Saltar ao contido

José Antonio Villamor Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Villamor Vázquez
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2012 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor en Wikidata
Premios

José Antonio Villamor Vázquez, nado no Reino Unido en 1978 e finado na Coruña o 27 de xaneiro de 2012, foi un policía galego, membro do Corpo Nacional de Policía

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia orixinaria de Friol. Villamor foi un dos tres axentes que perderon a vida tentando salvar un mozo eslovaco nas augas da praia do Orzán. A placa de Villamor foi devolta polo mar aos oito anos da traxedia.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A súa valentía e sacrificio foron recoñecidos coa concesión da Medalla de Galicia[2] e pola cidade da Coruña, que os nomeou a el e aos seus compañeiros, Rodrigo Maseda e Javier López, fillos adoptivos da cidade a título póstumo.[3]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]
  • Monumento na praia de Orzán-Riazor en homenaxe aos tres axentes.
  • Conmemoración anual do acto heroico con actos, entre eles o memorial deportivo Heroes do Orzán.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy