Saltar ao contido

Masaccio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMasaccio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1401 Editar o valor en Wikidata
San Giovanni Valdarno, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1428 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento italiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsGiovanni di Ser Giovanni Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Masaccio, Mahler aus dem Castell zu Valdarno. 67, 67)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.10, Masaccio da S. Giovanni di Valdarno pittore)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Masaccio, van het Casteel S. Ian te Valdarno, Schilder., M128) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1114798
Calvario, 1426

Masaccio (Tommaso Cassai ou Tommaso di Ser Giovanni di Mone) nado en San Giovanni Valdarmo, Italia o 21 de decembro de 1401[1] e finado en Roma, outono de 1428, foi un pintor italiano do Quattrocento, o primeiro período do Renacemento, iniciador da pintura moderna. Segundo Vasari, Masaccio foi o mellor pintor da súa xeración pola súa habilidade para imita-la natureza, recrear figuras e movementos realistas, así como por un uso convincente da perspectiva tridimensional, pois foi o primeiro en aplicar na pintura as leis da perspectiva matemática ou científica, aprendidas de Brunelleschi.[2]

Masaccio morreu aos vinte e seis anos e sábese moi pouco sobre as circunstancias exactas da súa morte.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A pesar da súa curta carreira tivo unha fonda influencia noutros pintores posteriores; foi dos primeiros en usar a perspectiva científica na pintura que aprendeu de Brunelleschi.[3]

Dende as súas obras iniciais como Expulsión de Adán e Eva ou O Tributo na capela Brancacci da igrexa do Carmine en Florencia, a súa foi unha linguaxe austera e monumental, centrado no home e na súa acción. Mediante unha recreación intelectual despois dunha profunda observación da súa realidade, Masaccio verificou á volta á natureza humana e o espazo no que se desenvolve a súa actividade e non a través dunha simple reprodución das súas aparencias externas. Isto vai orixinar formas sintéticas, fortes volumes, acenos elementais mais decisivos. Nos seus últimos frescos en Santa María Novella e en Brancacci leva a perspectiva brunelleschiana á perfección.

  1. 1,0 1,1 Goddard, Simon (7 de xullo de 2008). "Masaccio, the old master who died young". theguardian.com (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  2. "Masaccio: l'invenzione della prospettiva". italica.rai.it (en italiano). 3 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  3. Vasari (1966), p.190

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Argan, Giulio Carlo (1987). Renacimiento y Barroco. Colección: Arte y Estética (en castelán). I. De Giotto a Leonardo da Vinci. Madrid: Akal. ISBN 9788476002438. 
  • Mack, Rosamond E. (2001). Bazaar to Piazza: Islamic Trade and Italian Art, 1300–1600 (en inglés). Oakland: University of California Press. ISBN 0-520-22131-1. 
  • Spike, John T. (2002). Masaccio (en italiano). Milán: Rizzoli libri illustrati,. ISBN 88-7423-007-9. 
  • Vasari, Giorgio (1966). Las Vidas de los más excelentes pintores, escultores y arquitectos. Col. Nuestros Clásicos. Nº 74. (1ª edición de 1550). México: Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-4388-4. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy