Saltar ao contido

Pete Seeger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPete Seeger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Seeger Editar o valor en Wikidata
3 de maio de 1919 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitário-Universalismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Avon Old Farms School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, activista pola paz, mandolinista, cantautor, intérprete de banxo, musicólogo, artista urbano, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir (1942–1949) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica tradicional Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoBanjo, guitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSmithsonian Folkways (pt) Traducir
Fast Folk (en) Traducir
Folkways Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
Festival de Folk Mariposa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeToshi Seeger Editar o valor en Wikidata
FillosMika Seeger Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Seeger Editar o valor en Wikidata  e Constance de Clyver Edson Editar o valor en Wikidata
IrmánsPeggy Seeger
Mike Seeger Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpeteseeger.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0781517 Allocine: 136958 Rottentomatoes: celebrity/770877240 Allmovie: p110660 IBDB: 70075
BNE: XX1117180 Bandcamp: peteseegerstormking Spotify: 1P9syEkl41IFowWIJN7ZBY iTunes: 392092 Musicbrainz: af18a9bc-e4ab-4068-9489-b64e8186fcf1 Songkick: 557629 Discogs: 239937 Allmusic: mn0000266160 WikiTree: Seeger-171 Find a Grave: 124254104 Deezer: 70069 Genius: Pete-seeger Editar o valor en Wikidata

Peter Seeger, universalmente coñecido como Pete Seeger, nado en Nova York o 3 de maio de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2014 en Beacon, estado de Nova York, foi un musicólogo e cantante folk norteamericano.[1] Considerado un dos pioneiros da música folk e tamén da música de protesta dos cantautores nos anos cincuenta e sesenta, pertenceu ós Almanac Singers e máis tarde ó cuarteto The Weavers, que conseguiu facer popular a música folk nos circuítos comerciais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo en Harvard e durante anos buscou nos arquivos e bibliotecas dos Estados Unidos cancións tradicionais, rescatándoas e creando novos temas baseados na música tradicional, ademais de seguir o camiño iniciado por xente como Woody Guthrie. Son cancións súas as xa míticas "Where Have All the Flowers Gone?", "If I Had a Hammer" e "Turn, Turn, Turn", que foron gravadas por multitude de artistas, tanto de folk como doutros estilos.

Política

[editar | editar a fonte]

Activista de esquerda durante toda a súa vida[2] e membro do Partido Comunista dos Estados Unidos de América, compareceu diante o Comité de Actividades Antiamericanas e alí defendeuse acompañado polo seu banxo ofrecéndose a cantar para eles dixo "Teño cantado para moitas audiencias. Teño cantado en xunglas de vagabundos e cantei para os Rockefeller. Nunca me neguei a cantar para ninguén. Esa é a única resposta que podo dar. Estou orgulloso de ter cantado para os estadounidenses de todas as tendencias políticas".[3]

Era fillo de Constance de Clyver Edson e de Charles Seeger, un coñecido pacifista e musicólogo estadounidense, e sobriño de Alan Seeger,[4] un poeta de guerra estadounidense de ascendencia alemá que loitou contra o Imperio alemán na Primeira guerra mundial e morreu en combate o 4 de xullo de 1916, durante a ofensiva do Somme, servindo na Lexión Estranxeira francesa.[5] Foi pai de Mika Seeger e parella de Toshi Seeger. Pete Seeger era irmán dos tamén músicos folk Peggy Seeger e Mike Seeger.

  1. Pareles, Jon (2014-01-28). "Pete Seeger, Champion of Folk Music and Social Change, Dies at 94". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-23. 
  2. Redação (2014-01-28). "A morte do cantor folk americano Pete Seeger". GGN (en portugués). Consultado o 2022-08-23. 
  3. "AP WAS THERE: Pete Seeger's HUAC testimony". AP NEWS (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 
  4. "Poems by Alan Seeger". Daily Poetry (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 
  5. Friedman, Dick (2016-10-05). "Alan Seeger". Harvard Magazine (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy