Saltar ao contido

Procesador de dinámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un procesador de dinámica é un dispositivo capaz de controlar o volume ou a dinámica dun sinal de xeito automático. Isto emprégase a miúdo para, por exemplo, evitar que o exceso de volume sature o amplificador de potencia, manter a voz dun cantante que tanto berra coma susurra ou evitar o molesto ruído que se dá na ausencia de sinal.

Ao falar de procesadores de dinámica, principalmente atopamos compresores/limitadores e portas de ruído/expansores

Todos estes dispositivos constan dos seguintes controles comúns:

  • Limiar: Correspondese cun nivel que podemos prefixar, a partir do cal o procesador de dinámica comezará a actuar xa ben sexa comprimindo ou porteando o sinal.
  • Tempo de ataque: Correspondese co tempo (en milisegundos) que tarda o dispositivo en comezar a actuar unha vez que o sinal chegue ó nivel do límite.
  • Tempo de relaxación: É o tempo en milisegundos que tarda o dispositivo en deixar de procesar o sinal.
  • Proporción: Correspóndese coa relación de compresión ou porteo dependendo do dispositivo. É a cantidade de atenuación ou ganancia que se lle aplica o sinal.
  • Bypass ou desactivación: Emprégase para comparar o sinal procesada co sinal orixinal. O único que fai é desactivar o dispositivo.

Compresor

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Compresor (son).

Unha importante función do compresor é a de variar o nivel dun determinado sinal cun exceso de volume. Aínda que as súas aplicacións son múltiples. Unha das principais funcións é a de controlar a enerxía dun sinal, controlando as variacións de enerxía poderemos ter o sinal a un nivel máis ou menos constante evitando os picos e vales. Outra das funcións do compresor é a de recortar os picos de sinal reducindo así a súa marxe dinámica.

Limitador

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Limitador (son).

A limitación non é máis que unha compresión exaerada. Considérase limitación a partir dunha proporción de 20:1 en diante, xa que o que fai o limitador non é recortar os picos de sinal, senón que os elimina directamente sen ningún tipo de marxe.

Artigo principal: Expansor (son).

Este dispositivo atenúa o sinal en función do mesmo, é dicir, atenúa o sinal en canto menor nivel ten o mesmo.

Porta de ruído

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Porta de ruído (son).

A función deste dispositivo é a de atenuar todo aquel sinal que non chegue ó nivel do límite prefixado.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy