Lamniformes
Aparencia
Lamniformes (Lamniformes) Rango fósil: cretáceo temperán - actualidade[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carcharias taurus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
Os Lamniformes son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos[2] que inclúe numerosas especies de tiburóns, algunhas tan coñecidas como o tiburón branco (Carcharodon carcharias), mentres que outras son tan estrañas como o tiburón de boca ancha (Megachasma pelagios) ou a quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni).
Características
[editar | editar a fonte]Posúen dúas aletas dorsais sen espiñas e unha aleta anal. Teñen cinco fendeduras branquiais e, normalmente, espiráculos pequenos situados tras os ollos, que carecen de membranas nictitantes. Aas mandíbulas esténdense até máis atrás dos ollos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Orde Lamniformes
- Familia Odontaspididae
- Familia Mitsukurinidae
- Familia Pseudocarchariidae
- Familia Megachasmidae
- Familia Alopiidae
- Familia Cetorhinidae
- Familia Lamnidae
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas próximas ás nosas costas están citadas as seguintes especies da orde:[3][4]
- Familia Lamnidae:
- Lamna nasus (Bonnaterre, 1788) - o marraxo
- Carcharodon carcharias (Linnaeus, 1758) - o tiburón branco
- Isurus oxyrhinchus Rafinesque, 1810 - o marraxo azul
- Familia Cetorhinidae:
- Cetorhinus maximus (Gunnerus, 1765) - o peixe bobo
- Familia Alopiidae:
- Alopias vulpinus (Bonnaterre, 1788) - o raposo do mar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Lamniformes, en FishBase. Versión, xaneiro de 2009.
- ↑ Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2010): Lamniformes, en FishBase, xaneiro de 2010.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- ↑ Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lamniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lamniformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.