Saltar ao contido

Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarco Claudio Marcelo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) M. Claudius M.f.M.n. Marcellus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 208 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte148 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Causa da morteafogamento Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
166 a. C. – 166 a. C.
Xunto con: Caio Sulpício Galo (pt) Traducir
Pretor
Gobernador romano
Tribuno da plebe
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoMedia República Romana Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaClaudii Marcelli (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
FillosMarcus Claudius Marcellus Editar o valor en Wikidata
PaisMarcus Claudius Marcellus Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Marco Claudio Marcelo (en latín, M. Claudius M.f.M.n. Marcellus), nado cara o 209 a. C. e finado no 148 a. C., foi un cónsul romano durante a República. Durante a súa estancia en Hispania, fundou a cidade de Corduba, a actual Córdoba.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marcelo pertencía á rama plebea da Gens Claudia, que, segundo os historiadores, estaba inicialmente moi relacionada cos patricios da Gens Claudia: O primeiro Marcelo, que chegou ás maxistraturas, aínda puido ser un cliente dos Claudio Craso. O cognomen Marcellus é unha forma diminutiva do praenomen Marcus, aínda que Plutarco construíu a etimoloxía a partir do nome do deus romano da guerra, Marte. O primeiro portador deste apelido, mencionado nas fontes, foi cónsul no 331 a.C.

Seu pai, tiña o seu mesmo nome e fora cónsul no ano 196 a.C. e seu avó, tamén co mesmo nome, fora un dos heroes da Segunda guerra púnica e accedera ao consulado 5 veces.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

A primeira mención se produce cando seu pai morre no 177 a. C. e Marcelo o sucede no cargo de pontífice.[2][3][4] Posteriormente, foi tribuno da plebe[5][6] no 171 a. C. en neste momento, que se estaba a recrutar un exército para a Terceira guerra macedónica, os centurións queixáronse aos tribunos de estaren sendo recrutados sen atender a méritos anteriores. Tanto Marcelo como outro dose seus colegas, Marco Fulvio Nobilior, pretenderon deriva-la queixa aos cónsules, mais o resto dos tribunos se negaron e apoiaron as demandas dos centurións.

No ano 169 a. C. foi pretor en Hispania das súas provincias, a Citerior e a Ulterior.[7][8] Foi nesta etapa cando leva a cabo a fundación dunha colonia latina que dará orixe á cidade de Corduba (actual Córdoba).[9] O emprazamento, a carón do río Betis (actual Guadalquivir), xa coñecía da existencia dun poboado ibérico anterior e da creación dun campamento durante as guerras con Cartago. A nova cidade máis tarde se converteu no centro administrativo da provincia de Hispania Ulterior, posteriormente convertida na Bética.[10]

Primeiro (166 a. C. ) e segundo consulados (155 a. C.)

[editar | editar a fonte]

No 166 a.C. foi nomeado cónsul de Roma, con Caio Sulpicio Galo. Neste mandato, conseguiu vencer a varias tribos dos galos dos Alpes e a varias tribos dos ligures polo que obtivo as honras do triunfo.[11][12]

No 155 a. C. volveu de novo ao consulado e venceu aos ligures celebrando un triunfo.[12][13] No 152 a. C. accedeu ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, e foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtiberos.[14] Malia conseguir que estes enviasen embaixadores a Roma e que os lusitanos aceptasen a paz, a súa actitude a prol da paz non foi aceptada en Roma e continuou a guerra.[14]

Terceiro consulado e guerras celtiberas

[editar | editar a fonte]

No 152 a. C., foi nomeado cónsul por terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, e foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, quen daba mostras de incapacidade para facer fronte á rebelión celtibérica, a Segunda guerra celtibérica. Marcelo tomou diversas medidas militares que conseguiron controlar o val do Xalón e xunto con actos de clemencia e de visión política logrou atraer a simpatía dos celtiberos. Obtivo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. [15]

Polo sur os vetóns e lusitanos sometéronse a Marco Atilio, acatando a súa obediencia, mais como este abandonou axiña a zona, volveron á revolta. Daquela, Marcelo tivo que acudir, de novo, conseguindo pacificalos e ocupando a cidade de Nertóbriga.[16]

No inverno do 152 ao 151 a. C. pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia, para pasa-lo inverno. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Licinio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra. Ao coñecer Marcelo a resolución, finxiu un ataque aos celtiberos, que se someteron incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, e que o cónsul aceptou, asinando a paz en Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entregou a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.

Porén, ao regreso a Roma, ao remate do consulado, non obtivo o dereito de triunfo. Segundo A. V. Korolenkov, "para Marcelo, dúas veces triunfante, isto non tivo unha importancia fundamental". No Templo da Honra e da Virtude, Marco Claudio colocou tres estatuas, a súa, a do seu pai e a do seu avó, coa inscrición: Tres Marcelli novies consules (en galego: Os tres Marcelos, que foron nove veces cónsules).

Case ao mesmo tempo, no 151 a.C., Catón o Vello fixo un discurso no Senado no que reclamaba a prohibición de ser elixido por segunda vez para o consulado, pero non se sabe se se aprobou a lei correspondente. No 148 a. C. mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, o seu navío naufragou resultando morto.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na cidade de Córdoba, que el fundou ten adicada unha rúa, a rúa, preto de onde estaba o foro romano antigo e un templo. Amais disto, no 2015, erixiuse unha estatua na súa honra, realizada polo escultor Marcos Augusto Dueñas.​[1]

  1. 1,0 1,1 P., F. J. (21 de maio de 2015). "Claudio Marcelo ya tiene su estatua en Córdoba". abc.es (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 León, José Manuel (27 de outubro de 2020). "Claudio Marcelo, el fundador de Córdoba que murió en un naufragio". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  3. Tito Livio (2008), p. 29 (Libro XLI, 13-4)
  4. Broughton (1951), p. 399
  5. Tito Livio (2008), p. 102 (Libro XLII, 32-7)
  6. Broughton (1951), p. 417
  7. Tito Livio (2008), p. 179 (Libro XLIII, 15-3)
  8. Broughton (1951), p. 424
  9. León, José Manuel (27 de outubro de 2020). "Claudio Marcelo, el fundador de Córdoba que murió en un naufragio". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  10. "Claudio Marcelo: Fundador de Córdoba". eventourcordoba.es. Consultado o 17 de xullo de 2024. 
  11. Broughton (1951), p. 437
  12. 12,0 12,1 "Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). 29 de febreiro de 2016. p. 105. Consultado o 17 de xullo de 2024. 
  13. Broughton (1951), p. 448
  14. 14,0 14,1 Broughton (1951), p. 453
  15. Apiano (1983), p. 146 (Libro VI: Sobre Iberia, 48)
  16. Apiano (1980), p. 148 . Apiano menciona Nergóbriga da que se descoñece a ubicación. Na nota a pé de páxina se indica que está documentada unha Nertóbriga, actual Riela ou quizais Calatorao (Zaragoza). Mais tamén existe outra Nertóbriga Concordia Iulia, a actual Fregenal de la Sierra (Badaxoz).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Quinto Elio Peto e
Marco Xulio Peno

Cónsul da República Romana
xunto con Caio Sulpicio Galo

166 a. C.
Sucesor:
Tito Manlio Torcuato e
Cneo Octavio
Predecesor:
Lucio Cornelio Léntulo Lupo e
Caio Marcio Fígulo (II)

Cónsul da República Romana
xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Córculo (II)

155 a. C.
Sucesor:
Quinto Opimio e
Lucio Postumio Albino
Predecesor:
Quinto Fulvio Nobilior e
Tito Annio Lusco

Cónsul da República Romana
xunto con Lucio Valerio Flaco

152 a. C.
Sucesor:
Lucio Licinio Lúculo e
Aulo Postumio Albino
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy