Saltar ao contido

Kevin Roche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKevin Roche

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eamonn Kevin Roche Editar o valor en Wikidata
14 de xuño de 1922 Editar o valor en Wikidata
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Guilford Center, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College Dublin
Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteKevin Roche, Architect Who Melded Bold With Elegant, Dies at 96 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webkrjda.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5146163

Kevin Roche, nado o 14 de xuño de 1922, é un arquitecto norteamericano de orixe irlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Dublín, aínda que se criou nunha poboación pequena do condado de Cork. Estudou arquitectura na Universidade de Dublín. Cando rematou a carreira, traballou durante tres anos nun despacho de arquitectos, no que colaborou no deseño dos exteriores dun importante proxecto. En 1948 abandonou Dublín e, tras un curto período no que traballou con outros arquitectos, emigrou aos Estados Unidos para estudar con Mies van der Rohe.Rematada esta época de nova formación, permaneceu na América e conseguiu un emprego no despacho de Eero Saarinen. Aos cinco anos converteuse en socio principal de Saarinen e cando este faleceu no 1961, continuou o seu labor, asociándose cun enxeñeiro de estruturas, John Dinkeloo. Xunto con el terminou proxectos tan significativos de Saarinen como a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de Nova York ou o arco de St. Louis.

Residente definitivo nos Estados Unidos, Roche adquiriu a nacionalidade norteamericana. Roche deseñou varios edificios que foron catalogados como monumentos nacionais nos Estados Unidos. O seu despacho foi durante algún tempo o preferido polas grandes compañías para deseñar os seus edificios corporativos. Recibiu encargos de todo o mundo para realizar estes edificios. No 1982 Roche gañou o Premio Pritzker de arquitectura, o máximo galardón neste eido, comparábel ao premio Nobel. Só no período de 1962 a 1982 Roche deseñou máis de 50 proxectos.

Está considerado como un dos arquitectos máis creativos no deseño de edificios acristalados. As súas obras son imaxinativas e innovadoras, sen que por iso incorporen elementos innecesarios.

Principais proxectos

[editar | editar a fonte]
  • Fábrica de Cummins Engine (Columbus, Indiana)
  • Edificio corporativo Deere and Co. (Moline, Illinois)
  • Edificio corporativo General Foods (Rye, Nova York)
  • Ampliación do Museo Metropolitano (Nova York)
  • Museo de Oakland (California)
  • Edificio da Fundación Ford (Nova York)
  • Edificio Nations Bank Plaza (Atlanta)
  • Sede corporativa de Bouyges (París)
  • Hotel Plaza das Nacións Unidas (Nova York)
  • Power Center for the Performing Arts, Universidade de Míchigan (Chicago)
  • Facultade de Belas Artes, Universidade de Massachusetts (Amherst, Boston)
  • Banco Irwin Union and Trust Company Addition
  • Edificio College Life Insurance (Indianápolis)
  • Edificio Knights of Columbus (New Haven, Connecticut)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy