacadas, ata que foi recuperado por Olsen para o primeiro equipo, co que acabou por lograr o ascenso a Primeira.
Ao ano seguinte fichou polo Racing de Ferrol co que rematou a súa carreira en 1965.
Faleceu nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de Ecuador e participou na Copa América de 1957.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Larraz ya entrenó ayer en Riazor". El Progreso (en castelán) (17190). 8 de novembro de 1962. p. 6. Consultado o 14 de xullo de 2021.
- ↑ "Larraz e Igartúa, al Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xaneiro de 1964. p. 5.
- ↑ "Fallece Jorge Larraz, el pibe que vino a la UD en los años 50"
- ↑ Southamerican Championship 1957
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1937
- Nados en Buenos Aires
- Futbolistas da Arxentina
- Futbolistas de Ecuador
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Club Deportivo Armenio
- Xogadores do Club de Gimnasia y Tiro de Salta
- Xogadores do Club Sport Emelec
- Xogadores do Club Deportivo Universidad Católica (Ecuador)
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores da selección de fútbol de Ecuador