Saltar ao contido

Mosca branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bemisia argentifolii nunha folla.

A mosca branca é un insecto homóptero da familia Aleyrodidae (aleirodídeos). Causan importantes danos nas colleitas e nas plantas cultivadas, polo que se consideran peste ou praga na agricultura. Caracterízase porque os adultos teñen un corpo cuberto cunha fina camada de poeira abrancazada de aspecto fariñento producido por unhas glándulas céreas centrais.

Introdución

[editar | editar a fonte]

Téñense descrito arredor de 1.200 especies de mosca branca, a maioría aliméntanse de diversas especies de plantas, normalmente sendo específicas para as plantas que atacan. Só unhas cantas especies son pragas de cultivos importantes. Entre elas atópanse:

Estas especies atacan unha gran variedade de plantas ornamentais, bravas e cultivadas. Bemisia argentifolii ataca a máis de 500 especies de plantas. O complexo da mosca branca transformouse a partir de 1990 nunha praga de importancia mundial. As moscas brancas son insectos da orde hemíptera, á cal pertencen outros insectos como os pulgóns (ou piollos), os psyllidos ou as carricantas entre outros. Os estados de desenvolvemento da mosca branca son ovo, catro instares ninfais e o adulto.

Quizais as moscas brancas de máis dano en cultivos comúns, coma a tomateira sexan a Bemisia tabaci e mais Trialeurodes vaporariorum.

Os adultos de Bemisia argentifolii miden entre 1 e 1,5 mm de lonxitude, o seu corpo é de cor amarela pálida, posúen dous pares de ás de cor branca, teñen un aparato bucal picador zugador, que lles serve para zugar o zume das plantas. O corpo está dividido en tres rexións cabeza, tórax e abdome, e como todos os integrantes da clase insectos posúen tres pares de patas.

Son depositados no envés das follas, o seu tamaño é miúdo, e a súa forma oval ou piramidal. Posúen un pedicelo que lles serve para que sexan fincados na folla. A femia pode cortar o tecido vexetal co ovipositor ou empurrar os oviños no seu lugar. O contacto directo coas follas permite ao ovo sobrevivir á deshidratación e probabelmente lle fornece nutrientes durante o seu desenvolvemento. A temperatura inflúe na eclosión dos ovos, a temperaturas de 36 °C non hai eclosión Bemisia tabaci non oviposita nos algodoeiro en Arizona a temperaturas de 14,9 °C.

Ao 4º estadio ninfal xeralmente se lle chama “pupa”, porén, estes insectos teñen unha metamorfose simple polo que dito estadio non corresponde á pupa que presentan os insectos con metamorfose completa coma os lepidópteros, dípteros ou coleópteros. Do 4º estadio ninfal emerxe o adulto a través dunha fenda en forma de “T”, ocorrendo a emerxencia xeralmente de mañá cedo (Butler et al 1986).

O primeiro estaio é o único capaz de se mobilizar, mentres que os outros tres son sésiles. Os instares ninfais son de forma aplanada semellante a unha escama e se lles localiza no envés das follas. Os machos e mailas femias a miúdo emerxen coma adultos, achegados uns aos outros na mesma folla. A cópula ten lugar despois dun namoro algo complexo, que dura de 2 a 4 minutos; pode haber unha cópula múltiple. A femia fecundada produce unha proxenie tanto de machos coma de femias, mentres que as non fecundadas só producen femias.

Oviposición

[editar | editar a fonte]

Normalmente ovipositan no envés das follas superiores; os oviños fican agrupados en fatos de formas características.

Lonxevidade

[editar | editar a fonte]

As femias viven de media máis ca os macho, e a lonxevidade ha depender da temperatura. Reportouse que a lonxevidade dos machos pode variar de 6,4 até 34 días e a das femias de 14,5 até 55,3 días en temperaturas que varían de 12,7 °C a 26,5 °C (Avidov, 1956, citado por Butler et al 1986).

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]

O ciclo de vida das moscas brancas está regulado polas condicións climáticas do medio. O período de desenvolvemento non varía considerabelmente en temperaturas entre 15 e 25 °C, comparado cos datos observados a temperaturas constantes de 22 °C. A taxa de desenvolvemento (recíproco do tempo de desenvolvemento) é unha función lineal da temperatura dentro dese rango. Existe variación nos valores dos limiares inferior e superior e a constante termal, dependendo do cultivo no que se desenvolva o insecto. Resultados obtidos no Colexio de Posgraduados en México indican que as poboacións de Bemisia tabaci e de Bemisia argentifolii presentaron un limiar inferior de 11,5 e 11,52 °C, respectivamente, en tanto que Trialeurodes vaporariorum, rexistrou un limiar mínimo de 8,63 °C. A constante termal foi de 280 e 370,8 º/día para Bemisia tabaci e Bemisia argentifolii, respectivamente (Ortiz et al 1995). No caso de Bemisia tabaci baixo condicións de campo, no cultivo do algodoeiro determinouse que o limiar inferior foi de 10 °C e o superior de 32,2 °C, sendo a constante termal de 316 º/día (Zalom et al 1985). No cultivo de melón repórtase un limiar inferior de 13,2 °C e mais unha constante termal de 250 º/día, en tanto que para o algodoeiro o limiar inferior é de 11,1 °C e a constante termal de 312 º/día (Nava, 1997). Como se olla, os resultados no algodoeiro son máis ou menos semellantes en ambos os dous traballos polo que se pode tomar como base o limiar inferior de 10 °C, o superior de 32 °C e mais a constante termal en 316 º/día, para estudos de desenvolvemento deste insecto (Zalom et al 1985).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy