Loa
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Loa (homónimos).
A loa ("louvanza" ou "loanza") é un tipo de prólogo teatral, especialmente do Século de Ouro,[1] que pretende lograr o favor do público. Apareceron cos primeiros autos sacramentais e convertéronse logo en parte das obras seculares.
Na forma, estas pezas non presentan complexidade dramática, botándose en falta especificacións espaciais, temporais e elementos escénicos. Represéntanse diante do pano e en espazo neutro. Os seus personaxes son tipos convencionais coñecidos polo público, ou figuras alegóricas, caracterizadas por un mínimo de trazos.
A loa ten antecedentes xa na literatura dramática grega e romana. Cinco trazos, algúns coincidentes co entremés axudan a definir este xénero:
- Brevidade: (2 a 12 minutos)
- Dependencia: carácter preliminar, precede e introduce a obra principal.
- Entretemento realizado con diversos recursos cómicos.
- Pragmatismo: realiza os cometidos de exordio no discurso co fin de crear silencio, captar a benevolencia e suscitar o interese do público.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- No teatro contemporáneo, a obra Romance do cristiano e do mouro da Franqueira, de Ramón Cabanillas, glorifica a través dun diálogo á Virxe María.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Poesía galega completa" (PDF). gbv.de; sub-hamburg; Ramón Cabanillas.
----
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |