Saltar ao contido

Rivellino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRivellino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xornalista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioReizinho do Parque, Patada Atômica,
Bigode, Riva Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1974 Sport Club Corinthians Paulista 471(141)
1974–1978 Fluminense Football Club 158(53)
1979–1981 Al-Hilal SFC 57(23)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1978   Brasil 92(26)
Participou en
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974
1970Mundial de Fútbol México 1970 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63896 Editar o valor en Wikidata

Roberto Rivellino, tamén escrito Rivelino, nado en São Paulo o 1 de xaneiro de 1946, foi un futbolista brasileiro da segunda metade da década de 1960 e comezos da de 1970. Manicho, fíxose coñecido por xogar en importantes clubs do Brasil coma o Fluminense do Río de Xaneiro e o Corinthians de San Paulo, así como na selección brasileira coa que se proclamou campión do mundo no Mundial 1970, de México. Foi alcumado de Reizinho do Parque, Patada Atômica, Curió das Laranjeiras e Bigode.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rivellino comezou a súa carreira profesional no Clube Atlético Indiano da capital paulista, onde debutou en 1965. Ao ano seguinte fichou polo Corinthians, onde se coverteu nun ídolo, pero co que non conseguiu campionatos de relevo. Acadou en 1966 o Torneo Río - San Paulo, mais o título foi dividido entre catro clubs por falta de datas. A súa consagración chegoulle no Mundial 1970, onde Rivellino foi unha das estrelas máis destacadas da selección brasileira, que se alzou coa vitoria final.

En 1971, tamén co Corinthians, conseguiu a vitoria no Torneo do Pobo, e mais a Copa Laudo Natel en 1973. Previamente, en 1972, fora campión coa súa selección nacional da Minicopa, disputada no Brasil. No Mundial de 1974, a pesar de continuar destacando e marcando goles, a selección brasileira callaría un pobre campionato.

Rivellino acabou deixando o Corinthians, desgastado logo da perda do título do Campionato Paulista de 1974 contra o Palmeiras. Despois de empatar o primeiro partido (1-1), o Corinthians só precisaba dunha vitoria pola mínima para garantir o soñado título. Porén, foron derrotados por 1-0. (Rivellino perdeu un balón no medio do campo que acabou no gol da vitoria do club rival). Transferido ao Fluminense en 1975, aquel mesmo ano acadou a Copa Guanabara contra o América[1], o seu primeiro título estatal como profesional.

Tamén axudou na consecución do aínda máis importante Campeonato Carioca de 1975, conquista eu repetiu en 1976. Neses dous anos clasificouse ademais para a disputa das semifinais do Campionato Brasileiro. En 1976 conseguiu tamén a Copa Viña del Mar e o Torneo de París, así como o Trofeo Teresa Herrera en 1977. Co Fluminense marcou 53 goles en 159 partidos ata que en 1978 foi vendido por un valor extraordinario na época a un club de Arabia Saudita. No Mundial de 1978 non conseguiu manterse como titular da selección, e foi substituído polo medio esquerdo Dirceu. No fútbol de Arabia conseguiu un moderado éxito, pero non puido volver ao Brasil malia o interese dalgúns clubs por recuperalo, e retirouse en Oriente Medio.

Despois da retirada

[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada, Rivellino fíxose comentarista deportivo de televisión e participou da selección brasileira de veteranos. En 2003 volveu para o Corinthians, desta vez como director técnico, pero abandonou o posto en 2004.

Rivellino en Galicia

[editar | editar a fonte]

En 1977 Rivellino integrou o equipo do Fluminense que conseguiu a vitoria no Trofeo Teresa Herrera, na Coruña. Era a primeira vez que ese equipo conseguía o triunfo en Riazor. O 6 de agosto de 1977 o Fluminense derrotou o Feyenoord de Rotterdam por 2-0, e posteriormente enfrontouse na final o 7 de agosto o Dukla Praga por 4-1, aínda que Rivellino non marcou en ningún dos dous encontros[2].

  1. Meu Jogo Inesquecível Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Museu dos Esportes, sen data, consultado 18.9.09
  2. XXXII Troféu Teresa Herrera (1977) Arquivado 19 de abril de 2009 en Wayback Machine., Flumania, sen data, consultado o 18.9.09

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy