Pamen Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Pamen Pereira, nada en Ferrol en 1963, é unha artista contemporánea galega. O seu proceso de creación, orixinado xeralmente desde a súa experiencia vital, influída pola súa estancia no Xapón, está vinculado á natureza. O seu traballo móvese entre as técnicas do debuxo, a pintura, a escultura, a instalación, a fotografía ou o vídeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1996, recibe a bolsa de creación artística no estranxeiro do Museo de Arte Contemporánea Unión FENOSA (MACUF), coa que reside no Xapón entre 1996-1997. Alí prepara a obra e presenta Música do baleiro na Recent Gallery de Sapporo, Xapón. No seu regreso a España realiza unha exposición no MACUF da Coruña e prepara a exposición titulada Gabinete de Traballo o encontro coa sombra para o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) de Santiago de Compostela.[1]
En 2001 viaxa a Irán, elabora a exposición Un só sabor na Barg Gallery de Teherán, devandito traballo vese completado no 2001-02 coa instalación Un só sabor exposto na Gallera de Valencia, (Consorcio de Museos da Comunidade Valenciana), máis tarde presentouse na madrileña galería María Martín e no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, así como na Mostra de Arte de Sajazarra na Rioxa (2003).[2]
En 2006 realiza unha viaxe á Antártida para realizar o seu proxecto “ICE BLINK” O lume do xeo, coa axuda da Dirección Nacional do Antártico da Arxentina (DNA) e o IVAM (Instituto Valenciano de Arte Moderna). En 2008 participa na Bienal do Cairo 08-09 coa obra Alén do espello e participa o mesmo ano na Bienal de libros de artista na Biblioteca Alexandrina en Exipto coas obras Os labirintos de Alexandría.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pamen Pereira expone "La mujer de piedra se levanta y baila" en el MUSAC SoyRural.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ "Exposición antológica sobre la gallega Pamen Pereira". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ "Pamen Pereira expone "La mujer de piedra se levanta y baila" en el MUSAC | SoyRural.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.