Saltar ao contido

Rockwell B-1 Lancer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rockwell B-1 Lancer
Tipobombardeiro estratéxico supersónico
FabricanteNorth American Rockwell/Rockwell International
Boeing
Primeiro voo23 de decembro de 1974
Introducido1 de outubro de 1986
Estadoen servizo
Unidades construídas104

O Rockwell B-1 Lancer é un bombardeiro estratéxico catrimotor con ás de xeometría variable usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF). Pensouse como bombardeiro supersónico para a década dos 60 cun alcance e unha carga suficiente para substituír o Boeing B-52 Stratofortress, e desenvolveuse principalmente como penetrador a baixa cota de longo alcance con capacidade supersónica a grande altura.

Deseñado por Rockwell International, o desenvolvemento do bombardeiro foi atrasado múltiples veces ao longo da súa historia, a medida que a teoría do equilibrio estratéxico cambiaba dende unha resposta flexible ata a destrución mutua e viceversa. A primeira versión B-1A desenvolveuse a principios dos 70, pero a súa produción foi cancelada e só se fabricaron catro prototipos. A necesidade dunha nova plataforma apareceu novamente a comezos dos anos 80, e o avión reapareceu como a versión B-1B co perfil de bombardeiro de baixo nivel. Porén, nesta etapa o desenvolvemente da tecnoloxía furtiva prometía unha capacidades moi melloradas para o avión. A produción foi adiante xa que o B-1B sería operacional antes de que eses conceptos tecnolóxicos avanzados estivesen dispoñibles, durante un período no que o B-52 sería cada vez máis vulnerable. O B-1B entrou en servizo como bombardeiro nuclear no Mando Aéreo Estratéxico da USAF.

Nos anos 90, o B-1B foi convertido para un uso como bombardeiro convencional. Entro por vez primeira en combate durante a operación Raposo do deserto en 1998, e actuaría novamente na acción da OTAN en Kosovo o ano seguinte. O B-1B apoiaría tamén ás forzas dos Estados Unidos e da OTAN en Afganistán e Iraq. O Lancer é o compoñente supersónico da forza de bombardeiros de longo alcance da USAF, acompañado polos subsónicos B-52 e Northrop Grumman B-2 Spirit. O bombardeiro é chamado "Bone" (orixinalmente por "B-One". Bone en galego é óso). Coa retirada do General Dynamics/Grumman EF-111A Raven en 1998 e do Grumman F-14 Tomcat en 2006, o B-1B é o único avión de xeometría variable activo nos Estados Unidos. Agárdase que o B-1B continue en servizo ata a década dos 2020, cando sexa substituído por bombardeiros de próxima xeración.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy