Natalia Goncharova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Наталья Сергеевна Гончарова 21 de xuño de 1881 (Xuliano) Arkhangelskoe (Imperio Ruso) |
Morte | 17 de outubro de 1962 (81 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien d'Ivry (en) |
Residencia | París (1915–1962) Tula (1881–) Moscova |
Educación | Escola de Pintura, Escultura e Arquitetura de Moscovo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintora, debuxante, deseñador de moda, escritora, ilustradora, escenógrafa, diseñador de vestuario, artista |
Período de actividade | 1901 - 1962 |
Membro de | |
Xénero artístico | Raionismo (pt) |
Movemento | Raionismo (pt) e Futurismo |
Representante | Artists Rights Society e Société des auteurs dans les arts graphiques et plastiques (en) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Familia | House of Goncharov (en) |
Cónxuxe | Mikhail Larionov (1955–) |
Pai | Sergej Miĥajloviĉ Gonĉarov |
Descrito pola fonte | Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.369) Women Artists of Russia's New Age 1900–1935, (p.52) Amazons of the avant-garde (en) , (p.155) |
Natalia Sergeevna Goncharova (en ruso: Ната́лья Серге́евна Гончаро́ва), nada en Nagaevo (gobernación de Tula) o 21 de xuño de 1881 e finada París o 17 de outubro de 1962 foi unha artista de vangarda rusa, pintora, deseñadora de vestiario, escritora, ilutstrado e deseñadora de escenarios. Foi parella do artista Mikhail Larionov e membro fundadora de Valet de Diamantes (190-1911), primeiro gurpo de exposición radical independente de Moscova, e do máis radical Rabo de Asno (1912–1913). Con Larionov inventou raionismo (1912-1914). Tamén foi membro do movemento artístico con base en Alemaña Der Blaue Reiter. Mudouse a París en 1921 e viviu alí ata a súa morte.
A súa pintura influíu na vangarda rusa. As súas exposicións tiveron lugar en Moscova e San Petersburgo (1913 e 1914), e na primeira foi promovida como "nova" artista por unha galería independente. Cando chegou o período prerrevolucionario a Rusia, onde a pintura e o debuxo de iconas eran unha profesión segura, a súa achega moderna representación das iconas eran transgresoras e problemáticas. A súa obra adoita ser considerada demasiado específica culturalmente da súa herdanza eslava para ser considerada universalmente como de vangarda.[1][2]
Legado
[editar | editar a fonte]A obra de Goncharova atópase en numerosas institucións públicas:
- Museum of Modern Art[3]
- Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa[4]
- Tate[5]
- Israel Museum[6]
- McNay Art Museum [7]
- Guggenheim, Nova York[8]
Mercado
[editar | editar a fonte]O 18 de xuño de 2007, a pintura de Gonchareva Recollendo mazás (1909) foi vendida nunha poxa en Christie's por 9,8 millóns de dólares, establecendo un récord para unha muller artista nese tempo.[9] Está considerada unha das mulleres artistas máis valiosas nunha poxa.[10]
Tributos
[editar | editar a fonte]O 3 de xullo de 2017, Google celebrou o 136.º aniversario do seu nacemento cun Google Doodle.[11]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Autorretrato (1907)
-
Mulleres con sedeiros (1907)
-
Khorovod (1910)
-
Ciclista (1913)
-
Traxe deseñado para San Xoán (1915)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ashton Sharp, Jane (2006). Russian Modernism between East and West: Natalia Goncharova and the Moscow Avant-garde. Nova York: Cambridge University Press. p. 14-15.
- ↑ Sharp, Jane E. (2000). "Natalia Goncharova". En Bowlt, John E.; Drutt, Matthew. Amazons of the avant-garde: Alexandra Exter, Natalia Goncharova, Liubov Popova, Olga Rozanova, Varvara Stepanova, and Nadezhda Udaltsova. Nova York: Guggenheim Museum. p. 156. ISBN 0-8109-6924-6.
- ↑ The Museum of Modern Art (2010). "MoMA Collection: Natalia Goncharova". Moma.org. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ "Goncharova, Natalia". Collections Online. Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "Natalya Goncharova". Tate Collection. the Tate. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "Natalia Goncharova". The Israel Museum Exhibition Online. The Israel Museum. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ McNay Art Museum (2014). "McNay Collection: Natalia Gontcharova". Mcnayart.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 16 de maio de 2016.
- ↑ "Cats (rayist percep.[tion] in rose, black, and yellow)". Guggenheim (en inglés). 1913. Consultado o 11 de marzo de 2017.
- ↑ "Who Was Natalia Goncharova?". The New York Sun. 26 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 7 de marzo de 2007.
- ↑ "artnet News's Top 10 Most Expensive Women Artists at Auction". artnet. 31 de agosto de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2016.
- ↑ "Natalia Goncharova's 136th Birthday". Google. 3 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalia Goncharova |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Laura Cumming (9 de xuño de 2019). Natalia Goncharova; Lee Krasner review – brilliant, bold and trailblazing. The Observer. Consultado en novembro de 2019.