Saltar ao contido

Reino de Macedonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Macedonia

Símbolo oficialSol de Verxina Editar o valor en Wikidata
Epónimoantigos macedonios Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalVergina
Pela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua macedonia antiga
Grego antigo Editar o valor en Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación808 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución167 a. C. Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoOligarquía
monarquía Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSynedrion (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaTetradracma Editar o valor en Wikidata

Mapa da Macedonia histórica.

Macedonia (en grego: Μακεδονία Makedonía) é unha rexión xeográfica e histórica do sueste de Europa na península Balcánica, cunha área de aproximadamente 67.000 km² e unha poboación de preto de 4,65 millóns de habitantes.

A historia de Macedonia está moi vinculada á Grecia clásica. Alexandre o Grande naceu e foi rei desta rexión.[1]

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

No norte de Grecia atópase a rexión de Tesalia. Ao norte desta rexión esténdense dúas chairas rodeadas de montañas abruptas. Esta rexión formaba na Antigüidade o reino de Macedonia. Entre as dúas chairas atópase a península Calcídica que avanza no mar Exeo formando tres puntas. Actualmente, a maior parte do seu territorio atópase no territorio de Macedonia en Grecia e nalgunhas partes de Bulgaria e Macedonia do Norte.

Era un país de trigo e pastos, de aldeáns e xinetes (como Tesalia) cunha costa marítima moi reducida. Os historiadores cren que os seus habitantes eran gregos de dialecto dórico do mesmo xeito que os da rexión de Epiro, Rodas ou Peloponeso, e que falaban un dialecto grego moi próximo ao destas rexións.

Os mozos macedonios tiñan que matar un xabaril para ser considerados adultos

Os mozos tiñan unha obrigación iniciática que era a de matar un xabaril. Aquel que non o fixese non merecía sentar cos demais nos banquetes.

Cando, polas circunstancias que fosen, un home non matara aínda un inimigo, tiña a obrigación de levar unha corda anoada ao corpo.

Era costume e de bo ver o embriagarse nos festíns e, despois, armar pelexas.

Segundo os investigadores e historiadores é moi complexo chegar a saber con toda exactitude a orixe destes pobos asentados nesta zona xeográfica. Os antigos chamábanlles bárbaros, usando como en tantas ocasións un criterio cultural. A súa procedencia é incerta e de gran complexidade. Sábese que se agrupaban en tribos e cada unha tiña o seu propio rei. Eran xentes sinxelas e ignorantes que apenas fundaran cidades nin tiñan a tradición de constituír Asemblea do pobo. O groso da poboación eran pastores que coidaban o gando dos nobres. Estes últimos eran ademais grandes cazadores e bos guerreiros.

O historiador grego Tucídides (c. -460 - c. -400 ), describe estes poboadores como xente que constituía un conxunto de pobos dispersos en cada un dos cales implantouse unha monarquía e que desenvolvían un intenso movemento de masas. Loitaban e competían entre si, de maneira que o informe da súa consolidación está cheo de alianzas e conflitos entre os diversos grupos e reis aspirantes á hexemonía.

Nalgún momento da Historia elabórase unha lenda, segundo a cal os macedonios proceden dun fillo do deus Eolo chamado Macedón. Deste xeito, o grande Alexandre sería descendente dos Eácidas e de Heracles, orixes plenamente helénicos.

A arqueoloxía tamén ten a súa palabra sobre este pobo macedonio. saíron á luz tumbas reais que datan de finais do século -VI, cheas de ricas alfaias e valiosas obras de arte de tradición grega.

O Imperio

[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos Macedonia foi unha zona inestable, cuxos reis se asasinaron uns a outros para conseguiren o poder sobre todas as tribos. Ata que chegou un novo rei, un mozo de vinte e dous anos chamado Filipo II, e con el o comezo dunha gran Historia e dun grande Imperio. Filipo II impuxo o poder sobre os demais e conseguiu que o seu pobo sacase partido da súa vantaxosa posición xeográfica. As fazañas de Filipo son grandiosas pero en realidade non son senón a apertura dun camiño de gloria que percorrería o seu fillo Alexandre o Grande.

Por outra banda, o mundo Helénico atopábase en constantes rifas e guerras entre as cidades-estado, situación que favoreceu en gran xeito a Filipo para levar a cabo o seu plan de expansión e conquista. Hai que ter en conta que Grecia non existía como a unidade política que agora coñecemos; non existía a idea de nación, por iso non é de estrañar que pelexasen entre si as grandes cidades de Atenas, Esparta, Tebas e demais. Case todas elas tiñan un inimigo común: os persas. Este foi o punto de arranque de Filipo para realizar a súa expansión coa axuda e cooperación dos gregos. As conquistas deste rei foron importantes e conseguiu a hexemonía macedonia sobre os gregos. Continúase agrandando o imperio pero a morte sorprendeuno pronto en forma de asasinato.

O seu fillo Alexandre o Grande continuou o labor en maior medida facendo xa verdadeiramente de Macedonia un extenso Imperio que chegou a abarcar desde o Danubio ao Indo, desde o mar de Aral ao deserto do Sáhara. Comprendía:

A gran campaña contra os persas, antigos rivais, culminou coa batalla de Isos en que foi derrotado Darío III rei de Persia. Este triunfo abriulle ademais a fácil conquista de Exipto.

A capital deste imperio, Pella, converteuse nunha cidade próspera onde se daban cita os máis famosos científicos, filósofos e artistas do mundo coñecido.

Dez anos duraron as campañas de Alexandre. Dispúñase a invadir a Península Arábiga cando lle chegou a morte (en -323). Cando Alexandre morreu, Macedonia quedou sen sucesor e comezaron as loitas internas que liquidaron o vasto imperio.

Os xenerais do exército macedonio os chamados diádocos (διαδοχος) ou sucesores ou herdeiros, eran trinta e catro en total; cinco deles repartíronse os territorios conquistados por Alexandre, que se foron convertendo en pequenos reinos e non deixaron nunca de loitar entre eles. Sábese que Alexandre dixera nunha ocasión: Os meus xenerais faranme funerais sanguentos.

Logo destes antigos xenerais gobernaron os chamados epígonos (επιγονος), os nacidos despois ou sucesores. A loita entre eles para obter o poder e a hexemonía durou case cincuenta anos, ata o -281 en que morreu o último dos diádocos, Seleuco.

Os protagonistas dos primeiros tempos foron os comandantes Pérdicas e Meleagro, coas súas intrigas e manobras. Tamén o gran xeneral Antígono Monóftalmos, Antípatro (ou Antípater) o último xeral que quedaba da época de Filipo II, e máis tarde os fillos de ambos os Demetrio e Casandro.

Decadencia

[editar | editar a fonte]

Durante os seguintes vinte anos non houbo máis que pelexas entre eles. Nun principio contentáronse con chamarse gobernadores, isto foi en espera da maioría de idade do fillo de Alexandre, pero xa no 306 a.C. tomaron o título de rei. Repartíronse o imperio do seguinte xeito:

Antígono pretendeu desde un principio ser o único e soñou coa grande unidade do imperio de Alexandre. Pero os xenerais Tolomeo, Lisímaco e Seleuco non llo consentiron e declaráronlle a guerra. Antígono foi vencido e morto na Batalla de Ipso, (en Frixia, centro de Asia Menor) no 301 a.C..

Os epígonos (ou nacidos despois, ou sucesores dos xenerais) continuaron coas loitas internas e externas por conseguir o poder.

No ano 281 a.C. o grande imperio estaba dividido en tres grandes estados:

  • Macedonia (dinastía Antigónida).
  • Asia (dinastía Seleúcida).
  • Exipto (dinastía Tolemaica).

Os romanos

[editar | editar a fonte]

Pero no ano -215 ata o -168, outro pobo poderoso guerreou contra os macedonios. Eran os romanos, que venceron e converteron Macedonia en provincia romana. A partir deste momento a Historia de Macedonia estará ligada á Historia de Roma. Por iso mesmo pasa tamén pola etapa histórica do Imperio Bizantino e no ano 395 forma parte da metade oriental do Imperio Romano.

Un personaxe importante nestas terras durante os primeiros anos do cristianismo foi o apóstolo Paulo de Tarso que predicou a nova relixión principalmente nas cidades de Filipos e Tesalonia.

Os eslavos

[editar | editar a fonte]

Chegando aos séculos VI e VII acoden a Macedonia un número bastante crecido de eslavos de distintos puntos da Europa oriental. Aséntanse nestas terras. Durante algúns anos do século XIV moitas zonas da rexión foron gobernadas por serbios. Con todo durante os mil anos de imperio grego (bizantino) a rexión permaneceu case durante todo este período sen ser ocupada, salvo por algúns anos por búlgaros, serbios e cruzados.

No século XIV, Macedonia e o resto do reino de Grecia volveuse súbdito do Imperio Otomán e como tal, foi protagonista de refregas entre serbios, búlgaros e gregos.

Finalmente, logo das guerras dos Balcáns (anos 1912 e 1913), a rexión histórica de Macedonia desligouse do dominio otomán e foi dividida entre Grecia (onde está a maior parte da terra deste antigo pobo histórico), Bulgaria e Serbia.

  1. "Alexandre Magno". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy