Norman Taurog
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1899 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de abril de 1981 (82 anos) Rancho Mirage, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor, guionista |
Empregador | Universidade de California |
Familia | |
Cónxuxe | Julie Leonard (1925–1943), divorcio |
Premios | |
| |
|
Norman Rae Taurog, nado en Chicago, Illinois o 23 de febreiro de 1899 e finado en Rancho Mirage, California o 7 de abril de 1981, foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Actor infantil, fixo a súa primeira aparición no cine na curtametraxe Tangled Relations aos trece anos. Tras esta, adicouse especialmente ao teatro.
En 1919 comezou a súa carreira como director de cine, triunfando en 1931 con Skippy, coa que gañou o oscar ao mellor director. O protagonista do filme, tamén candidato ao premio era o seu sobriño, Jackie Cooper.
Nos anos seguintes dirixiu películas de moi diferentes xéneros, incluíndo filmes de propaganda durante a segunda guerra mundial. Durante os sesenta tamén foi o responsable de nove películas de Elvis Presley.
Deixou a dirección en 1968, comezando unha etapa como profesor de cinema en California.
Obra
[editar | editar a fonte]Taurog dirixiu aproximadamente 180 filmes durante a súa carreira, sendo algúns dos principais os seguintes:
- 1931 - Skippy
- 1931 - Huckleberry Finn
- 1933 - A Bedtime Story
- 1938 - Mad About Music
- 1938 - The Adventures of Tom Sawyer
- 1938 - Boys Town
- 1950 - The Toast of New Orleans
- 1952 - Jumping Jacks
- 1955 - The Caddy
- 1956 - Un regalo do Nadal
- 1959 - Non abandóne-lo barco
- 1960 - Visita a un pequeno planeta
- 1962 - Girls! Girls! Girls!
- 1968 - Live a Little, Love a Little
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Norman Taurog na IMDb (en inglés).