Saltar ao contido

Quebec Nordiques

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quebec Nordiques
Fundación1972
Desaparición1995 (trasladouse a Denver)
Cidade Quebec
Quebec
Canadá
EstadioColisée de Québec
(15.399 espectadores[a])
LigaWorld Hockey Association (1972-1979)
National Hockey League (1979-1995)
Campionatos1 (WHA)
Propietario(s)1972-1976: Marius Fortier, John Dacres, .Marcel Bédard, Jean-Claude Meunier, Léo-Paul Beausoleil
1976-1988: Carling-O'keefe
1988-1995: Daishowa, La capitale, Brasserie O'Keefe, Fonds de Solidarité de la FTQ, Métro-Richelieu, Autil inc.
CoresAzul, vermello, branco
                 

Os Quebec Nordiques,[1] ou Nordiques de Québec, foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo canadense con base na cidade de Quebec, na provincia homónima. Os Nordiques xogaron na World Hockey Association (WHA) entre 1972 e 1979, e na National Hockey League (NHL) entre 1979 e 1995. A franquía foi trasladada a Denver (Colorado, Estados Unidos) e mudou o seu nome polo de Colorado Avalanche na tempada 1995-96.[2]

Nas súas 23 tempadas de historia, o maior logro dos Nordiques chegou na tempada 1976-77, cando o equipo quebequés alzou o Avco World Trophy como campión da WHA. Das 16 tempadas que o equipo competiu na NHL, en nove delas disputou os play-offs, chegando dúas veces ás finais de conferencia, nas que caeu fronte aos New York Islanders na tempada 1981-82 e os Philadelphia Flyers na tempada 1984-85.

Durante os anos que xogaron na NHL os Nordiques mantiveron unha intensa rivalidade co outro representante de Quebec na liga, os Montreal Canadiens. Ambos equipos enfrontáronse un total de 113 veces cun rexistro favorable para os de Montreal. Nos play-offs enfrontáronse cinco tempadas, gañando os Nordiques en dúas delas. O punto culminante da rivalidade chegou o 20 de abril de 1984 durante os play-offs, cando unha liorta entre os xogadores de ambos equipos acabou con 12 expulsados e 200 minutos de penalización na que se coñeceu como "Batalla de Venres Santo.

Os Nordiques teñen a distinción de ser o único equipo con sede na cidade de Quebec que competiu nas grandes ligas profesionais americanas na era moderna, e un dos dous que o fixo en toda a historia, sendo o outro os Quebec Bulldogs, que xogou na NHL na tempada 1919–20.

A compra da concesión

[editar | editar a fonte]
Estatua de Jean Lesage presidente do consello de administración dos Quebec Nordiques en xuño de 1972.

Os inicios dos Nordiques remóntanse a 1971, cando se creou unha nova liga de hóckey sobre xeo, a World Hockey Association ou WHA (en galego Asociación Mundial de Hóckey), para competir coa National Hockey League.[3] Esta nova asociación chamou a atención dun grupo de accionistas dos Quebec Remparts da Ligue de hockey junior majeur du Québec formado por Marcel Bédard, Léo-Paul Beausoleil, Jean-Marc Bruneau, John Dacres, Marius Fortier e Jean-Claude Mathieu, que ao non concordar en certos aspectos cos outros accionistas dos Remparts decidiron vender as súas accións por 60.000 dólares e reinvestilos na compra dunha franquía da WHA.[4]

O custo establecido para unha concesión na nova competición era de 25.000 dólares, mais os investidores de Quebec presentáronos demasiado tarde e a WHA rexeitou a súa candidatura. En febreiro de 1972, Gary Davidson propuxo aos quebequeses a readquisición da franquía dos San Francisco Sharks por 250.000 dólares, este último parecía ter dificultades para comezar. Finalmente acordaron a suma de 215.000 dólares, dos cales 50.000 deberían ser pagados en efectivo, nacendo así a franquía de Quebec.[4][5][6]

Todo o mundo pensaba que o club se puxera en marcha, mais moitos escépticos suxeriron que o orzamento que o grupo previra para as operacións de hóckey non era realista e que o club finalmente non vería a luz. Para contrarrestar este escepticismo, conseguiron unha reunión con George «Punch» Imlach, na súa época de director xeral dos Buffalo Sabres da NHL xunto con Joe Crozier. A reunión celebrouse en Toronto en abril de 1972 e os participantes na mesma compararon o orzamento proxectado co dos Sabres. Isto demostrou que os presupostos eran sensiblemente os mesmos, e Imlach alentounos a embarcarse na aventura con ese orzamento.[7]

Con todo, poucos investidores manifestaron interese polo equipo. Ademais tiñan que atopar unha suma de 100.000 dólares para pagar á WHA para garantir a entrada en competición do equipo na tempada inaugural, e de non conseguilos perdería o anticipo de 50.000 dólares que pagara para mercar a franquía e sería excluído da competición por comezar uns meses máis tarde. Ao non ter os cartos solicitados, John Dacres e Marius Fortier partiron cara Chicago onde debía ter lugar unha reunión coa dirección da WHA. Alí Martin Lazarus ofreceu axuda á franquía a condición do seu traslado a Montreal.[7] Tendo fracasado en atopar a suma antes do ultimato, os dous homes aínda ían a tempo para a reunión e para a súa sorpresa, Bill Hunter propietario da franquía de Edmonton avalou e depositou os cartos do club de Quebec.[4]

Un tempo despois, coa axuda de Jean Lesage, os Nordiques foron capaces de atopar en Charles Marquis a un investidor que garantira o debut do equipo nunha pista de xeo.[8] Marius Fortier converteuse pola súa parte no director xerente da franquía,[9] e Lesage foi nomeado presidente do consello de administración.[10]

Na World Hockey Association

[editar | editar a fonte]
Maurice Richard, primeiro adestrador da franquía.

Despois dos problemas para poñer en marcha a franquía, os Nordiques entraron en competición na tempada inaugural da WHA. O 27 de xullo de 1972 a franquía contrataba ao ex xogador dos Montreal Canadiens na NHL Maurice Richard, quen se convertería así no primeiro adestrador do equipo, sumándose a outro ex dos Habs, o defensa Jean-Claude Tremblay.[9] Meses despois chegaría a estrea en competición do equipo quebequés, o día 11 de outubro, cunha derrota por 3-2 ante os Cleveland Crusaders.[11][12] A raíz desta primeira derrota, Richard declarou a Fortier que non continuaría e que non soportaba a presión que xeraba o posto de adestrador dun equipo.[13] Finalmente accedeu a permanecer no posto para o primeiro partido na casa fronte aos Alberta Oilers cunha vitoria por 6 goles a 0.[12] Con todo, Richard non aproveitou o partido e a dirección de Quebec anunciou de xeito oficial que Richard se retiraba unha semana por motivos de saúde; Filion tomou entón o posto de adestrador.[14] Ao finalizar a liga regular, o equipo non foi quen de clasificarse para os play-offs, o que motivou a destitución de Filion e a chegada ao banco de Jacques Plante.[15] Este mesmo resultado repetiuse na tempada seguinte a pesar da chegada ao equipo de xogadores como Serge Bernier, Réjean Houle e Dale Hoganson, e da mellora do equipo, que pasou dun rexistro de 33 vitorias 40 derrotas e 5 empates, a 38 vitorias, 36 derrotas e 4 empates. Plante foi fortemente criticado polos seareiros de Quebec e decidiu el mesmo deixar a franquía o 1 de maio para regresar ao xogo na tempada seguinte á fronte dos Edmonton Oilers.[11][16]

Na tempada 1974-75, o antigo capitán do equipo Jean-Guy Gendron converteuse no sucesor no banco de Plante o mesmo ano que John Dacres se convertía no segundo presidente dos Nordiques.[17] Ademais o equipo reforzouse coa chegada de Real Cloutier e Marc Tardif.[11] Esa mesma tempada a WHA reestruturouse coa creación da Canadian Division, onde se encadraron os Nordiques, que loitaron toda a tempada cos Toronto Toros por finalizar na primeira posición. Entre o 1 e o 19 de xaneiro, o equipo conseguiu nove vitorias consecutivas, colocándose na primeira posición da clasificación da súa división.[18][19] En marzo, o equipo finalizou a liga regular con 92 puntos, o segundo rexistro máis alto da liga por detrás dos Houston Aeros, conseguindo deste xeito a súa primeira clasificación para os play-offs.[20] Os Nordiques enfrontáronse na primeira rolda aos Phoenix Roadrunners, tendo que chegar ao quinto partido da serie para derrotar ao equipo de Arizona. Na segunda rolda, os Nordiques enfrontáronse aos Minnesota Fighting Saints, necesitando desta vez o equipo de Gendron de seis partidos para pasar á seguinte rolda.[20] Na final, os de Quebec enfrontáronse aos campións da liga regular ese ano e do Avco World Trophy na tempada 1973-74, os Houston Aeros, que derrotaron aos Nordiques en catro partidos cun total de 20 goles para o equipo de Houston fronte a sete dos Nordiques.[21]

Os bos rexistros dos Nordiques repetíronse na tempada 1975-76, na que finalizaron segundos da súa división con 50 vitorias, 27 derrotas e 4 empates para un total de 104 puntos, clasificándose por segunda vez na súa historia para os play-offs. Porén, o equipo quebequés non foi quen de superar na primeira rolda aos Calgary Cowboys, terceiros da Canadian Division con 86 puntos, perdendo en cinco partidos (4-1), nunha serie na que Tardif case non puido xogar a causa dun choque co xogador dos Cowboys Rick Jodzio.[b] As cousas cambiaron de novo na tempada 1976-77 coa chegada de Marc Boileau ao banco procedente dos Pittsburgh Penguins da NHL.[11][22] Logo dun bo inicio e unha posterior baixada de rendemento, conseguiron recuperar o bo xogo ao final da liga regular, na que finalizaron na primeira posición na división leste cun rexistro de 47 vitorias, 31 derrotas e 3 empates, sumando un total de 97 puntos e Cloutier o premio ao máximo goleador con 66 goles.[23][24] Os Nordiques metíanse un ano máis nos play-offs e debían superar na primeira rolda ao último clasificado da súa división, os New England Whalers, aos que derrotaron en cinco partidos (4-1). Para chegar á final da liga os Nordiques debían superar ao Indianapolis Racers, o que fixeron do mesmo xeito que a anterior eliminatoria: tres partidos consecutivos gañados, unha vitoria dos de Indianapolis, e unha vitoria dos de Quebec.[25] Os Nordiques chegaban así á súa segunda final do Avco World Trophy, onde tiñan que enfrontarse aos Winnipeg Jets, terceiros da liga regular e que viñan de derrotar aos Aeros na final da división Oeste e vixentes campións do Avco World Trophy. Logo de perder o primeiro partido, os Nordiques gañaron o segundo e perderon o terceiro, tras gañar o cuarto e o quinto os de Quebec púñanse en vantaxe na eliminatoria, mais os Jets empataron a serie a tres partidos, polo que todo se decidiría no sétimo e definitivo encontro. O derradeiro partido da serie xogouse o 26 de abril no Colisée de Québec, e a pesar do empate sen goles ao final do primeiro período, o marcador final decantouse do lado local por 8 goles a 2.[25] Deste xeito, os Nordiques conquistaban o seu primeiro Avco World Trophy e único, mentres que Serge Bernier conseguiu 14 goles e 22 asistencias para alzarse co título de MVP dos play-offs da WHA[c][26]

As dúas últimas tempadas dos Nordiques na WHA foron discretas, a pesar de terse clasificado para os play-offs en ambas. Na tempada 1977-78, tras quedar cuartos dunha liga xa sen divisións, superaron a primeira rolda fronte aos Houston Aeros (4-2), mais caeron na segunda fronte aos New England Whalers, mentres que na última tempada da WHA antes da súa fusión coa NHL non foron capaces de superar na primeira rolda aos Winnipeg Jets, que acabarían converténdose nos últimos campións da WHA.[27][28] Esa tempada retirouse Jean-Claude Tremblay, e ese mesmo verán o equipo retirou o seu número nunha gran cerimonia na que o pendurou do teito do Colisée de Québec.[11]

Durante a última tempada da WHA, ante a debilidade da liga o propietario dos Nordiques Marcel Aubut comezou negociar coa NHL para que admitira á franquía de Quebec e absorbera ao resto dos equipos da WHA como parte dunha fusión, mais a NHL rexeitou a fusión total e só admitiu aos catro melhores equipos da WHA: New England Whalers, Winnipeg Jets, Edmonton Oilers e Quebec Nordiques, a pesar da oposición inicial dos Montreal Canadiens, que eran reticentes á presenza doutra franquía no que era o seu territorio.[11]

Na National Hockey League

[editar | editar a fonte]
Jacques Demers adestrador dos Nordiques na primeira tempada da franquía na NHL.

Logo da fusión da WHA e a NHL en 1979, os Nordiques foron un dos catro equipos (os outros foron Edmonton Oilers, Winnipeg Jets, e Hartford Whalers) que sobreviviron á fusión e que pasaron a competir na NHL. Deste xeito a cidade de Quebec regresaba ao prestixioso campionato 59 anos despois de que o único equipo da Cidade de Quebec, o Quebec Athletic Club deixara a liga despois dunha única tempada e se trasladara a Hamilton baixo o nome de Hamilton Tigers. Os Nordiques, como o resto de equipos da WHA que se uniron á NHL, tan só puideron reter a tres xogadores, mentres que o resto foron seleccionados nun draft.[29][30][31]

O primeiro partido dos Nordiques na NHL tivo lugar o 10 de outubro de 1979, cando os Atlanta Flames derrotaron aos Nordiques por 5 goles a tres nun Colisée de Québec no que estiveron presentes o presidente da NHL John Ziegler e o Premier ministre du Québec René Lévesque.[32] Ao final da liga, os Nordiques conseguiron un pobre rexistro de 25 vitorias, 44 derrotas e 11 empates que os relegou á 19º posición (de 21 equipos) con 61 puntos e sen posibilidade de xogar os play-offs, resultados que motivaron a saída do adestrador Jacques Demers.[30][33]

O equipo experimentou unha mellora na tempada 1980-81 logo da chegada de Michel Bergeron en substitución de Maurice Filion que o levou a xogar por primeira vez as series finais tras clasificarse na 4ª posición da Adams Division cun rexistro de 30-32-18. Porén os Nordiques caeron en cinco partidos (3-2) fronte aos Philadelphia Flyers na primeira rolda. A chegada esa tempada de Peter Šťastný causou un grande impacto no equipo, e no mesmo ano fíxose co Calder Memorial Trophy logo de sumar 109 puntos. Con todo, foi na tempada seguinte cando os Nordiques conseguiron a súa mellor clasificación nos play-offs, nos que eliminaron os seus veciños de Montreal, os Canadiens (clasificados na primeira posición da Adams Division, fronte á cuarta dos de Quebec) en cinco partidos cun gol no tempo engadido Dale Hunter no no histórico Forum de Montréal; na segunda rolda os Nordiques eliminaron no sétimo e definitivo partido aos Boston Bruins, meténdose por primeira vez na súa historia nunha final de conferencia da NHL, na que perderían por un contundente 4-0 fronte aos New York Islanders, que finalmente se alzarían coa súa terceira Stanley Cup.[31][34] Nas dúas tempadas seguintes os Nordiques conseguiron clasificarse para os play-offs, mais non foron capaces de superar a primeira rolda na tempada 1982-83 fronte aos Boston Bruins, e na 1983-84 malia a mellorar o seu rexistro na liga regular cun total de 42 vitorias, 28 derrotas e 10 empates, e ter superado con solvencia aos Buffalo Sabres en tres partidos caeron na final da Adams Division fronte aos Canadiens en seis partidos.[31][35] Na tempada 1984-85 o equipo finalizou a liga regular no segundo posto da Adams Division por detrás dos Canadiens, e chegaron de novo á final de conferencia nos play-offs tras eliminar os Buffalo Sabres (3-2) e aos Canadiens (4-3) cun gol de Šťastný no derradeiro partido, con todo, na final de conferencia acabaron sucumbindo fronte aos Flyers por 4-2, na que se convertería na mellor participación do equipo quebequés nos play-offs na súa historia.[31][36] As dúas tempadas seguintes o equipo clasificouse para as series finais, mais non puido superar a primeira e a segunda rolda respectivamente, con todo, os Nordiques conseguiron facerse co seu primeiro título de división na tempada 1985-86 liderados por Šťastný e Michel Goulet, que conseguiron 100 puntos, aínda que de pouco lle valeu, xa que finalmente perdeu na primeira rolda fronte aos Hartford Whalers en tres partidos, dos que se vingaron na seguinte tempada, derrotándoos na primeira rolda, se ben caeron na final da Adams Division fronte a Montreal.[31][35][37]

A boa racha dos Nordiques cortouse coa marcha de Bergeron na tempada 1987-88 aos New York Rangers.[38] André Savard foi o encargado de substituílo no banco, mais os malos resultados provocaron o seu cesamento tras 24 partidos, sendo substituído por Ron Lapointe. O equipo non se clasificou para os play offs nin na tempada 1987-88 nin nas catro seguintes, o que provocou cambios constantes no banco, con seis adestradores en cinco tempadas e dous cambios de adestrador no transcurso dunha tempada.[35] Na tempada 1989-90 chegou ao equipo a lenda do hóckey quebequés Guy Lafleur, que xa era membro do Hockey Hall of Fame pola súa carreira nos Canadiens, aínda que a tempada acabou sendo un ano de transición no que a franquía marcou o seu peor rexistro con 12 vitorias, 61 derrotas e 7 empates, e no que se produciu a marcha de Šťastný e Goulet durante a tempada.[31]

Os malos resultados posibilitaron boas escollas no draft que permitiron aos Nordiques facerse cos servizos de novas estrelas, como foi o caso de Eric Lindros, quen a pesar de ser escollido no número un do draft de 1991, logo dunha gran tempada cos Oshawa Generals nas que anotou 71 goles e conseguiu 78 asistencias,[39] non chegou a xogar co equipo quebequés e foi finalmente traspasado aos Flyers no medio dunha polémica na que tamén se viron involucrados os Rangers.[40] Na tempada 1991-92 a franquía do Quebec fíxose cos servizos de Eric Lindros logo de seleccionalo na primeira rolda do draft, con todo, o xogador de Ontario negouse a xogar na cidade francófona e finalmente foi traspasado aos Flyers a cambio de Peter Forsberg, Steve Duchesne, Kerry Huffman, Mike Ricci, Chris Simon, Ron Hextall, Jocelyn Thibault, así como unha primeira elección no draft de 1994 e cartos, nun traspaso rodeado de polémica logo dun dobre acordo dos Nordiques con Rangers e Flyers que un árbitro tivo que acabar por decidir en favor do equipo de Filadelfia.[31] A chegada de Pierre Pagé no transcurso desa tempada fixo ao equipo dar un xiro e clasificouse para os play-offs na tempada 1992-93, na que a franquía conseguiu o seu mellor rexistro con 47 vitorias, 27 derrotas e 10 empates para un total de 104 puntos, mais a pesar de gañar os dous primeiros partidos na casa caeu nos catro seguintes contra os Habs na primeira rolda, incluídos dous na prolongación, e finalmente os de Montreal se acabaron facendo coa Stanley Cup.[d][31][41] Porén, esta clasificación para as series finais só foi un espellismo, e na tempada seguinte o equipo, lastrado polas lesións, conseguiu unha discreta quinta posición da súa división cun rexistro de 30 vitorias, 42 derrotas, e 8 empates para un total de 76 puntos que os deixaba unha vez máis fora da loita polo título.[31][42]

Última tempada e traslado a Denver

[editar | editar a fonte]
Peter Forsberg coa camisola da selección sueca. Forsberg chegou aos Nordiques na última tempada da franquía.

Logo da saída de Pagé ao final da tempada 1993-94, Pierre Lacroix asumiu o posto de director xerente. Aínda que se pensaba que o seu amigo Michel Bergeron volvería ao banco do equipo quebequés, finalmente foi Marc Crawford o elixido para dirixir ao equipo. Co novo adestrador chegaron grandes nomes como Peter Forsberg, procedente do MODO Hockey sueco e considerado un deus en Suecia.[43][44] Os quebequeses decidiron tamén desfacerse da súa estrela sueca Mats Sundin, a quen traspasaron aos Maple Leafs a cambio de Wendell Clark e Sylvain Lefebrve para darlle maior veteranía a un equipo con xogadores moi novos.[31] Porén, as tensións laborais ameazaban o peche patronal. Inicialmente a liga aprazouse 15 días, mais finalmente foi aprazada de xeito indefinido. Durante o peche patronal algúns xogadores dos Nordiques seguiron adestrando co equipo júnior de Beauport, mentres que outros foron competir nas distintas ligas europeas. Finalmente a liga comezou o 21 de xaneiro cun bo inicio dos Nordiques (12 vitorias en 13 encontros), e logo dunha dura pugna cos Pittsburgh Penguins polo liderado da súa División e da Conferencia os quebequeses finalizaron no primeiro posto da Northeast Division con 65 puntos (catro puntos máis que os Penguins) e un rexistro de 30 vitorias, 13 derrotas e 5 empates.[43][45] Con todo, cando comezaron as series polo título o futuro da franquía era incerto, xa que o seu propietario Marcel Aubut sinalara que para que o equipo se mantivera en Quebec na seguinte tempada precisaría axuda do goberno provincial.[31]

Ante este futuro incerto os Nordiqueus comezaron a súa andaina nos play-offs. Na primeira rolda dos play-offs os Nordiques debían enfrontarse aos vixentes campións da Stanley Cup, os New York Rangers. Os neoiorquinos gañaron os tres primeiros partidos, gañando os dous primeiros partidos no Quebec e deixando a serie cun 3-0 difícil de superar para os Nordiques. Con todo, os quebequeses reaccionaron e gañaron o cuarto partido na prolongación e o quinto, xa de volta no Colisée Pepsi o 16 de maio, no que sería a derradeira vitoria do equipo, xa que no sexto partido os Rangers se impuxeron no Madison Square Garden de Nova York por 4 goles a 2.[43][46]

Finalmente o goberno provincial non apoiou o rescate e Aubut tivo que vender o equipo a un grupo de investidores de Denver.[31] Oficialmente, o equipo foi vendido o 25 de maio de 1995. Con todo, foi durante os partidos das series eliminatorias fronte aos New York Rangers cando os rumores intensificáronse.[43]

Os Nordiques foron vendidos por 75 millóns de dólares estadounidenses ao grupo Comsat Communication de Washington, instalándose en Denver, no estado de Colorado, onde os Nordiques foron renomeados Avalanche. O fracaso dun proxecto de futuro anfiteatro, o tamaño do mercado de Quebec, a ausencia de límite salarial na NHL, e a falta de financiamento por parte do goberno foron os principais motivos da perda dos Nordiques.[47][48] Na primavera de 1996, o Colorado Avalanche logrou a Stanley Cup na súa primeira tempada en Denver.[31]

Logo do traslado da franquía, os Nordiques comezaron unha serie de movementos con outros antigos equipos de WHA, xa que tres das catro franquías procedentes da WHA mudaron a súa sede en tres anos, coa excepción dos Edmonton Oilers. O traslado do equipo de Quebec puxo en evidencia un problema da NHL, xa que os equipos cunha ampla masa social tiñan que mudar de cidade para poder competir co gran mercado e os contratos á alza. O ano seguinte do traslado dos Nordiques viu o traslado dos Winnipeg Jets en Phoenix, polo que a liga pasou a ter máis equipos no chamado Cinto do Sol que no Canadá.[31]

Construción dun novo pavillón e intentos por regresar á NHL

[editar | editar a fonte]
O novo Amphithéâtre de Québec en obras durante o inverno de 2014. Neste pavillón estaría previsto que xogase o equipo quebequés no seu hipotético retorno á NHL.

Dende 2009, a cidade de Quebec planeou a construción dun novo pavillón con capacidade para máis de 18 000 espectadores que foi inaugurado en 2015 para o posible retorno dun equipo da NHL e para unha posible candidatura para acoller os Xogos Olímpicos de Inverno de 2022.[49][50] En agosto de 2010, o alcalde de Quebec, Régis Labeaume, mencionou que os seus obxectivos principais para os seis meses seguintes eran comezar a construción do novo pavillón, facerse cun equipo da NHL con problemas para que se trasladara a Quebec e iniciar a candidatura da cidade para os Xogos Olímpicos de 2022.[51]

O 2 de outubro de 2010, entre 50.000 e 60.000 seareiros reuníronse nos Plaines d'Abraham para asistir á «Marche en bleu», unha manifestación popular co obxectivo de conseguir que o Goberno do Canadá financiase unha parte dos custos da construción dun novo estadio para acoller a un equipo profesional de hóckey. O encontro, organizado polo chamamento dun axente de seguros de Lévis, Mario Roy, reuniu a unha ampla gama de personalidades da política, entre eles o alcalde de Quebec e vinte antigos xogadores dos Nordiques, entre eles Michel Bergeron, Michel Goulet, Alain Côté e os irmáns Peter, Anton e Marián Šťastný.[52]

O 3 de setembro de 2012, máis de 20.000 persoas reuníronse no antigo Hippodrome de Québec para un evento histórico no que o alcalde Labeaume, o xefe do imperio Québecor Pierre-Karl Péladeau, o líder do Partido Liberal de Quebec Jean Charest, a líder do Parti québécois Pauline Marois e algúns antigos xogadores dos Quebec Nordiques estiveron presentes na primeira palada de terra da construción do pavillón multifuncional, unha palada de terra colectiva que iniciou os traballos de construción do novo Colisée, que se calculou durarían tres anos.[53]

O 29 de setembro de 2015 en Nova York, Québecor e o grupo de propietarios de Las Vegas presentaron as súas ofertas ao comité executivo da NHL.[54][55] Con todo, o comisario da NHL Gary Bettman declarou nunha rolda de prensa que a pesar de que a liga continuaba a explorar a posibilidade dunha expansión, non se estabelecera unha data límite para a decisión. O comisario Bettman tamén declarou que a expansión requiría do voto afirmativo de tres cuartas partes da Xunta de Gobernadores, mais os membros do comité executivo terían que facer unha recomendación ao grupo.[56]

A oferta da cidade de Quebec en 2015 por un equipo de expansión, se ben non foi descartada por completo, debilitouse significativamente lodo de que o dólar canadense se devaluara fronte á súa contraparte estadounidense.[57] En xuño de 2016 díxose que a oferta da cidade de Quebec seguía a ser considerada seriamente, mais non decidida aínda.[58] Finalmente a liga decidiu "diferir" a oferta de Quebec para un momento posterior. O Centre Vidéotron acolleu algúns partidos de exhibición preivios á 2016 World Cup of Hockey, un torneo internacional operado pola NHL, así como un par de partidos de pretemporada da NHL en anos sucesivos.

Co anuncio da creación dun equipo de expansión en Seattle en decembro de 2018, o comisario Gary Bettman declarou que non se consideraban máis equipos de expansión nun futuro previsible, rexeitando efectivamente a oferta da cidade de Quebec.[59]

Rivalidades

[editar | editar a fonte]

Os Quebec Nordiques mantiveron unha forte rivalidade co outro equipo quebequés presente na National Hockey League, os Montreal Canadiens. Os enfrontamentos entre ambos equipos foron coñecidos como a "Batalla de Quebec". A rivalidade entre ambos equipos non se trasladou inmediatamente ao xeo e a maior rivalidade comezou nos play-offs da tempada 1981-82, cando os Nordiques eliminaron os Habs no quinto partido da serie cun gol gañador de Dale Hunter, e durou ata a tempada 1994-95, cando o equipo foi trasladado a Denver.[60]

Durante o tempo que os Nordiques competiron na NHL enfrontáronse 113 veces aos seus veciños de Montreal, cun rexistro claramente favorable aos Canadiens, con 26 vitorias, 39 derrotas e 12 empates, e con 449 goles para os Canadiens por 367 dos Nordiques.[60] Os dous equipos enfrontáronse cinco veces nos play-offs, cun balance de tres vitorias a dúas favorable ao equipo de Montreal, que venceu en 17 partidos por 14 dos Nordiques, anotando 105 goles fronte a 85 dos de Quebec.[60][61] A rivalidade cos Habs dexenerou o 20 de abril de 1984 nunha liorta multitudinaria entre os xogadores de ambos equipos que finalizou con 200 minutos de penalización e 12 xogadores expulsados nun partido que se acabarían adxudicando os de Montreal por 5 goles a 3 e que foi chamado "Batalla de Venres Santo".[60]

Enfrontamentos entre os Nordiques e os Canadiens nas series eliminatorias
Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance Referencia
1981-82 Semifinais de división 1-5
3-2
1-2
6-2
3-2
virtoria 3-2 1-0 [62]
1983-84 Final de división 2-4
4-1
1-2
4-3
4-0
3-5
derrota 2-4 1-1 [63]
1984-85 Final de división 2-1
4-6
6-7
3-1
5-1
5-2
3-2
vitoria 4-3 2-1 [64]
1986-87 Final de división 7-5
2-1
7-2
3-2
2-3
2-3
3-5
derrota 3-4 2-2 [65]
1992-93 Semifinal de división 2-3
1-4
1-2
2-3
5-4
2-6
vitoria 2-4 2-3 [66]

Identidade do equipo

[editar | editar a fonte]

Logotipos

[editar | editar a fonte]
A bandeira de Quebec con catro flores de lis, un dos distintivos da franquía quebequesa.

Nas 23 tempadas que os Quebec Nordiques disputaron na WHA e na NHL o logotipo da franquía foi sempre o mesmo con pequenas variacións. O primeiro logotipo do equipo representaba un "N" vermello bordeado cunha liña branca e outra azul ao carón dun stick vermello cun puck azul sobre a pá, formando o "N" e o stick un iglú, na parte superior unhas letras azuis din "Nordiques" e na parte inferior "Québec", rodeado todo por un círculo vermello.[67] O mesmo logotipo mantívose durante as primeiras tempadas da franquía na NHL,[68] eliminando o círculo e o texto do logotipo a partir da tempada 1985-86.[69] Os equipamentos do equipo cando xogaba como local tiñan o fondo branco con detalles en azul, mentres que o segundo equipamento era azul con detalles en branco. Os equipamentos apenas sufriron modificacións dende que a franquía entrou na NHL, as únicas modificacións que se fixeron nas mesmas foron nos logotipos e nos dorsais das camisolas.[70]

Outro distintivo da franquía era a flor de lis, un elemento presente tamén na bandeira do Quebec. Dependendo do equipamento do equipo a flor de lis aparecía en distintas cores: vermella, branca ou azul. Primeiramente o logotipo alternativo era vermello ou branco co bordo en vermello na tempada 1974-75, mais a partir de 1975 sempre apareceu en azul ou en branco dependendo de se a camisola era azul ou branca. O logotipo da flor de lis aparecía na parte inferior e nos ombreiros da camisola.[70]

A pesar de que os Quebec Nordiques desapareceron en 1995, estaba previsto que a imaxe do equipo cambiase por completo se a franquía tivera permanecido na cidade de Quebec. O escudo e a nova imaxe ía ser a dun husky siberiano de cor gris con detalles en azul mariño sobre un triángulo invertido verde azulado e negro. A variación tamén se tería realizado nos equipamentos, que pasarían a adoptar as cores azul mariño e branco con detalles en verde azulado.[71]

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

As seguintes emisoras de radio retransmitiron os partidos dos Nordiques ao longo da súa historia:[72]

  • CJRP-1060: tempada 1972-73
  • CKCV-1280: tempadas 1973-74 á 1974-75[e]
  • CHRC-800: tempadas 1975-76 á 1977-1978
  • CKCV-1280: tempadas 1978-79 á 1983-84
  • CHRC-800: tempadas 1984-85 á 1989-90
  • CJRP-1060: tempadas 1990-1991 á 1993-94
  • CHRC-800: tempada 1994-1995

Televisións

[editar | editar a fonte]

Dúas canles de televisión retransmitiron os partidos da franquía ao longo da súa historia, a excepción das tempadas 1976-77 e 1977-78, cando ningunha televisión retransmitiu os partidos.[72]

  • CFCM-TV: tempadas 1972-73 á 1975-76
  • Nas tempadas 1976-77 e 1977-78 ningunha canle de televisión retransmitiu os partidos dos Nordiques.
  • CFCM-TV: tempadas 1978-79 á 1986-87[f]
  • CFAP-TV: tempadas 1987-88 á 1994-95

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Colisée de Québec.
Exterior do Colisée de Québec.
Interior do Colisée de Québec durante o quecemento dun partido dos Nordiques en 1986.

Durante a súa existencia os Quebec Nordiques xogaron os seus partidos como local no Colisée de Québec (tamén coñecido como Colisée Pepsi), un pavillón comezado a construír o 24 de maio de 1949 e inaugurado o 8 de decembro dese mesmo ano.[73] Aínda que a capacidade inicial do pavillón era de 10.034 espectadores,[74] este foi obxecto de varias ampliacións:

Evolución da capacidade do Colisée de Québec
Anos Capacidade Referencia
1949 a 1973 10.034 [74]
1973 a 1976 10.004 [75]
1976 a 1981 10.012 [76]
1981 a 1984 15.250 [77]
1984 a 1987 15.434 [78]
1987 a 2009 15.399 [79]

Nas 23 tempadas de existencia da franquía, asistiron ao Colisée un total de 11.395.718 espectadores durante a liga regular (tanto na WHA como na NHL), mentres que nos 66 partidos dos play-offs que disputou na WHA e na NHL asistiron 852.713 espectadores, cunha media de 12.920 espectadores por partido. A continuación os datos de asistencia no Colisée de Québec:[80]

Datos de asistencia ao Colisée de Québec
Liga Tempada Liga regular Series eliminatorias
Partidos Total Media Partidos Total Media
WHA 1972-73 39 269.979 6.923 - - -
1973-74 39 311.352 7.983 - - -
1974-75 39 366.848 9.406 8 77.788 9.724
1975-76 40 395.383 9.885 3 33.229 11.076
1976-77 40 343.922 8.598 10 91.420 9.142
1977-78 41 372.336 9.081 5 57.569 11.514
1978-79 41 362.120 8.832 2 17.664 8.832
NHL 1979-80 40 429.672 10.742 - - -
1980-81 40 489.096 12.227 2 30.211 15.106
1981-82 40 604.817 15.120 7 107.032 15.290
1982-83 40 602.318 15.058 2 30.559 15.280
1983-84 40 599.420 14.986 4 61.503 15.376
1984-85 40 594.712 14.868 9 136.934 15.215
1985-86 40 591.376 14.784 2 29.066 14.533
1986-87 40 593.289 14.832 6 90.356 15.059
1987-88 40 597.707 14.943 - - -
1988-89 40 581.795 14.545 - - -
1989-90 40 603.193 15.080 - - -
1990-91 40 567.762 14.194 - - -
1991-92 40 558.967 13.974 - - -
1992-93 41 613.479 14.963 3 46.197 15.399
1993-94 41 600.695 14.651 - - -
1994-95 24 345.480 14.395 3 43.185 14.395

Afiliacións

[editar | editar a fonte]

As franquías das ligas maiores teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» ou filiais que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual permitíndolles mentres continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo na alta competición. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías das ligas maiores, que os incorporan en función das lesións e/ou a baixa forma de xogadores do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non son permanentes. Dende os seus inicios, os Nordiques tiveron as seguintes afiliacións:[81][82]

Equipos afiliados dos Quebec Nordiques
Período Equipo Liga
1973 a 1977 Maine Nordiques NAHL
1977-1978 Hampton Gulls[83] AHL
1978-1979 Binghamton Dusters AHL
1979-1980 Syracuse Firebirds AHL
1980-1981 Hershey Bears AHL
1980-1981 Nova Scotia Voyageurs AHL
1980-1981 Rochester Americans AHL
1981 a 1988 Fredericton Express AHL
1988 a 1990 Fort Wayne Komets LIH
1988 a 1993 Halifax Citadels AHL
1993 a 1995 Cornwall Aces AHL

Afiliacións secundarias

[editar | editar a fonte]

Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Nordiques tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[82]

Equipos afiliados dos Quebec Nordiques
Período Equipo Liga
1979 a 1980 Erie Blades EHL
1980 a 1984 Milwaukee Admirals IHL
1985 a 1987 Muskegon Lumberjacks IHL
1993-1994 Chatham Wheels CoHL
1993 a 1995 Greensboro Monarchs ECHL
1994-1995 London Wildcats CoHL

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Capitáns do equipo

[editar | editar a fonte]
Jean-Guy Gendron, primeiro capitán dos Nordiques.

Ao longo da súa historia, os Nordiques tiveron 10 capitáns, tres durante o seu período na WHA e nove nas tempadas que o equipo de Quebec xogou na NHL.[84][85] O primeiro capitán da historia da franquía foi o canadense Jean-Guy Gendron, mentres que o primeiro capitán da franquía na NHL foi Marc Tardif, que xa exercera de capitán nas últimas tres tempadas do equipo na WHA. O último capitán do equipo foi Joe Sakic, que foi o primeiro capitán da franquía logo do seu traslado a Denver. De todos os xogadores os que máis tempo exerceron a capitanía do equipo foron o quebequés Marc Tardif e o eslovaco Peter Šťastný, ambos liderando o equipo durante cinco anos. O estadounidense Robbie Ftorek foi o primeiro xogador non nado no Canadá que exerceu a capitanía, sendo o único capitán non canadense do equipo xunto con Šťastný. Todos os capitáns do equipo nados no Canadá o fixeron na provincia do Quebec agás Joe Sakic, nado na Columbia Británica.[86]

Capitáns dos Quebec Nordiques
Nome(s) Período
Jean-Guy Gendron 1972-1974
Michel Parizeau 1974-1976
Marc Tardif 1976-1981
Robbie Ftorek e Andre Dupont 1981-82
Mario Marois 1982-1986
Peter Šťastný 1985-1990
Steven Finn e Joe Sakic 1990-1991
Mike Hough 1991-1992
Joe Sakic 1992-1995

Eleccións na primeira rolda do draft

[editar | editar a fonte]

Cando se creou a World Hockey Association, decidiuse que tivera un encontro anual de escolla de xogadores afeccionados. A idade mínima de admisibilidade estableceuse en 17 anos coa esperanza de poder contratar aos xogadores antes de que os equipos da National Hockey League o puideran facer. Esta sección presenta as eleccións de primeira rolda do draft dos Nordiques así como os equipos menores nos que xogaban estes xogadores.[87]

A NHL organiza igualmente as súas escollas, e organízaas dende 1963. Entre 1989 e 1991, a franquía tivo tres veces a primeira posición no draft: Mats Sundin, Owen Nolan e finalmente Eric Lindros.[88]

Esta sección presenta o ano e as eleccións de primeira rolda do draft dos Nordiques:

Eleccións na WHA
Ano Nome do xogador[g] Posto Equipo (liga)
1973 André Savard Quebec Remparts (LHJMQ)
1974 Réal Cloutier Quebec Remparts (LHJMQ)
1975 Pierre Mondou Bleu-Blanc-Rouge de Montréal (LHJMQ)
1976 Rick Green 10º London Knights (OHA)
1977 Lucien Deblois Éperviers de Sorel (LHJMQ)
Eleccións na NHL
Ano Nome do xogador[g] Posto Equipo (liga)
1979 Michel Goulet 20º Birmingham Bulls (WHA)
1980 Ningunha elección na primeira rolda
1981 Randy Moller 11º Lethbridge Broncos (WHL)
1982 David Shaw 13º Kitchener Rangers (OHL)
1983 Ningunha elección na primeira rolda
1984 Trevor Stienburg 15º Guelph Platers (OHL)
1985 David Latta 15º Kitchener Rangers (OHL)
1986 Ken McRae 18º Sudbury Wolves (OHL)
1987 Bryan Fogarty
Joe Sakic

15º
Kingston Canadians (OHL)
Swift Current Broncos (WHL)
1988 Curtis Leschyshyn
Daniel Doré

Saskatoon Blades (WHL)
Drummondville Voltigeurs (LHJMQ)
1989 Mats Sundin Nacka HK (Allsvenskan)
1990 Owen Nolan Cornwall Royals (OHL)
1991 Eric Lindros Oshawa Generals (OHL)
1992 Todd Warriner Windsor Spitfires (OHL)
1993 Jocelyn Thibault
Adam Deadmarsh
10º
14º
Sherbrooke Faucons (LHJMQ)
Portland Winter Hawks (WHL)
1994 Wade Belak
Jeff Kealty
12º
22º
Saskatoon Blades (WHL)
Catholic Memorial H.S. ( High-MA)

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Durante as 16 tempadas que os Nordiques competiron na NHL 245 xogadores vestiron a camisola do equipo quebequés.[89] O xogador que máis partidos xogou foi Michel Gouelt, que nas 11 tempadas que pasou no equipo xogou un total de 813 partidos, nos que marcou 456 goles, o que o converte tamén no máximo goleador da historia da franquía na NHL. Por outra banda Peter Šťastný conseguiu 668 asistencias nos 10 anos que pasou no Quebec, conseguindo tamén ser o máximo puntuador da franquía na NHL con 1.048 puntos.[90]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricos dos Nordiques na NHL
Xogador Pos  PX  G   A  Pts T
Šťastný, PeterPeter Šťastný C 737 380 668 1.048 10 (1980-1990)
Šťastný, AntonAnton Šťastný AE 650 252 384 636 9 (1980-1989)
Sakic, JoeJoe Sakic C 508 234 392 626 7 (1988-1995)
Goulet, MichelMichel Goulet AE 813 456 489 945 11 (1979-1990)
Sundin, MatsMats Sundin C 324 135 199 334 4 (1990-1994)

Números retirados

[editar | editar a fonte]

Os Quebec Nordiques retiraron catro dorsais nas súas máis de dúas décadas de existencia.[91] Dos catro dorsais retirados polo equipo dous pertenceron a xogadores que foron introducidos no Hockey Hall of Fame: o quebequés Michel Goulet e o eslovaco Peter Šťastný.[92] O equipo que se formou en 1995 en Denver, os Colorado Avalanche, devolveron os catro números á circulación.

Números retirados dos Quebec Nordiques
Xogador Posición Carreira Mención
Jean-Claude Tremblay D 1972-1979 -
Marc Tardif LW 1974-1983 -
Michel Goulet LW 1979-1990 Hockey Hall of Fame (1998)
Peter Šťastný C 1980-1990 Hockey Hall of Fame (1998)

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia dos Nordiques, trece adestradores dirixiron ao equipo. Algúns como Maurice Filion e Michel Bergeron dirixiron ao equipo en diferentes períodos. Filion dirixiu o equipo en tres períodos, os dous primeiros co equipo xogando na WHA e o terceiro co equipo xa na NHL, sendo o único adestrador xunto con Jacques Demers que adestrou os Nordiques tanto na WHA como na NHL. O seu primeiro adestrador, o célebre Maurice Richard, dimitiu despois de tan só dous partidos disputados. Pola súa banda, Michel Bergeron foi a persoa que máis tempadas e máis partidos estivo á fronte do equipo quebequés, cun total de oito tempadas, sete delas consecutivas, e 702 partidos no banco dos Nordiques, todos eles na NHL. Ademais Bergeron conseguiu o mellor rexistro de vitorias nos play-offs na NHL, conseguindo un 45,6% de vitorias, mentres que Marc Crawford conseguiu a mellor marca de vitorias da franquía na liga regular cun 67,7% na única tempada que permaneceu nos Nordiques. O único adestrador que conseguiu un título para a franquía foi Marc Boileau, que no seu primeiro ano no banco do equipo levouno a conquistar o Avco World Trophy como campión da WHA co mellor rexistro histórico da franquía nuns play-offs cun 70,6% de vitorias.[93]

Adestradores dos Quebec Nordiques na WHA
Nome Tempada(s) Liga regular Series eliminatorias
PX V D E %V
[h]
PX V D %V
[h]
1 Maurice Richard 1972-1973 2 1 1 0 50,0 % - - - -
2 Maurice Filion 1972-1973 76 32 39 5 45,4 % - - - -
3 Jacques Plante 1973-1974 78 38 36 4 51,3 % - - - -
4 Jean-Guy Gendron 1974-1976 159 96 59 4 61,6 % 20 9 11 45,0 %
5 Marc Boileau[22] 1976-1978 139 73 61 5 54,3 % 17 12 5 70,6 %
6 Maurice Filion 1977-1978 22 14 7 1 65,9 % 11 5 6 45,5 %
7 Jacques Demers 1978-1979 80 41 34 5 54,4 % 4 0 4 0 %
Adestradores dos Quebec Nordiques na NHL
Adestrador Tempada(s) Liga regular Series eliminatorias
PX V D E %V
[h]
PX V D %V
[h]
8 Jacques Demers 1979-1980 80 25 44 11 38,1 % - - - -
9 Maurice Filion 1980-1981 6 1 3 2 33,3 % - - - -
10 Michel Bergeron 1980 - 1987 554 253 222 79 52,8 % 68 31 37 45,6 %
11 André Savard 1987-1988 24 10 13 1 43,8 % - - - -
12 Ron Lapointe 1987 - 1989 89 33 50 6 40,4 % - - - -
13 Jean Perron 1988-1989 47 16 26 5 39,4 % - - - -
14 Michel Bergeron 1989-1990 80 12 61 7 19,4 % - - - -
15 Dave Chambers 1990-1992 98 19 64 15 27,0 % - - - -
16 Pierre Pagé 1991-1994 230 98 103 29 48,9 % 6 2 4 33,3 %
17 Marc Crawford 1994-1995 48 30 13 5 67,7 % 6 2 4 33,3 %

Presidentes

[editar | editar a fonte]
Marcel Aubut foi o derradeiro e máis lonxevo presidente dos Nordiques.

Os Nordiques tan só tiveron tres presidentes ao longo dos seus 23 anos de historia. En 1972, coa recentemente creada franquía, Paul Racine converteuse no primeiro presidente e un dos primeiros empresarios en investir no novo equipo da WHA. Con todo, na tempada 1973-74 tivo que dimitir logo do seu apoio a Jacques Plante. O posto de Racine foi ocupado por un dos seis fundadores do equipo en 1972, John Dacres. Uns anos máis tarde, en 1978 Dacres cedeu a presidencia a Marcel Aubut, daquela un mozo avogado de 30 anos. Aubut foi chamado «Kid de la Grande-Allée» e foi o presidente da franquía durante 17 tempadas, ata a súa venda en 1995.[94]

Directores xerais

[editar | editar a fonte]
Pierre Page foi director xeral dos Nordiques entre 1990 e 1994.

Ao longo da súa historia os Nordiques tiveron un total de seis directores xerais, se ben Maurice Filion ocupou o posto en dúas etapas distintas, a primeira delas entre 1974 e 1988, e a segunda tan só tres meses en 1990. O primeiro director xeral dos Nordiques foi Marius Fortier, que estivo pouco menos dun ano na nova franquía. O único director xeral co que o equipo conseguiu un título foi con Filion, con quen o equipo conquistou o Avco World Trophy como campión da World Hockey Association. Filion foi ademais a persoa que máis tempo ocupou o cargo con case 14 anos á fronte da franquía, foi ademais o primeiro en ocupar o posto logo do ingresso dos quebequeses na NHL e o único á fronte da franquía nas dúas ligas nas que competiu. Pola súa banda Pierre Lacroix foi o derradeiro director xeral dos Nordiques, mais seguiu no posto logo do traslado do equipo a Denver, sendo o primeiro director xeral dos Colorado Avalanche.[95][94]

Directores xerais dos Quebec Nordiques
Nome Inicio Fin Logros
1 Marius Fortier 2 de xuño de 1972 2 de maio de 1973
2 Jacques Plante 2 de maio de 1973 4 de maio de 1974
3 Maurice Filion 7 de maio de 1974 19 de abril de 1988 Final 1975
Avco World Trophy 1977
4 Martin Madden 27 de xuño de 1988 2 de febreiro de 1990
5 Maurice Filion 2 de febreiro de 1990 5 de maio de 1990
6 Pierre Pagé 5 de maio de 1990 24 de maio de 1994
7 Pierre Lacroix 24 de maio de 1994 24 de maio de 2006

Membros do Hall of Fame

[editar | editar a fonte]

Esta sección presenta as principais personalidades vinculadas á historia dos Nordiques que foron introducidas no Hockey Hall of Fame. Cada ano, son introducidos como máximo catro xogadores, dous «construtores»[i] e un árbritro ou xuíz de liña.

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Michel Goulet
Michel Goulet
Peter Šťastný
Peter Šťastný

De todas as personalidades da historia do equipo, catro xogadores que vestiron a camisola dos Nordiques foron introducidos no Hall of Fame ao finalizar as súas carreiras. Destes xogadores, Michel Goulet e Peter Šťastný desenvolveron a maior parte das súas carreiras profesionais no equipo quebequés, tendo disputado once e dez tempadas respectivamente nos Nordiques, ademais Joe Sakic desenvolvería a súa carreira íntegra nos Nordiques e en Colorado Avalanche, o equipo nado froito da relocalización da franquía en Denver (Colorado).[92]

Xogadores incluídos no Hockey Hall of Fame
Ano de
entrada
Nome Período(s) nos Nordiques Referencia
1998 Michel Goulet 1979-1990 [96][97]
1998 Peter Šťastný 1980-1990 [97][98]
2012 Joe Sakic 1988-1995 [99]
2012 Mats Sundin 1990-1994 [100]

Posteriormente Šťastný formou parte do comité que designa as novas personalidades do hóckey introducidas no Hall of Fame.[101]

Outras personalidades no Hall of Fame

[editar | editar a fonte]

Amais destas catro personalidades, dous adestradores do equipo foron introducidos no Hall of Fame despois da súa carreira como xogadores na NHL. É o caso de Jacques Plante, que adestrou ao equipo durante a tempada 1973-1974 e que foi introducido en 1978.[102] Guy Lapointe, adestrador adxunto de Michel Bergeron na NHL entre 1984-1985, e André Savard, Ron Lapointe e Jean Perron entre 1987 e 1990,[103] foron introducidos en 1993.[102][104]

Por último, Guy Lafleur foi introducido no Hall of Fame en 1988,[102] pero xogou un centenar de partidos cos Nordiques en dúas tempadas, ao principio dos anos 1990.[105][106]

Estatísticas da franquía

[editar | editar a fonte]

Antes de xogar na National Hockey League, os Quebec Nordiques xogaron sete tempadas na World Hockey Association antes de que as dúas ligas se fusionaran. Nas tempadas que a franquía competiu na WHA xogou un total de 556 partidos cun balance de 295 vitorias, 237 derrotas e 24 empates, anotando un total de 2.274 goles e encaixando 2.121.[107] Agás as dúas primeiras tempadas que competiu na WHA, os Nordiques sempre participaron nos play-offs, disputando un total de 52 partidos, dos cales gañou 26 e perdeu outros 26, cun balance de 204 goles a favor por 198 en contra. A mellor participación nas series eliminatorias da franquía tivo lugar na 1976-77, cando gañou a final da liga e alzou o seu único Avco World Trophy tras derrotar na final aos Winnipeg Jets por 4 partidos a 3.[108][109]

Nas 16 tempadas dos Nordiques na NHL o equipo xogou un total de 1.256 partidos na liga regular cun balance de 497 vitorias, 599 derrotas e 160 empates. Amais o equipo marcou 4.625 goles e encaixou 4.883.[110] Gañou dous títulos de división nas tempadas 1985-86 e na 1994-95. Nas súas nove participacións nos play-offs xogou 80 partidos cun rexistro de 35 vitorias e 45 derrotas, marcando un total de 247 goles e encaixando 286. As mellores participacións do equipo de Quebec nas series eliminatorias foron nas tempadas 1981-82 e 1984-85, cando o equipo alcanzou as finais da Conferencia Leste (semifinais da NHL).[111]

A franquía rexistrou os seguintes récords na WHA e na NHL:[112][113]

Récords do equipo
Récord World Hockey Association National Hockey League
Rexistro Tempada Rexistro Tempada
Máis puntos nunha tempada 104 1975-1976 104 1992-1993
Máis vitorias nunha tempada 50 1975-1976 47 1992-1993
Máis derrotas nunha tempada 40 1972-1973 61 1989-1990
Máis empates nunha tempada 5 1972-1973
1978-1979
18 1980-1981
Máis goles nunha tempada 371 1975-1976 360 1983-1984
Máis goles en contra nunha tempada 347 1977-1978 407 1989-1990
Máis goles nun partido 12 26 de decembro de 1976
contra os Winnipeg Jets
vitoria por 12 a 3
12 1 de febreiro de 1983
contra os Hartford Whalers
vitoria por 12 a 3[j]
Máis shutouts nunha tempada 6 1978-1979 6 1985-1986
Máis minutos de penalización nun partido 122 10 de marzo de 1976
contra os Winnipeg Jets
- -
Máis minutos de penalización nunha tempada 1.620 1975-1976 2.104 1989-1990

Trofeos individuais e colectivos

[editar | editar a fonte]

Na World Hockey Association

[editar | editar a fonte]
O Avco World Trophy.

O Avco World Trophy é o equivalente á Stanley Cup da NHL para a WHA: o trofeo recompensa ao final de cada tempada ao mellor equipo na final dos play-offs. Os Nordiques gañaron o Avco World Trophy na tempada 1976-77.[114]

O Bill Hunter Trophy era entregado anualmente ao máximo puntuador da liga regular da WHA, e dous xogadores gañárono xogando nos Nordiques. Marc Tardif gañouno na tempada 1975-76 con 148 puntos, e Réal Cloutier con 141 na tempada seguinte. Na tempada 1977-1978, Tardif conseguiu por segunda vez este trofeo ao conseguir 154 puntos, o máximo número de puntos anotados por un xogador nunha tempada na WHA. Cloutier foi o mellor puntuador da anterior tempada da WHA con 129 puntos na tempada 1978-79.[115]

O Dennis A. Murphy Trophy era entregado ao final de cada tempada ao mellor defensa. Jean-Claude Tremblay gañou en dúas ocasións o trofeo, na tempada 1972-73 e na 1974-75.[116]

O Gordie Howe Trophy, chamado «Gary L. Davidson Trophy» nas tres primeiras tempadas da WHA, era entregado anualmente ao mellor xogador da tempada. Marc Tardif foi designado mellor xogador da competición en dúas ocasións: nas tempadas 1975-76 e 1977-78.[117]

O mellor xogador dos play-offs da World Hockey Association foi outorgado cada ano, entre os xogadores dos Nordiques, Serge Bernier gañou o trofeo en 1976, logo de que o equipo de Quebec se alzase co Avco World Trophy.[26]

Durante as sete tempadas da WHA, a liga designou dous equipos tipo da tempada para o primeiro e o segundo equipo de estrelas. Varios xogadores do equipo formaron parte cada ano dos equipos de estrelas:[118]

Na National Hockey League

[editar | editar a fonte]

O Calder Trophy premia ao mellor xogador novato,[k] na súa primeira tempada na liga. Para ser elixible, o xogador non pode ter xogado máis de 25 partidos na liga regular precedente á tempada en curso e non máis de seis partidos durante as outras dúas tempadas precedentes nas ligas profesionais. O xogador non pode ter unha idade superior aos 26 anos o 25 de setembro para poder ser elixido. Dous xogadores dos Nordiques gañaron o trofeo durante a súa primeira tempada no Quebec: Peter Šťastný na 1980-1981 e Peter Forsberg na derradeira tempada da franquía como Nordiques, na tempada 1994-1995.[119]

O Jack Adams Trophy é outorgado dende a tempada 1973-1974 ao mellor adestrador da tempada. Marc Crawford gañou o trofeo na tempada 1994-95.[120]

Dende a tempada 1930-1931, a NHL designa ao final da liga regular aos dous equipos tipo da tempada e designa igualmente aos xogadores do primeiro e o segundo equipos das estrelas. Michel Goulet recibiu o honor de ser nomeado no primeiro equipo nas tempadas 1985-86 e 1986-87, así como no segundo equipo nas tempadas 1982-83 e 1987-88. En 1982, a NHL decidiu tamén nomear un equipo de debutantes, e dous xogadores dos Nordiques foron seleccionados para o equipo de novatos: Bruce Bell na tempada 1984-85, e Peter Forsberg na 1994-95.[121]

  1. Este número corresponde ao número de prazas dispoñibles despois da súa renovación en 1979 e antes da de 2007.
  2. Tardif conseguira ese ano o premio ao xogador máis valioso (MVP) da liga.[11]
  3. O termo MVP ou Most Valuable Player é o termo empregado para referirse ao mellor xogador.
  4. Habs é un dos nomes cos que se coñece tamén aos Montreal Canadiens.
  5. Durante a tempada 1973-74 a CKCV-1280 só retransmitiu os partidos dos Nordiques no Colisée de Québec, mentres que a CJRP-1060 retransmitiu os partidos fóra da casa.
  6. Os partidos dos play offs foron retransmitidos por CFAP-TV na tempada 1986-87.
  7. 7,0 7,1 Algúns anos, os Nordiques tiveron varias eleccións na primeira rolda. Outros anos, o equipo escolleu ao seu primeiro xogador despois da primeira rolda, neste caso non se indica nada.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 A porcentaxe de vitorias calcúlase tendo en conta o número de puntos gañados por partido: dous puntos pola vitoria, un punto polo empate ou unha derrota na prolongación, e cero puntos pola derrota no tempo regulamentario.
  9. A categoría dos "construtores" corresponde ás persoas que non xogaron directamente ao hóckey pero que tiveron un impacto significativo nel. Nesta categoría poden incluírse adestradores, presidentes, propietarios de franquías, ou mesmo personalidades dos medios.
  10. Esta marca alcanzouse de novo o 20 de outubro de 1984 fronte aos Toronto Maple Leafs, tamén cunha vitoria por 12 a 3.
  11. O termo "novato" corresponde ao termo en inglés «rookie».
Referencias
  1. Hockey Hall of Fame (ed.). "List of Teams for Honoured Players (Q)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2015. 
  2. Gary Miles (May 26, 1995). "Nhl's Nordiques Sold, Moving West To Denver Comsat Entertainment Group Bought The Team. Quebec Had Refused To Fund A New Hockey Arena". The Philadelphia Inquirer. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  3. Hornby, « Les grands moments du Hockey », p. 78
  4. 4,0 4,1 4,2 Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Introduction" (en francés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  5. Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 51
  6. Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 56
  7. 7,0 7,1 Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 73
  8. Fortier, « Les Nordiques et le circuit maudit », p. 79
  9. 9,0 9,1 Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Saison 1972-1973" (en francés). Consultado o 25 de decembro de 2014. 
  10. Assemblée Nationale du Québec (ed.). "Biographie de Jean Lesage" (en francés). Consultado o 25 de decembro de 2014. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 "QUEBEC NORDIQUES (WHA)" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  12. 12,0 12,1 Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Statistiques, saison 1972-1973" (en francés). Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  13. Larochelle, « Les Nordiques - Dix ans de suspence », páxs 184 e 185
  14. La Presse, ed. (14 de outubro de 1971). "Richard abandonne le poste" (en francés). Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  15. hockeydb.com (ed.). "Quebec Nordiques Statistics and History [WHA]" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  16. Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Saison 1973-1974" (en francés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  17. Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Les entraîneurs" (en francés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  18. ShrpSports (ed.). "1974-75 Quebec Nordiques (46-32-0)" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  19. ShrpSports (ed.). "WHA Standings after Jan 19 in 1974-75 season" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  20. 20,0 20,1 Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Statistiques, saison 1974-1975" (en francés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  21. The Internet Hockey Database (ed.). "1974-75 WHA Playoff Results" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  22. 22,0 22,1 The Internet Hockey Database (ed.). "Marc Boileau hockey statistics & profile" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  23. ShrpSports (ed.). "WHA Standings after Dec 21 in 1976-77 season" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  24. ShrpSports (ed.). "Final WHA Standings 1976-77" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  25. 25,0 25,1 The Internet Hockey Database (ed.). "1976-77 WHA Playoff Results" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  26. 26,0 26,1 Hockey-reference.com (ed.). "WHA Playoff MVP Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  27. HockeyReference.com (ed.). "1978 WHA Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  28. HockeyReference.com (ed.). "1979 WHA Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  29. hockey-reference.com (ed.). "Quebec Athletic Club/Bulldogs Franchise Index" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  30. 30,0 30,1 Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Les Nordiques de Québec - La fusion AMH-LNH" (en francés). Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  31. 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 31,12 31,13 "QUEBEC NORDIQUES" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  32. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Saison 1979-1980" (en francés). Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  33. hockey-reference.com (ed.). "1979-80 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  34. hockey-reference.com (ed.). "1981-82 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  35. 35,0 35,1 35,2 hockeydb.com (ed.). "Quebec Nordiques Statistics and History [NHL]" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  36. hockey-reference.com (ed.). "1984-85 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  37. hockey-reference.com (ed.). "1985-86 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  38. hockeydb.com (ed.). "Michel Bergeron" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  39. Legends of Hockey (ed.). "Eric B. Lindros" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  40. Sportsnet, ed. (8 de febreiro de 2012). "5 blockbuster NHL deals that almost happened" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 
  41. hockey-reference.com (ed.). "1992-93 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  42. hockey-reference.com (ed.). "1993-94 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  43. 43,0 43,1 43,2 43,3 Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Saison 1994-1995" (en francés). Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  44. International Hockey Database (ed.). "Peter Forsberg" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  45. Hockey-Reference.com (ed.). "1994-95 NHL Season Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  46. Hockey-Reference.com (ed.). "1995 NHL Stanley Cup Eastern Conference Quarter-Finals. New York Rangers defeat Quebec Nordiques 4-2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  47. Poulin, Yves, 1972-1995: Québec n'a plus les moyens de son rêve, xornal Le Soleil, venres 26 de maio de 1995, p. A1, republicado o 25 de maio de 2011, consultado en liña Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. o 25 de decembro de 2014
  48. Faucher, Jean-Robert, Michèle Viroly, Luci Tremblay et Monia Monger, Adieu les Nordiques!, Radio-Canada, 25 de maio de 1995, consultado en liña Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. o 25 de decembro de 2014
  49. Charles-Robert Dionne (1 de marzo de 2010). Le Devoir, ed. "Des Jeux olympiques à Québec en 2022? - Des atouts à mettre en avant" (en francés). Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  50. Walker, Tom (2015). "Centre Vidéotron". spabusiness.com (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  51. Isabelle Mathieu (17 de agosto de 2010). Cyberpresse, ed. "Québec se fixe trois priorités: Colisée, LNH, Jeux olympiques" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  52. Ian Bussières (2 de outubro de 2010). Le Soleil, ed. "Marche bleue: La ville était Nordiques" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  53. CBC News, ed. (3 de setembro de 2012). "Former hockey greats attend Quebec City arena groundbreaking" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  54. "Quebecor makes pitch to NHL in hopes of landing franchise". National Hockey League. The Canadian Press. September 30, 2015. Consultado o October 6, 2015. 
  55. "Duhatschek: It's make-or-break day for Quebec City's NHL expansion plans". The Globe and Mail. Consultado o September 30, 2015. 
  56. Rosen, Dan (September 29, 2015). "Commissioner: No timetable for NHL expansion". National Hockey League. Consultado o October 6, 2015. 
  57. Lewis, Scott (March 8, 2016). "Mulroney hints Quebec City's NHL bid may have to wait". Sportsnet. Consultado o April 6, 2016. 
  58. Beacham, Greg (June 14, 2016). "NHL rolls the dice on Las Vegas expansion". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o June 15, 2016. 
  59. Ryan, Chris (December 4, 2018). "NHL approves Seattle expansion for 32-team league - When team will begin play". NJ.com. Advance Publications. Consultado o December 5, 2018. Commissioner Gary Bettman said the NHL would not look into expansion beyond 32 teams for the foreseeable future. 
  60. 60,0 60,1 60,2 60,3 Montreal Canadiens (ed.). "Quebec Nordiques - Canadiens rivalry: notable moments, stats and more" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  61. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Fiche des Nordiques contre les Canadiens, 1979 à 1995" (en francés). Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  62. hockey-reference.com (ed.). "1982 NHL Stanley Cup Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 12-de decembro de 2014. 
  63. hockey-reference.com (ed.). "1984 NHL Stanley Cup Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  64. hockey-reference.com (ed.). "1985 NHL Stanley Cup Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  65. ockey-reference.com (ed.). "1987 NHL Stanley Cup Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  66. hockey-reference.com (ed.). "1993 NHL Stanley Cup Playoffs Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  67. sportslogos.net (ed.). "Primary Logo (1972/73-1978-79)" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  68. sportslogos.net (ed.). "Primary Logo (1979/80-1984-85)" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  69. sportslogos.net (ed.). "Primary Logo (1985/86-1994-95)" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  70. 70,0 70,1 sportslogos.net (ed.). "Quebec Nordiques Logos" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  71. sportslogos.net (ed.). "Quebec Nordiques Logo" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  72. 72,0 72,1 Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Les Nordiques à la radio et à la télévision, 1972 à 1995" (en francés). Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  73. Histoire et Sociéte, ed. (9 de outubro de 2010). "Le Colisée de Québec, 1949 à aujourd'hui" (en francés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  74. 74,0 74,1 Mccarthy, Gary (7 de febreiro de 1970). "Quebec Peewee Hockey 'Dream' Now Reality". Montreal Gazette. p. 13. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  75. The Canadian Press (8 de decembro de 1973). "Soviets Beat Quebec". Leader-Post (Regina). p. 23. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  76. The Canadian Press (25 de xuño de 1977). "Expansion, Merger, Accommodation–Whatever". Calgary Herald. p. 41. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  77. Wevurski, Pete (24 de novembro de 1981). "Dion Has a Special Goal in Return to Quebec". Pittsburgh Press. p. C–4. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  78. The Canadian Press (11 de decembro de 1986). "If You Want to Rendez-vous, You'd Better Have a Ticket". Montreal Gazette. p. D–3. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  79. Lapointe, Joe (26 de febreiro de 1995). "On Pro Hockey; In Quebec, Sale Rumors and an Arena Agenda". The New York Times. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  80. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Assistances des Nordiques au Colisée, 1972 à 1995" (en francés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  81. The Internet Hockey Database (ed.). "Quebec Nordiques (WHA) Minor League Affiliate History" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  82. 82,0 82,1 The Internet Hockey Database (ed.). "Quebec Nordiques (NHL) Minor League Affiliate History" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  83. Benoît Clairoux. Les Nordiques - Toute l'histoire de 1972 à 1995, ed. "Les Nordiques de Québec - Les filiales" (en francés). Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  84. sportsecyclopedia.com (ed.). "Quebec Nordiques (1972-1979)" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  85. sportsecyclopedia.com (ed.). "Quebec Nordiques (1979-1995)" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  86. avalanchedb.com (ed.). "Avalanche Captains" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  87. The Internet Hockey Database (ed.). "Quebec Nordiques Draft History - WHA" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  88. The Internet Hockey Database (ed.). "Quebec Nordiques Draft History - NHL" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  89. hockeydb.com (ed.). "Quebec Nordiques [NHL] all-time player roster" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  90. Adam Gretz (31 de xullo de 2014). sbnation.com, ed. "Remembering the Quebec Nordiques, who built Colorado's Stanley Cup winner" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  91. nhluniforms.com (ed.). "Quebec Nordiques" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  92. 92,0 92,1 Legends of Hockey (ed.). "Players - Team - Quebec Nordiques" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  93. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Les Nordiques de Québec - Varia" (en francés). Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  94. 94,0 94,1 "La direction" (en francés). histoirenordiques.ca. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  95. Larochelle, Claude (11 de febreiro de 1982). "Marius Fortier détrône Al Arbour" (PDF). Le soleil (en francés). p. c3. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  96. Legends of Hockey (ed.). "Michel Goulet" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  97. 97,0 97,1 « Official Guide & Record Book / 2010 », páxs 239 e 240.
  98. Legends of Hockey (ed.). "Peter Stastny" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  99. Legends of Hockey (ed.). "Joe Sakic" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  100. Legends of Hockey (ed.). "Mats Sundin" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  101. Legends of Hockey (ed.). "Selection Committee By-Laws" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  102. 102,0 102,1 102,2 « Official Guide & Record Book / 2010 », page 239.
  103. The Internet Hockey Database (ed.). "Guy Lapointe (b. 1948)" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  104. Kevin Shea (26 de abril de 2005). Legends of Hockey, ed. "Spotlight - One on One with Guy Lapointe" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  105. Montreal Canadiens (ed.). "Guy Lafleur - Biographie, photos, statistiques et plus" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  106. Legends of Hockey (ed.). "Guy Lafleur - Career Statistics" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  107. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Statistiques générales, AMH (saison régulière)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  108. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Statistiques générales, AMH (séries éliminatoires)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  109. hockeydb.com (ed.). "1976-77 WHA Playoff Results" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  110. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Statistiques générales, LNH (saison régulière)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  111. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Statistiques générales, LNH (séries éliminatoires)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  112. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Records, AMH (saison régulière)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  113. Benoît Clairoux. Les Nordiques de Québec, ed. "Records, LNH (saison régulière)" (en francés). Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  114. Legends of Hockey (ed.). "Legends of Hockey - Historic Trophies - Avco World Trophy" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  115. Hockey-reference.com (ed.). "WHA Bill Hunter Trophy Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  116. hockey-reference.com (ed.). "WHA Dennis A. Murphy Trophy Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  117. Hockey-reference.com (ed.). "WHA Gary L. Davidson Award/Gordie Howe Trophy Winners" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  118. Hockey-reference.com (ed.). "WHA All-Star Teams" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  119. « Official Guide & Record Book / 2010 », páx 216
  120. « Official Guide & Record Book / 2010», páx 212
  121. « Official Guide & Record Book / 2010 », páx 234

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy