Saltar ao contido

Lista de monarcas de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis[1][2] foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751,[3] seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Dinastía merovinxia (486-751)

[editar | editar a fonte]

Os Merovinxios[4] foron unha dinastía Franco-Salia que gobernou aos Francos arredor de 300 anos na rexión coñecida como Francia en latín, desde mediados do século V. O seu territorio correspondía ao da Galia, así como ao das Provincias romanas de Raetia, Xermania Superior e a parte sur de Xermania. A dinastía merovinxia acadou relevancia histórica con Khilderico I (457-481), fillo de Meroveo, líder dos salios, pero foi Clodoveo I (481-511) o que unificou a Galia baixo o mandato dos merovinxios.[5]

Imaxe Nome Desde Ata Morte Relación co predecesor(es) Título
Clodoveo I
(Clovis I)
481 511 Finou por causas naturais aos 46 anos. Fillo de Khilderico I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Trala morte de Clodoveo I, o seu reino foi dividido entre os seus catro fillos, que se estableceron en diferentes cidades. O número e extensión das partes do reino variou ao longo dos anos. Clotario I, reunificou o reino.
Teodorico I 511 533 ou 534 Finou con 48 anos. Fillo máis vello de Clodoveo I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Reims
Teodeberto I 533 ou 534 547 ou 548 Morto nun accidente de caza. 47 anos. Fillo de Teodorico I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Reims
Teodebaldo I 547 ou 548 555 Finou con 20 anos. Fillo de Teodeberto I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Reims
Clodomiro
(Chlodomir)
511 25 de xuño de 524 Morto na batalla de Vézeronce con 29 anos. Segundo fillo (que sobreviviu) de Clodoveo I. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Orleáns
Childeberto I 511 13 de decembro de 558 Finou con 64 anos. Terceiro fillo (que sobreviviu) de Clodoveo I. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en París
Clotario I o Vello 511 29 de novembro de 561 Tiña 64 anos. Fillo máis novo de Clodoveo I. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Soisson
Trala morte de Clotario, o reino dividiuse entre os seus catro fillos. As partes do reino variaron ao longo do tempo e desenvolvéronse como tres reinos diferentes. Neustria, con capital Soisson e París, Austrasia, con capital en Metz, e Borgoña, con capital en Orleáns. Clotario II, neto de Clotario I, reunificou o reino.
Cariberto I 29 de novembro 561 567 Morreu con 50 anos. Fillo máis vello de Clotario I. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en París
Gontran I 29 de novembro de 561 592 Morreu con 59 anos. Segundo fillo de Clotario I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Orleáns
Sixeberto I 29 de novembro de 561 575 Asasinado en Vitry-en-Artois, con 40 anos. Terceiro fillo de Clotario I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Metz
Khildeberto II 575 595 Morreu con 24 anos. Fillo de Sixeberto I. Fillo adoptivo de Gontrán. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Rei de Austrasia e (desde 592) de Borgoña.
Teodeberto II 595 612 Asasinado con 26 anos. Fillo máis vello de Khildeberto II. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Rei de Austrasia
Teodorico II 595 613 Finou con 26 anos. Fillo máis novo de Khildeberto II. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Rei de Borgoña (595-613) e de Austrasia (612-613)
Sixeberto II 613 613 Executado aos 11 anos de idade. Fillo de Teodorico II Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Rei de Borgoña e de Austrasia
Khilperico I 29 de novembro de 561 584 Morreu con 45 anos. Fillo máis novo de Clotario I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Soisson
Clotario II o Grande, o Mozo 584 18 de outubro de 629 Morreu con 45 anos. Fillo de Khilperico I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
en Soisson
Rei de Neustria (595-639)
Rei de Borgoña (613-629)
Rei de Austrasia (613-623)
Trala reunificación do reino, NeustriaBorgoña permaneceron baixo o control directo do Rei dos Francos, mentres que Austrasia quedou ao mando dun rei vasalo. Os reis que aparecen a partir deste punto só o foron de Neustria e Borgoña.
Dagoberto I 18 de outubro de 629 19 de xaneiro de 639 Morreu con 36 anos. Fillo de Clotario II Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Clodoveo II o Vago 19 de xaneiro de 639 31 de outubro de 657 Morreu con 20 anos. Fillo do anterior Rei de Neustria e Borgoña
(Roi de Neustrie et de Bourgogne)
Clotario III 31 de outubro de 657 673 Morreu con 21 anos. Fillo do anterior Rei de Neustria e Borgoña
(Roi de Neustrie et de Bourgogne)
Rei de Austrasia
(661–662)
Khilperico II 673 675 Morreu con 22 anos. Fillo de Clodoveo II. Irmán de Clotario III. Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Teodorico III 675 691 Morreu con 37 anos. Fillo de Clodoveo II. Irmán de Khilperico II. Rei de Neustria
(Roi de Neustrie)

Rei dos Francos
(Roi des Francs)
(687–691)
Clodoveo IV 691 695 Morreu con 13 anos. Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Khildeberto III o Xusto 695 23 de abril de 711 Morreu con 41 anos. Fillo de Teodorico III
Irmán do anterior
Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Dagoberto III 23 de abril de 711 715 Morreu con 14 anos. Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Khilperico II
(Chilpéric II)
715 13 de febreiro de 721 Morreu con 49 anos Probablemente fillo de Khilderico II Rei de Neustria e Borgoña
(Roi de Neustrie et de Bourgogne)

Rei dos Francos
(Roi des Francs)
(719–721)
Teodorico IV 721 737 Morreu con 25 anos. Fillo de Dagoberto III Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Os últimos reis merovinxios, non tiveron realmente o poder político, sendo o Mordomo do Palacio o que gobernaba no seu lugar. Cando Teodorico IV morreu no 737, o Mordomo de Palacio Carlos Martel deixou o trono vacante e continuou gobernando ata a súa propia morte no 741. Os seus fillos Pipino o Breve e Carlomán restauraron brevemente a dinastía merovinxia baixo o mando de Khilderico III no 742. No 751 Pipino depuxou ao rei e proclamouse a si mesmo como monarca.
Khilderico III 743 novembro de 751 Morreu con 37 anos. Fillo de Khilperico Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía carolinxia (751-888)

[editar | editar a fonte]

A dinastía carolinxia foi unha familia da nobreza franca con orixes nos clans dos Pipínidos e Arnúlfidos do século VII. A familia consolidou o seu poder a finais do século VIII, exercendo cargos como o de mordomo de palacio e dux et princeps Francorum de xeito hereditario e converténdose no verdadeiro poder detrás dos reis merovinxios. No 751, Pipino o Breve, destronou aos merovinxios co consentimento do Papado e a aristocracia e converteuse no Rei dos Francos.[6]

Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Pipino o Breve 751 24 de setembro de 768 Fillo de Carlos Martel Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Carlomán I 24 de setembro de 768 4 de decembro 771 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Carlomagno 24 de setembro de 768 28 de xaneiro de 814 Fillo de Pipino o Breve Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
(Imperator Romanorum)
(800–814)
Lois I o Piadoso 28 de xaneiro de 814 20 de xuño de 840 Fillo de Carlomagno Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
(Imperator Romanorum)
Carlos II o Calvo 20 de xuño de 840 6 de outubro de 877 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
(Imperator Romanorum)
(875–877)
Lois II 6 de outubro de 877 10 de abril de 879 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Lois III 10 de abril de 879 5 de agosto de 882 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Carlomán II 5 de agosto de 882 6 de decembro de 884 Fillo de Lois II Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Carlos III o Gordo 20 de maio de 885 13 de xaneiro de 888 Fillo de Lois o Xermánico. Primo de Lois II e Carlomán II. Neto de Lois I o Piadoso. Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Emperador de Occidente
(Imperator Romanorum)
(881–887)

Dinastía robertina (888-898)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía robertina.

Os Robertinos eran unha familia da nobreza franca que debían lealdade aos Carolinxios, e antepasados da Dinastía capetiana. Eudes, Conde de París, foi escollido polos Francos occidentais para ser o seu rei logo de derrocar a Carlos III o Gordo. Foi coroado en Compiègne en febreiro do 888 polo arcebispo de Sens.[7]

Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Eudes de París 29 de febreiro de 888 1 de xaneiro de 898 Fillo de Roberto de Anjou. Elixido rei en contra de Carlos III. Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía carolinxia (893–922)

[editar | editar a fonte]

Carlos, o fillo póstumo de Lois II, foi coroado por unha facción oposta a Eudes na Catedral de Reims. Porén, só se converteu en monarca trala morte deste no 898.[8]

Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Carlos III o Simple 28 de xaneiro de 898 30 de xuño de 922 Fillo póstumo de Lois II. Medio-irmán de Lois III e Carlomán II. Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía robertina (922–923)

[editar | editar a fonte]
Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Roberto I 30 de xuño de 922 15 se xuño de 923 Fillo de Roberto o Forte. Irmán de Eudes. Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía bosónida (923–936)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía bosónida.

Os Bosónidas foron unha familia nobre descendente de Bosón o Vello. Un membro da dinastía foi elixido Rei dos Francos no 923.

Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Raúl 13 de xullo de 923 14 de xaneiro de 936 Fillo de Ricardo, Duque de Borgoña. Xenro de Roberto I. Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía carolinxia (936–987)

[editar | editar a fonte]
Retrato Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Lois IV 19 de xuño de 936 10 de setembro de 954 Fillo de Carlos III Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Lotario 12 de novembro de 954 2 de marzo de 986 Fillo de Lois IV Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Lois V 8 de xuño de 986 22 de maio de 987 Fillo de Lotario Rei dos Francos
(Roi des Francs)

Dinastía capetiana (987-1792)

[editar | editar a fonte]

Trala morte de Lois V de Francia, o fillo de Hugo o Grande e neto de Roberto I, Hugo Capeto, foi elixido pola nobreza como Rei de Francia. A dinastía capetiana, composta por descendentes directos varóns de Hugo Capeto, gobernou Francia de xeito continuado desde o 987 ata 1792 e máis tarde de novo entre 1814 e 1848. Eran descendentes directos dos reis robertinos. As ramas menores desta dinastía, que gobernaron a partir de 1328, adoitan recibir os nomes de Valois e Borbón.

Rama principal (987-1328)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía dos Capetos.

A liña principal de descendentes de Hugo Capeto adoita coñecerse como os Capetos directos. Esta liña extinguíuse en 1328, provocando unha crise sucesoria coñecida como a guerra dos Cen Anos. Aínda que houbo moitas ramas de pretendentes, as máis importantes foron a Casa de Valois e a Casa de Plantagenet.

Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Hugo Capeto 3 de xullo de 987 24 de outubro de 996 Neto de Roberto I Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Roberto II 24 de outubro de 996 20 de xullo de 1031 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Henrique I 20 de xullo de 1031 4 de agosto de 1060 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Filipe I 4 de agosto de 1060 29 de xullo de 1108 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Lois VI 29 de xullo de 1108 1 de agosto de 1137 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Lois VII 1 de agosto de 1137 18 de setembro de 1180 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
Filipe II Augusto 18 de setembro de 1180 14 de xullo de 1223 Fillo do anterior Rei dos Francos
(Roi des Francs)
primeiro monarca en utilizar o título Rei de Francia
(Roi de France)
Lois VIII 14 de xullo de 1223 8 de novembro de 1226 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)
Lois IX 8 de novembro de 1226 25 de agosto de 1270 Fillo de Lois VIII Rei de Francia
(Roi de France)
Filipe III 25 de agosot de 1270 5 de outubro de 1285 Fillo de Lois IX Rei de Francia
(Roi de France)
Filipe IV 5 de outubro de 1285 29 de novembro de 1314 Fillo de Filipe III Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois X 29 de novembro de 1314 5 de xuño de 1316 Fillo de Filipe IV Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Xoán I 15 de novembro de 1316 20 de novembro de 1316 Fillo de Lois X Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Filipe V 20 de novembro de 1316 3 de xaneiro de 1322 Fillo de Filipe IV Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Carlos IV 3 de xaneiro de 1322 1 de xaneiro de 1328 Fillo de Filipe IV Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)

Casa de Valois (1328-1589)

[editar | editar a fonte]

A morte do último descendente directo de Hugo Capeto foi a causa da guerra dos Cen Anos entre a Casa de Valois e a Casa de Plantagenet polo control do trono de Francia. Os Valois reclamaban o dereito de sucesión por liña masculina de primoxenitura tendo eles o descendente directo máis próximo ao último rei francés, sendo este descendente do cuarto fillo de Filipe III. Os Plantagenet basearon as súas reclamacións en que eran descendentes dun rei máis recente, Filipe IV a través de Isabel de Francia e o seu fillo Eduardo III. As dúas casas reais combateron na guerra dos Cen Anos para reforzar as súas reclamacións, resultando finalmente vitoriosos os Valois. Un Plantagenet, Henrique VI de Inglaterra, exerceu o control de jure do trono francés grazas ao Tratado de Troyes, que foi a base da reclamación dos monarcas ingleses do trono francés ata 1801. A rama dos Valois viu extinta a súa rama principal en 1422, durante as guerras de relixión de Francia.

Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Filipe VI 1 de abril de 1328 22 de agosto de 1350 Neto de Filipe III Rei de Francia
(Roi de France)
Xoán II 22 de agosto de 1350 8 de abril de 1364 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)
Carlos V 8 de abril de 1364 16 de setembro de 1380 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)
Carlos VI 16 de setembro de 1380 21 de outubro de 1422 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)

Casa de Lancaster (1422-1453) (disputado)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Casa de Lancaster.
Retrato Armas Nome Desde Ata Pretendente Título
Henrique VI de Inglaterra 21 de outubro de 1422 19 de outubro de 1453 Por dereito do seu pai Henrique V de Inglaterra, quen se converteu en herdeiro e rexente de Francia no Tratado de Troyes. Rei de Francia
(Roi de France)

Casa de Valois (1328-1589)

[editar | editar a fonte]
Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Carlos VII 21 de outubro de 1422 22 de xullo de 1461 Fillo de Carlos VI Rei de Francia
(Roi de France)
Lois XI 22 de xullo de 1461 30 de agosto de 1483 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)
Carlos VIII 30 de agosto de 1483 7 de abril de 1498 Fillo do anterior Rei de Francia
(Roi de France)
Lois XII 7 de abril de 1498 1 de xaneiro de 1515 Bisneto de Carlos V
Xenro de Lois XI
Por segundo matrimonio, marido de Ana da Bretaña, viúva de Carlos VIII.
Rei de Francia
(Roi de France)
Francisco I 1 de xaneiro de 1515 31 de marzo de 1547 Tátara-neto de Carlos V. Xenro de Lois XII. Rei de Francia
(Roi de France)
Henrique II 31 de marzo de 1547 10 de xullo de 1559 Fillo de Francisco I. Neto (materno) de Lois XII. Rei de Francia
(Roi de France)
Francisco II 10 de xullo de 1559 5 de decembro de 1560 Fillo de Henrique II Rei de Francia
(Roi de France)

Rei de Escocia
(1558–1560)
Carlos IX 5 de decembro de 1560 30 de maio de 1574 Fillo de Henrique II Rei de Francia
(Roi de France)
Henrique III 30 de maio de 1574 2 de agosto de 1589 Fillo de Henrique II Rei de Francia
(Roi de France)

Rei de Polonia e Gran Duque de Lituania
(1573–1575)

Casa de Borbón (1589-1792)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Casa de Borbón.

A Casa de Valois parecía forte trala morte de Henrique II, quen deixou tres herdeiros varóns. O primeiro deles, Francisco, morreu sendo menor de idade. O segundo, Carlos IX non tivo herdeiros lexítimos para herdar. Tralo asasinato de Henrique III, Francia volveu a sumirse nunha crise sucesoria na que un curmán distante do rei herdaría o trono. O pretendente mellor situado foi o rei Henrique de Navarra, mais era protestante, un feito inaceptable para a maior parte da nobreza francesa. Tras gañar numerosas batallas na defensa dos seus dereitos, Henrique converteuse ao catolicismo e foi coroado rei, nacendo así a Casa de Borbón.

Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Henrique IV 2 de agosto de 1589 14 de maio de 1610 Décima xeración de descendentes varóns de Lois IX. Xenro de Henrique II, cuñado de Francisco II, Carlos IX e Henrique III. Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois XIII 14 de maio de 1610 14 de maio de 1643 Fillo do anterior Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois XIV o Rei Sol 14 de maio de 1643 1 de setembro de 1715 Fillo do anterior Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois XV 1 de setembro de 1715 10 de maio de 1774 Bisneto de Lois XIV Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois XVI 10 de maio de 1774 21 de setembro de 1792 Neto de Lois XV Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
(1774–1791)

Rei dos Franceses
(Roi des Français)
(1791–1792)
Lois XVII 21 de xaneiro de 1793 8 de xuño de 1795 Fillo de Lois XVI (Disputado) Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)

Primeira República Francesa (1792-1804)

[editar | editar a fonte]

A Primeira República Francesa estivo vixente desde 1792 ata 1802, cando o Primeiro Cónsul Napoleón Bonaparte, foi proclamado Emperador dos Franceses.[4]

Casa de Bonaparte, Primeiro Imperio (1804-1814)

[editar | editar a fonte]
Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Napoleón I 18 de maio de 1804 11 de abril de 1814 - Emperador dos Franceses
(Empereur des Français)

Dinastía capetiana (1814–1815)

[editar | editar a fonte]

Trala derrota de Napoleón e o seu exilio na Illa de Elba, a monarquía dos Borbóns foi restaurada. O irmán do destronado Lois XVI, foi coroado rei baixo o nome de Lois XVIII de Francia. O fillo de Lois XVI foi considerado por moitos monárquicos como Lois XVII, aínda que nunca foi coroado e nunca gobernou antes da súa morte. Napoleón regresaría ao poder durante o período coñecido como os Cen Días en 1815. Trala súa derrota definitiva na Batalla de Waterloo, os Borbóns volveron a ascender ao trono e continuaron gobernando Francia ata a Revolución de Xullo de 1830 na que foron substituídos por unha rama menor, a Casa de Orleáns.

Casa de Borbón (1814–1815)

[editar | editar a fonte]
Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Lois XVIII 11 de abril de 1814 20 de marzo de 1815 Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)

Casa de Bonaparte, Primeiro Imperio (Cen Días, 1815)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cen Días.
Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Napoleón I 20 de marzo de 1815 22 de xuño de 1815 - Emperador dos Franceses
(Empereur des Français)
Napoleón II 22 de xuño de 1815 7 de xullo de 1815 Fillo de Napoleón I (Disputado) Emperador dos Franceses
(Empereur des Français)

Dinastía capetiana (1815–1848)[4]

[editar | editar a fonte]

Casa de Borbón (1815–1830)

[editar | editar a fonte]
Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Lois XVIII 7 de xullo de 1815 16 de setembro de 1824 Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Carlos X 16 de setembro de 1824 2 de agosto de 1830 Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI e Lois XVIII. Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Lois XIX Antón 2 de agosto de 1830 2 de agosto de 1830
(20 minutos)
Fillo de Carlos X (Disputado) Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)
Henrique V 2 de agosto de 1830 9 de agosto de 1830
(7 días)
Neto de Carlos X
Sobiño de Lois Antonio
(Disputado) Rei de Francia e de Navarra
(Roi de France et de Navarre)

Casa de Orleáns (1830–1848)

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Casa de Orleáns e Monarquía de Xullo.

A Restauración dos Borbóns chegou ao seu fin coa Revolución de Xullo de 1830, na que se depuxo a Carlos X e ascendeu ao trono Lois Filipe de Orleáns. A monarquía cambiou as costumes do Antigo Réxime, substituíndoas por costumes máis populistas (o título de Rei de Francia pasou a ser de novo Rei dos Franceses). Lois Filipe mantívose no poder ata a Revolución de 1848, na que se instaurou a Segunda República Francesa.

Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Lois Filipe I 9 de agosto de 1830 24 de febreiro de 1848 Descendente, en sexto grado, de Lois XIII. Rei dos Franceses
(Roi des Français)

Segunda República Francesa (1848-1852)

[editar | editar a fonte]

A Segunda República Francesa estivo vixente desde 1848 ata 1852, cando o seu presidente Lois Napoleón Bonaparte, foi proclamado Emperador dos Franceses.[4]

Casa de Bonaparte, Segundo Imperio (1852-1870)

[editar | editar a fonte]

Cando foi proclamado emperador, Lois Napoleón Bonaparte tomou o nome de Napoleón III de Francia. Anos máis tarde foi derrocado durante a guerra franco-prusiana. Foi o último monarca que gobernou en Francia, desde entón sucedéronse no país varios Gobernos republicanos.

Retrato Armas Nome Desde Ata Relación co predecesor(es) Título
Napoleón III 2 de decembro de 1852 4 de setembro de 1870 Sobriño de Napoleón I Emperador dos Franceses
(Empereur des Français)

Pretendentes ao trono de Francia

[editar | editar a fonte]

Varios pretendentes descendentes dos monarcas franceses reclamaron o seu dereito a ser o lexítimo monarca de Francia, rexeitando as reclamacións do Presidente de Francia, e as dos outros. Estes grupos son:

  1. Sullivan, William. Historical causes and effects, from the fall of the Roman empire, 476, to the reformation, 1517. p. 213
  2. Grimshaw, William. The history of France from the foundation of the monarchy to the death of Louis XVI. p. 11
  3. Claudio Rendina & Paul McCusker, The Popes: Histories and Secrets, (New York : 2002), p. 145.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hansen, M.H. (1967). Sterling Publishing Co., Inc., ed. Kings, Rulers, and Statesmen. NY, USA. pp. 103–107. 
  5. Brown, Peter (2003). Blackwell Publishing Ltd., ed. The Rise of Western Christendom. Malden, MA, USA. p. 137. 
  6. Babcock, Philip (1993). Merriam-Webster, ed. Webster's Third New International Dictionary of the English Language, Unabridged. MA, USA. pp. 341. 
  7. Gwatking, H. M.; Whitney, J. P. (1930). Cambridge University Press, ed. Cambridge Medieval History: Germany and the Western Empire. Volume III. London. 
  8. Parisse, Michael (2005). "Lotharingia". En Cambridge University Press. The New Cambridge Medieval History: c. 900–c. 1024 III. Cambridge, UK. pp. 313–315. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy