Low Noise Block
Un Conversor de Baixo Ruído ou LNB (polas súas siglas inglesas, Low Noise Block) é un equipamento que se atopa nas antenas parabólicas usado para a recepción de sinais de satélites emitidos nunha faixa de frecuencia de ondas electromagnéticas de tipo microondas, e en dúas bandas, xeralmente, unha Banda C e a outra unha Banda Ku.
O LNB capta o sinal e fai unha redución da súa frecuencia para ser levado despois o sinal ao cable coaxial que está ligado ao receptor. Xeralmente a faixa de frecuencia usada é a da chamada Banda L correspondente á frecuencia en Banda C e/ou Banda Ku.
O principio que rexe o funcionamento electrónico dun LNB é o do Super-heterodino.
Exemplos de LNB's
[editar | editar a fonte]LNB na Banda-C
[editar | editar a fonte]Este é un exemplo dun LNB de Banca C de Norteamérica.
- Oscilador local: 5.15 GHz
- Frecuencia: 3.40-4.20 GHz
- Figura de ruído: intervalos de 25-100 Kelvin.
- Polarización: Linear
Tensión de alimentación | Frecuencia LO | Polarización Recibida | Frecuencia da Banda recibida | IF Faixa usado |
---|---|---|---|---|
13 V | 5.15 GHz | Vertical | 3.40-4.20 GHz | 950-1750 MHz |
18 V | 5.15 GHz | Horizontal | 3.40-4.20 GHz | 950-1750 MHz |
LNB na Banda-Ku
[editar | editar a fonte]Banda Ku, padrón do LNB na América do Norte.
Aquí está un exemplo dun LNB linear:
- Oscilador local: 10.75 GHz
- Frecuencia: 11.70-12.20 GHz
- Figura de ruído: 1 dB.
- Polarización: Linear
Tensión de alimentación | LO Frecuencia | Polarización Recibida | Frecuencia da Banda recibida | IF Faixa usado |
---|---|---|---|---|
13 V | 10.75 GHz | Vertical | 11.70-12.20 GHz | 950-1450 MHz |
18 V | 10.75 GHz | Horizontal | 11.70-12.20 GHz | 950-1450 MHz |
LNB Universal ("Astra" LNB)
[editar | editar a fonte]Aquí é un exemplo dun LNB universal utilizado en Europa:
- Figura de ruído: 0.2 dB típico
- Polarización: Linear
Tensión de alimentación | Ton de abastecimento | LO Frecuencia | Polarización Recibida | Frecuencia da Banda recibida | IF Faixa usado |
---|---|---|---|---|---|
13 V | 0 kHz | 9.75 GHz | Vertical | Baixo (10.70-11.70 GHz) | 950-1950 MHz |
18 V | 0 kHz | 9.75 GHz | Horizontal | Baixo (10.70-11.70 GHz) | 950-1950 MHz |
13 V | 22 kHz | 10.60 GHz | Vertical | Alto (11.70-12.75 GHz) | 1100-2150 MHz |
18 V | 22 kHz | 10.60 GHz | Horizontal | Alto (11.70-12.75 GHz) | 1100-2150 MHz |
LNBF (Low-noise Block Converter "Feed Horn")
[editar | editar a fonte]É un tipo de LNB capaz de seleccionar a localización dos satélites e a codificación das canles recibidas a través dunha variación na súa tensión de alimentación, non sendo así necesario o uso dun polo-rotor, que xeraba problemas.
É un LNB co "Feed Horn" integrado. Moitas veces o "F" é omitido, como o LNB Ku, que a pesar de o alimentador estar integrado, non é común denominalo LNBF Ku.