Saltar ao contido

Pobo mohicano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo mohicano
Territorio histórico dos mohicanos
Poboación
Poboación total:
3000 aprox
Rexións principais:
Aspectos culturais
Linguainglés, mohicano (extinta)
RelixiónIrmandade de Moravia
Grupos
relacionados
Lenape, mohegan, pequot

Os mohicanos[1] (muhhekunneuw) son unha tribo algonquina nativa da costa leste dos Estados Unidos. Orixinalmente localizados na conca do río Hudson no estado de Nova York, foron desprazados arredor de 1780 cara Massachusetts; posteriormente os seus descendentes emigrarían a Wisconsin entre os anos 1820 e 1830, onde se asentarían nas reservas dos lenape.[2][3] Os mohicanos adoitaban referirse a si mesmos como Muhhekunneuw ou xente do río. O termo mohicano provén do nome aplicado ó clan mohicano Lobo, que en mohicano se denominaban manhigan, orixe do termo inglés mahican, do cal derivou a denominación mohicano.

Na actualidade, os seus descendentes mesturáronse cos lenape e residen como unha soa tribo na Comunidade Stockbridge-Munsee

Foron inmortalizados polo escritor estadounidense James Fenimore Cooper no seu libro O derradeiro dos mohicanos publicado en 1826. Nel combina elementos culturais mohicanos e mohegan nas súas personaxes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mohicano.
  2. "Mohican". Encyclopædia Britannica (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 03 de xullo de 2019. .
  3. "Mahican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage: EB-Mahican[Ligazón morta].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy