Saltar ao contido

Normal (xeometría)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un polígono e os seus dous vectores normais
Unha normal a unha superficie nun punto é o mesmo que unha normal ao plano tanxente á superficie no mesmo punto.

En xeometría, unha normal é un obxecto (por exemplo, unha liña, un raio ou un vector) que é perpendicular a outro obxecto dado. Por exemplo, a recta normal a unha curva plana nun punto dado é a recta perpendicular á tanxente á curva no punto.

Un vector normal de lonxitude un chámase vector normal unitario. Un vector de curvatura é un vector normal cuxa lonxitude é a curvatura do obxecto. Multiplicando un vector normal por −1 resulta o vector oposto, que se pode usar para indicar os lados (por exemplo, interior ou exterior).

No espazo tridimensional, unha superficie normal, ou simplemente unha normal, a unha superficie no punto P é un vector perpendicular ao plano tanxente da superficie en P. A palabra normal tamén se usa como adxectivo: unha liña normal a un plano, a compoñente normal dunha forza, o vector normal, etc. O concepto de normalidade xeneralízase á ortogonalidade (ángulos rectos ).

O concepto foi xeneralizado a variedades diferenciábeis de dimensión arbitraria mergulladas nun espazo euclidiano. O espazo vectorial normal ou espazo normal dunha variedade nun punto é o conxunto de vectores ortogonais ao espazo tanxente en Os vectores normais son de especial interese no caso de curvas suaves e superficies suaves.

O dunha normal nun punto de interese Q (análogo ao pé dunha perpendicular) pódese definir no punto P da superficie onde o vector normal contén Q. A distancia normal dun punto Q a unha curva ou a unha superficie é a distancia euclidiana entre Q e o seu pé P.

Normal de curvas no espazo

[editar | editar a fonte]
Dirección normal (en vermello) a unha curva (en negro).

A dirección normal dunha curva espacial é:

onde é o raio de curvatura (curvatura recíproca); é o vector tanxente, en termos da posición da curva e a lonxitude do arco :

Normal a planos e polígonos

[editar | editar a fonte]
Ecuación do plano en forma normal

Para un polígono convexo (como un triángulo), unha normal de superficie pódese calcular como o produto vectorial de dúas arestas (non paralelas) do polígono.

Para un plano dado pola ecuación do plano de forma xeral o vector é a normal do plano.

Para un plano cuxa ecuación está dada en forma paramétrica onde é un punto do plano e son vectores non paralelos que apuntan ao longo do plano, unha normal ao plano é un vector normal a ámbolos dous e que se pode atopar como o produto vectorial

Normal a superficies xerais no espazo 3D

[editar | editar a fonte]
Unha superficie curva que mostra os vectores normais unitarios (frechas azuis) á superficie

Se unha superficie (posiblemente non plana) no espazo 3D está parametrizada por un sistema de coordenadas curvilíneas con e variables reais, entón unha normal a S é, por definición, unha normal a un plano tanxente, dada polo produto vectorial das derivadas parciais.

Se unha superficie dáse implícitamente como o conxunto de puntos que satisfán entón unha normal nun punto na superficie vén dada polo gradiente xa que o gradiente en calquera punto é perpendicular ao conxunto de niveis

Para unha superficie en dada como gráfica dunha función pódese atopar unha normal cara arriba a partir da parametrización obtendo ou máis simplemente desde a súa forma implícita obtendo Dado que unha superficie non ten un plano tanxente nun punto singular, non ten unha normal ben definida nese punto: por exemplo, o vértice dun cono. En xeral, é posible definir unha normal en case todas as partes para unha superficie que é unha función continua de Lipschitz.

Orientación

[editar | editar a fonte]
Un campo vectorial de normais a unha superficie

A normal a unha (hiper)superficie adoita escalarse para ter unha lonxitude unidade, mais non ten unha dirección única, xa que o seu oposto tamén é unha unidade normal. Para unha superficie que é o fronteira topolóxica dun conxunto en tres dimensións, pódese distinguir entre dúas orientacións normais, a normal que apunta cara a dentro e a normal que apunta caara ao exterior. Para unha superficie orientada, a normal adoita estar determinada pola regra da man dereita ou o seu análogo en dimensións superiores.

Variedades definidas por ecuacións implícitas no espazo n-dimensional

[editar | editar a fonte]

Unha variedade diferencial definida por ecuacións implícitas no -espazo dimensional é o conxunto dos ceros comúns dun conxunto finito de funcións diferenciables en variables A matriz jacobiana da variedade é a matriz cuxa -ésima fila é o gradiente de Polo teorema da función implícita, a variedade é unha variedade na proximidade dun punto onde a matriz jacobiana ten rango En tal punto o espazo vectorial normal é o espazo vectorial xerado polos valores en dos vectores de gradiente do

O espazo normal (afín) nun punto da variedade é o subespazo afín que pasa por e xerado polo espazo vectorial normal en

Sexa V a variedade definida no espazo tridimensional polas ecuacións Esta variedade é a unión do eixo e o eixo .

Nun punto onde as filas da matriz jacobiana son e Así, o espazo afín normal é o plano de ecuación Do mesmo xeito, se o plano normal en é o plano da ecuación

No punto as filas da matriz jacobiana son e Así, o espazo vectorial normal e o espazo afín normal teñen dimensión 1 e o espazo afín normal é o eixo .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy