Saltar ao contido

Kish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKish
Imaxe

Localización
Mapa
 32°32′25″N 44°36′17″L / 32.5403, 44.6047
EstadoIraq
ProvinciasGobernación de Babilonia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Creación3100 a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Kish foi unha cidade do Norte da Baixa Mesopotamia (o que máis tarde seria o país de Akkad). Foi fundada probablemente cara a principios do terceiro milenio, aínda que hai constancia de poboamentos máis antigos pola súa zona: Nivel El'Amiya (período Ubaid 4000-3500 a. C.), Yemdet-Nasr (período Uruk 3500-3000 a. C.). Kish (Tell al-Uhaymir) comprende os asentamentos de Ingharra, Uhaimir, así como outros de menor importancia. Atopábase situada a uns 15 km ao leste de Babilonia.

O asentamento paulatino dos semitas (Acadios) na baixa mesopotamia e no baixo Diyala, seguramente tivo como centro comercial e político á cidade de Kish, cuxa poboación no período Protodinástico xa era principalmente acadia como o demostra a lista de reis, que teñen nomes claramente semitas.

A hexemonía de Kish en Akkad e máis tarde en gran parte da baixa Mesopotamia deu como resultado que os reis sumerio-acadios que pretendían a supremacía sobre os seus rivais, titulásense habitualmente co título ás veces honorífico de "Rei de Kish" ou "Rei das catro partes" (Sumer, Elam, Subartu e Amurru con Kish no centro).

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy