Río Mero
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | Ría da Coruña | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Altitude | 500 m | ||||
Dimensións | 41 () km | ||||
O Río Mero está na provincia da Coruña.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e tras percorrer 41 km desemboca no interior da ría do Burgo. Atravesa os concellos de Oza-Cesuras, Abegondo, Bergondo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nel está o encoro de Cecebre e na súa confluencia co río Barcés forma a zona especial de conservación (ZEC) Encoro de Abegondo - Cecebre, que pertence na súa maior parte ao concello de Abegondo.
Caudal
[editar | editar a fonte]A media do caudal do río Mero a altura de Cambre foi de 7,3 m3/s e con máximos de 34,8 m3/s entre o 1970 e o 1986.[1] Para evitar inundacións, así coma facer uso de toda a capacidade do encoro de Cecebre, realizáronse as obras de canalización, rematadas no ano 2007, no seu tramo final entre o encoro de Cecebre ata a súa desembocadura na ría.[2]
Afluentes
[editar | editar a fonte]Pola marxe esquerda, ten o Barcés, o Brexa e mais o río Valiñas. Pola marxe dereita, o Río Gándara.
- Río Valiñas
- Río Brexa
- Río Barcés
- Río Gobia
- Rego de Roufrío
- Rego de Fontao
- Rego Carboeira
Aproveitamento
[editar | editar a fonte]A auga do encoro de Cecebre fornece aos concellos da Coruña, potabilízase na ETAP da Telva xestionada por Emalcsa. O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.
Navegación
[editar | editar a fonte]No pasado o río foi navegable ata o porto de Sigrás. Era habitual o movemento de barcadas con persoas e mercadoría, principalmente para fornecer a Casa da Especiería da Coruña.[3] Actualmente esta posibilidade vese limitada polo encoro da Barcala. En 1990 o alcalde de Cambre, Antonio Varela, enviou un escrito á Confederación Hidrográfica do Norte solicitando a eliminación de devandita presa.[4] Conta con pantalán no Temple que permite o amarre de pequenas embarcacións.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estudio de impacto ambiental y proyecto del "Dragado ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)". Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente." (PDF). Anejo 4. Modelización hidrodinámica. Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Obras de acondicionamiento hidráulico del río Mero entre la presa de Cecebre y su desembocadura en la ría de O Burgo" (PDF). ingenieriadelagua.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ "Cambrish". cambrish.blogspot.com (en castelán). 30 de outubro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ El Mero fue navegable hasta el «puerto» de Sigrás
- ↑ Silveira, Elena (2016-04-05). "Costas trasladará el pantalán de O Temple al otro lado del puente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-09-24.