Khvicha Kvaratskhelia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 2001 (23 anos) Tbilisi, Xeorxia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,83 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2017 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Xeorxia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Badri Kvaratskhelia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Khvicha Kvaratskhelia (en xeorxiano: ხვიჩა კვარაცხელია), nado en Tbilisi o 12 de febreiro de 2001,[1] é un futbolista xeorxiano que xoga como extremo esquerdo no Napoli, da Serie A, e na selección de Xeorxia.
Comezou a súa carreira no Dinamo Tbilisi, co que debutou aos 16 anos, antes de pasar ao Rustavi, onde xogou media tempada. A continuación xogou tres anos na Liga Premier de Rusia, nas filas do Lokomotiv Moscova e do Rubín Kazán, sendo elixido dúas veces consecutivas como mellor xogador novo da liga. Tras un breve paso polo Dinamo Batumi, fichou en 2022 polo Napoli, ao que guiou na conquista do seu primeiro título da Serie A en 33 anos, acabando como o máximo asistente da liga e sendo elixido mellor xogador da competición.[2] Tamén destacou na Liga de Campións, da que foi elixido mellor xogador novo.[3]
Despois de destacar en todas as categorías inferiores, debutou coa selección xeorxiana absoluta en 2019.[1][4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Naceu en Tbilisi, sendo o segundo dos tres fillos do matrimonio formado por Maka Lukava e o exfutbolista xeorxiano Badri Kvaratskhelia, que desenvolvera boa parte da súa carreira en Acerbaixán, polo que recibira a cidadanía dese país e fora internacional coa selección acerbaixana.[6][7][8]
Formado na canteira do Dinamo Tbilisi, debutou co primeiro equipo en 2017, con só 16 anos, nun partido ante o Kolkheti-1913 Poti. Xogou un total de cinco partidos co primeiro equipo do club, marcando o seu primeiro gol na vitoria por 1-0 ante o Shukura Kobuleti, tres semanas despois do seu debut. As súas actuacións coa selección sub-17 de Xeorxia valéronlle en 2017 o premio Aleksandre Chivadze da Federación Xeorxiana como mellor xogador novo do país, galardón que celebraba a súa primeira edición.[9]
En marzo de 2018 deixou o Dinamo Tbilisi como resultado dunha disputa contractual e asinou co Rustavi.[10] Disputou 18 partidos co equipo de Rustavi na liga xeroxiana, marcando tres goles. En 2018, The Guardian nomeouno como un dos 60 mellores xogadores novos do mundo.[11]
En febreiro de 2019 trasladouse a Rusia para xogar cedido no Lokomotiv Moscova da Liga Premier.[12] Debutou o 10 de marzo, substituíndo ao peruano Jefferson Farfán no minuto 86 dun partido ante o Anzhi Makhachkala.[13] Ao remate da tempada deixou o club da capital rusa, a pesar do desacordo do adestrador Iurii Semin, que o consideraba un xogador extremadamente talentoso.[14]
Rubin Kazán
[editar | editar a fonte]En xullo de 2019 asinou un contrato de cinco anos co Rubin Kazán.[15] Debutou contra o seu anterior club, o Lokomotiv, entrando dende o banco de suplentes na segunda metade e marcando o gol do empate final (1-1).[16]
As súas grandes actuacións levárono a ser aclamado pola prensa rusa e o seu valor de mercado multiplicouse por cinco nunha soa campaña.[17] A principios de 2021, L'Equipe publicou unha lista dos 50 mellores xogadores nacidos no século XXI, sendo Kvaratskhelia o único xogador da liga rusa na lista.[17]
Dinamo Batumi
[editar | editar a fonte]O 7 de marzo de 2022, a FIFA anunciou que, debido á invasión rusa de Ucraína, os xogadores estranxeiros en Rusia poderían suspender unilateralmente os seus contratos ata o 30 de xuño, permitíndoselles asinar con clubs doutros países ata a mesma data.[18] O 24 de mrzo de 2022, o Rubin Kazán anunciou que o contrato de Kvaratskhelia fora suspendido.[19] Ese mesmo día, o xogador fichou polo Dinamo Batumi de Xeorxia.[20]
Kvaratskhelia participou en 11 partidos de liga co Dinamo Batumi, marcando oito goles e proporcionando dúas asistencias. A liga xeorxiana nomeouno mellor xogador da segunda volta da competición.[21]
Napoli
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2022, o Napoli da Serie A italiana confirmou a fichaxe de Kvaratskhelia, co que asinou un contrato ata 2017. O seu traspaso acordouse nunha cifra de entre 10 e 12 millóns de euros.[22][23] Debutou o 15 de agosto, na primeira xornada de liga ante o Hellas Verona no Estadio Diego Armando Maradona, partido no que marcou un dos cinco goles do seu equipo, que venceu por 5-2.[24] Na seguinte xornada anotou dous goles ante o Monza,[25] converténdose no primeiro xogador da historia do Napoli en marcar tres goles nos dous primeiros partidos de liga.[26] Ademais, foi nomeado Xogador do Mes da Serie A no seu primeiro mes en Italia.[27]
O 4 de outubro marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións na histórica vitoria por 1-6 ante o Ajax no Johan Cruyff Arena.[28] Fixo outro gol e deu unha asistencia no partido de volta unha semana despois, sendo nomeado mellor xogador do partido,[29] e foi incluído no equipo ideal da semana da Champions.[30] Con tres goles e unha asistencia durante o mes de febreiro de 2023, Kvaratskhelia foi nomeado Xogador do Mes da Serie A por segunda vez, converténdose no primeiro xogador en gañar o premio máis dunha vez na mesma tempada.[31] As súas actuacións no seguinte mes valéronlle máis recoñecementos, recibindo un novo premio ao Xogador do Mes da Serie A, un trofeo similar da Asociación de Futbolistas de Italia,[32] e os premios ao Gol do Mes da Serie A e ao Gol da Temporada da Serie A por un asombroso tanto conseguido na vitoria por 2-0 contra a Atalanta o 11 de marzo.[33]
O 4 de maio, tras un empate 1-1 co Udinese, o Napoli proclamouse campión da Serie A por primeira vez en 33 anos.[34] Kvaratskhelia rematou a tempada con 12 goles e como o xogador con máis asistencias (10), recibindo os premios ao mellor xogador da Serie A e ao mellor xogador novo da Liga de Campións.[35][36] O seu estilo de xogo e a súa fama en Nápoles fixeron que fose alcumado polos seareiros "Kvaradona", en referencia á lenda do Napoli Diego Armando Maradona, grande artífice das dúas únicas ligas gañados polo club ata a chegada de Kvaratskhelia.[37][38][39]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Despois de pasar polas categorías inferiores, debutou coa selección de Xeorxia o 7 de xuño de 2019, como titular nunha eliminatoria para a Eurocopa de 2020 contra Xibraltar.[40] O 14 de outubro de 2020, marcou o seu primeiro gol internacional, nun empate 1-1 ante Macedonia do Norte na Liga das Nacións da UEFA.[41] O 28 de marzo de 2021, marcou un gol contra España, seguido doutro gol tres días despois contra Grecia.[42] O 11 de novembro de 2021, dous goles seus foron vitais para derrotar a Suecia.[43]
Na primeira fase da Liga de Nacións 2022/23 marcou cinco goles en seis partidos, contribuíndo ao primeiro posto da súa selección, que conseguiu así o ascenso á Liga B.[44] En outubro de 2023 marcou cinco goles en catro encontros, converténdose no primeiro xogador xeorxiano en marcar en catro partidos consecutivos.[45]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en outubro de 2023 coa estudante de Medicina Nitsa Tavadze, nunha cerimonia celebrada no mosteiro de Samtavro, en Mtskheta.[46]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Lokomotiv Moscova
- Copa de Rusia (1): 2018/19.
- Napoli
- Serie A (1): 2022/23.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Khvicha Kvaratskhelia: Napoli’s Georgian sensation billed ‘Kvaradona’". CNN (en inglés). 1 de novembro de 2022. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "MVP Serie A TIM 2022/23 - Khvicha Kvaratskhelia migliore in assoluto" (PDF). Serie A (en italiano). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ "კვარაცხელიას სუპერგოლი იტალიაში სეზონის საუკეთესოდ დაასახელეს" (en xeorxiano). 23 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kvaradona! Meet Khvicha Kvaratskhelia, the new Napoli star gunning for Liverpool in the Champions League" (en inglés). 7 de setembro de 2022. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kaladze reveals three favourite Milan memories and weighs in on Leao vs. Kvaratskhelia debate". SempreMilancom (en inglés). 7 de abril de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Khvicha Kvaratskhelia: el jóven talento con el que sueña media Europa" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kvaratskhelia: “Ho un fratello che gioca a calcio, è molto bravo…”" (en italiano). 8 de outubro de 2022. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "Meet Khvicha Kvaratskhelia: Who is Rubin’s dazzling tiny dancer?" (en inglés). 24 de outubro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "ალექსანდრე ჩივაძის პრემია". fanebi.com (en xeorxiano). Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "ბავშვი, რომელიც ყველას ატყუებს - 10 წლის კვარაცხელია ძმის კვალზე" (en xeorxiano). 14 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2022. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ Christenson, Marcus; Powell, Jim; Blight, Garry; Hulley-Jones, Frank (11 de outubro de 2018). "Next Generation 2018: 60 of the best young talents in world football". The Guardian (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Хвича Кварацхелия – в «Локомотиве»" (en ruso). 15 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Российская Премьер-Лига 2018/2019, 19-й тур, № 152" (en ruso). 10 de marzo de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2024.
- ↑ "Сёмин: из-за ухода Кварацхелии из «Локомотива» у меня потекли слёзы" (en ruso). 5 de xullo de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "Хвича Кварацхелия стал игроком «Рубина»" (en ruso). 6 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "Кварацхелия признан болельщиками «Рубина» лучшим игроком матча с «Локомотивом»" (en ruso). 16 de xullo de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ 17,0 17,1 "Кварацхелия вошел в топ-50 молодых игроков в мире, первый — Фати" (en ruso). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "FIFA adopts temporary employment and registration rules to address several issues in relation to war in Ukraine". FIFA (en inglés). 7 de marzo de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "«Рубин» и Хвича договорились о приостановке контракта" (en ruso). 24 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "Say what?" (en inglés). 24 de marzo de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "ელიგის მეორე წრეში საუკეთესო კვარაცხელიაა #1TVSPORT" (en xeorxiano). 23 de xuño de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "Il Napoli ufficializza l’acquisto di Kvaratskhelia a titolo definitivo" (en italiano). 1 de xullo de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ "Khvicha Kavaratskhelia hits New Record with his Transfer to Napoli" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ Arcari, Marco (15 de agosto de 2022). "Verona-Napoli 2-5: Kvaratskhelia show all'esordio, gol e assist per il georgiano" (en italiano). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ Nicita, Maurizio (21 de agosto de 2022). "È Kvaratskhelia show: doppietta da applausi. E il Napoli travolge 4-0 il Monza". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Khvicha Kvaratskhelia first Napoli player to score 3 goals in 2 opening games" (en inglés). 24 de agosto de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kvaratskhelia voted Serie A Player of the Month" (en inglés). 2 de setembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Ajax 1-6 Napoli". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kvaratskhelia eletto come “Man of the Match” di Napoli-Ajax" (en italiano). 12 de outubro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Champions League team of the week: Gameweek 4" (en inglés). 13 de outubro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "THE EA SPORTS PLAYER OF THE MONTH" (en inglés). 10 de marzo de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ Fischetti, Joe (31 de marzo de 2023). "Khvicha Kvaratskhelia Named EA Sports and AIC Player of the Month for March" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "THE GOAL OF THE MONTH BY CRYPTO.COM" (en inglés). 27 de marzo de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Udinese 1-1 Napoli". BBC (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Kvaratskhelia named Player of the Season in Serie A" (en inglés). 2 de xuño de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Khvicha Kvaratskhelia named 2022/23 UEFA Champions League Young Player of the Season". UEFA (en inglés). 11 de xuño de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ De Luca, Ciro (26 de outubro de 2023). "The Instant Legend of Kvaradona". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ Bandini, Nicky (22 de agosto de 2022). "‘Kvaradona’ has Napoli fans daring to dream after summer of discontent". The Guardian (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Who is the Napoli winger Kvaratskhelia who's dubbed as Kvaradona?". BBC (en inglés). 7 de setembro de 2022. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Xeorxia 3-0 Xibraltar". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Macedonia do Norte 1-1 Xeorxia" (en inglés). 14 de outubro de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Grecia 1-1 Xeorxia". Eurosport (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "Xeorxia 2-0 Suecia". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ "UEFA Nations League C Grp. 4 Fixtures". whoscored.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ "კვარაცხელია ნაკრების ბომბარდირებში იაშვილს გაუთანაბრდა - ის „ჯვაროსნებში“ პირველია, ვინც ზედიზედ ოთხ მატჩში გაიტანა" (en xeorxiano). 20 de novembro de 2023. Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ fortuna.ge (in Georgian) https://fortuna.ge/fortuna/post/foto-video-ulamazesi-qartuli-ojakhi-kadrebi-khvicha-kvarackhelias-da-nica-tavadzis-jvrisweridan. Falta o
|title=
(Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Napoli (en italiano).