Manuel Brea Porto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1942 (82 anos) A Estrada, España |
Alcalde de Forcarei | |
1974 – 1999 ← Francisco Filgueiras Gulías – David Raposeiras → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Manuel Brea Porto, nado na Estrada o 21 de marzo de 1942, é un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Brea Vilas. Mestre en Forcarei, foi concelleiro de Forcarei dende 1967, foi primeiro tenente alcalde con Francisco Filgueiras Gulías dende 1970. Foi nomeado alcalde de Forcarei en 1974. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da Agrupación Electoral de Forcarei (AEF) e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Converxencia de Independientes de Galicia e volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Galicia e volveu repetir a maioría absoluta. Nas municipais de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Foi deputado provincial (1979-1983).
Predecesor: Francisco Filgueiras Gulías |
Alcalde de Forcarei 1974 - 1999 |
Sucesor: David Raposeiras |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde honorario de Forcarei en 2000.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Luz Sofía Constenla Garrido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 29-7-2000, p. 6.