Maharashtra
महाराष्ट्र (mr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Capital | Bombai | ||||
Contén a división administrativa | Amravati division (en) Konkan division (en) Nagpur division (en) Nashik division (en) Pune division (en) Sambhajinagar division (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 112.372.972 (2011) (365,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua marathi | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 307.713 km² | ||||
Punto máis alto | Kalsubai (en) (1.646 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de maio de 1960 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Maharashtra (en) | Ramesh Bais (2023–) | ||||
Órgano executivo | Maharashtra Legislative Assembly (en) (Escano: 289) | ||||
• Chief Minister of Maharashtra (en) | Eknath Shinde (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Maharashtra Legislature (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IN-MH | ||||
Sitio web | maharashtra.gov.in… | ||||
Maharastra, transcrito do marathi महाराष्ट्र como Maharáshtra (AFI /məhaˈɾaʂʈɾə/) e ás veces tamén transcrito Maharashtra, Mahārāshtra e Maarastra[1][2][3] é un dos 28 Estados da India, clasificándose como o segundo máis poboado do país, co maior produto interno bruto [4] e o terceiro máis extenso do subcontinente.[5]
O Estado foi fundado o 1 de maio de 1960 (este día coñecido no país como "Día de Maharastra"), pouco despois da independencia da India.
Economía e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A súa capital e cidade máis grande, Bombai (Mumbai), é o maior centro urbano e financeiro da India, coa súa rexión metropolitana que representa ao redor do 5,5 % do PIB do país.[6] No seu conxunto, o Estado representa máis do 13% do PIB da India e máis do 23% do Produto Interior Bruto Nominal (uns 225.000 millóns de dólares ) en 2010, e arredor do 25 % das actividades financeiras realizadas no país, sendo o máis desenvolvido da India.[7]
Tamén é un dos máis desenvolvidos socialmente, co sétimo mellor IDH en 2011, o que, aínda que bastante superior á media india no mesmo período, estivo por debaixo da media mundial ese ano. De feito, facendo unha comparación con outro Estado-nación dos BRICS, segundo a ONU, Maharastra ten, de media, peores indicadores sociais que os que presenta Alagoas, o estado co Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) máis baixo do Brasil, segundo a última enquisa oficial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Maharastra, que ocupa unha superficie de 307.700 km², sendo o terceiro máis grande do país (ocupando ao redor do 9,8% do territorio do país), limita co mar Arábigo ao oeste, os Estados de Gujarat e o territorio de Dadrá e Nagar-Aveli ao noroeste, cos Estados de Madia Pradesh ao nordeste, Chatisgar ao leste, KarnataKa ao sur, Andra Pradesh ao sueste e Goa ao suroeste.
Demografía
[editar | editar a fonte]Cunha poboación estimada de 112,3 millóns de habitantes en 2011, Maharastra é o segundo Estado máis poboado do país, só superado polo estado de Uttar Pradesh, no norte do país. Se fose independente, Maharastra sería o décimo país máis poboado do mundo, por diante de México.
Cidades
[editar | editar a fonte]A pesar de que case 90 millóns de habitantes separan a poboación de Uttar Pradesh, o Estado máis poboado da India, e Maharastra, o segundo, este último é, sen dúbida, o de maior poboación urbana en canto a número de habitantes (aínda que máis do 70 % dos 200 millóns de habitantes de Uttar Pradesh é rural , o Estado ten máis cidades nas 100 cidades máis poboadas da India que calquera outro Estado indio.
# | Cidade | Poboación (est. 2011)[8] | Notas |
---|---|---|---|
1 | Bombai | 12.478.447 | Capital e maior cidade de Maharastra, é tamén a maior cidade da India, principal e máis desenvolvido centro urbano, financeiro e cultural do país. |
2 | Pune | 3.115.431 | Segunda maior cidade do Estado, é a nona máis populosa da India, e un dos maiores centros financeiros do país. |
3 | Nagpur | 2.405.421 | Nagpur é a terceira cidade mais poboada de Maharastra, a décima terceira da Índia, e a maior cidade da parte central do país. |
4 | Tana | 1.818.872 | Tamén coñecida como Shri Sthanak, é a cuarta cidade máis poboada do Estado e a décima quinta do país. Fai parte da rexión metropolitana de Bombai. |
5 | Pimpri-Chinchwad | 1.729.359 | Localizada no Distrito de Pune, onde a cidade de mesmo nome é a sede, Pimpri-Chinchwad é décima oitava cidade máis populosa da Índia. |
6 | Nashik | 1.486.973 | Localizada entre Bombai e Pune, ás marxes do rio Godavari, a cidade de Nashik é a sexta maior do Estado e está entre as 30 mais poboadas da India. É sede do distrito homónimo. |
7 | Kalyan-Dombivli | 1.246.381 | Kalyan-Dombivli, tamén coñecida simplesmente como Kalyan, está localizada no distrito de Tana. |
8 | Baçaim | 1.221.233 | Cidade que formou parte do Imperio Portugués, é a oitava cidade máis populosa de Maharastra, situada no estuario do río Ulhas, tamén localizada no distrito de Tana. |
9 | Aurangabade | 1.171.330 | Poboación excluindo a área periférica Ualuje (que, de ser incluída, saltaría a 1,7 millóns de habitantes), Aurangabade é sede do distrito de Aurangabade, e é unha das cidades que máis crecen no mundo actualmente, tanto en canto á poboación como á economía. É coñecida polos seus monumentos históricos. |
10 | Nova Bombai | 1.119.477 | Desenvolvida en 1972, é unha das maiores cidades planeadas do mundo, localizada na periferia de Bombai. |
11 | Solapur | 1.000.118 | Sede do distrito de mesmo nome, é unha importante cidade industrial. |
12 | Mira-Baiander | 814.994 | Décima segunda cidade máis poboada do Estado, está localizada na rexión metropolitana de Bombai. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Co galego tamén nos podemos entender en Goa". bicodaria.gal. Consultado o 2024-10-29.
- ↑ Wikiloc. "Las mejores rutas de Senderismo en Vasāli, Mahārāshtra". Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2024-10-29.
- ↑ Paulo, Correia (Verán de 2020). "Toponímia da Índia — breve análise" (PDF). p. 4. ISSN 1830-7809. Consultado o 8 de outubro de 2020.
- ↑ "India - statewise_gdp; copia arquivada". web.archive.org; unidow.com. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-24. Consultado o 2012-04-03.
- ↑ "PlanningDevelopment/Statistics/table_1; Copia arquivada" (PDF). gov.bih.nic.in; web.archive.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-05-13. Consultado o 2012-04-03.
- ↑ "Projects - Mumbai Urban Infrastructure Project; copia arquivada". www.mmrdamumbai.org; web-archive.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-03. Consultado o 2012-02-25.
- ↑ "census.website". censusindia.gov.in.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maharashtra |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
----
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |