Saltar ao contido

Río Sénia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Sénia
Imaxe
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaLa Pobla de Benifassà, España, La Sénia, España, Rossell, España, San Rafael del Río, España, Ulldecona, España, Alcanar, España e Vinaròs, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTinença de Benifassà (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°40′46″N 0°09′05″L / 40.6793417, 0.15145042
40°31′23″N 0°30′52″L / 40.52305384, 0.51453514
Afluentes
Características
Dimensións49 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica197,5 km² Editar o valor en Wikidata

O Sénia (en castelán: Cenia) é un curto río do leste de España, que transcorre entre as provincias de Tarragona e Castelló. Ten 49 km de lonxitude e desemboca no mar Mediterráneo.

O río nace nos Ports de Beseit, no concello de La Pobla de Benifassà, na comarca do Maestrat. As súas augas acumúlanse pouco despois no encoro de Ulldecona, situado no mesmo termo municipal, a 477 m de altitude.

A partir do encoro, o río discorre por zonas de fortes pendentes, o que lle proporciona unha elevada osixenación, sendo a vexetación moi abundante, o que contribúe a manter o hábitat da vida piscícola. Posteriormente, e antes de chegar a La Sénia, existen derivacións de caudal que abastecen aos regadíos desta zona, unhas 2.360 hectáreas.

Pouco antes de La Sénia, o río alcanza a fronteira entre Cataluña e a Comunidade Valenciana; a partir de entón e ata a súa desembocadura, o Sénia servirá de límite fronteirizo entre estas dúas comunidades autónomas. A partir deste punto a canle practicamente non recibe achegues naturais e a calidade da auga empeora de forma notable.

Preto da localidade de Alcanar, o río entra na Plana de Vinaròs e desemboca no mar Mediterráneo.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy