Pomerania
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 38.401 km² | ||||
Bañado por | Mar Báltico | ||||
Pomerania (en polaco Pomorze) é unha rexión histórica de Centroeuropa, que actualmente forma parte dos estados de Alemaña e Polonia. En 2001 tiña 6.631.765 habitantes, nunha área de 67.865 km².
Historia
[editar | editar a fonte]Nun inicio terra de pobos eslavos, foi colonizada pouco a pouco por invasores xermánicos, até rematar formando parte do reino de Prusia a mediados do século XVII. A súa historia vai moi ligada a unha minoría falante de caxubo, que conforma a rexión de Caxubia.
A parte oriental foi asignada a Polonia trala segunda guerra mundial, xunto con outros territorios con poboación mesturada entre polacos e alemáns. Actualmente, a Pomerania Occidental forma parte do estado federal alemán de Mecklemburgo-Antepomerania, e ten unha poboación de 595.888 habitantes segundo datos de 2001, nunha extensión de 8.701 km². A Pomerania polaca ten 59.164 km² e unha poboación de 6.025.877 habitantes.
A súa principal cidade e Gdansk ou Danzig, protagonista dunha resolución do Tratado de Versalles que a converteu en cidade libre antes de volver ser ocupada pola Alemaña nazi en 1939.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |