Saltar ao contido

Samaritanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samaritano coa Torah samaritana

Os samaritanos[1] constitúen un grupo étnico de Oriente Medio que teñen relación cos habitantes da Samaria histórica desde o exilio de Babilonia ata o comezo do cristianismo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Os samaritanos considéranse descendentes de dúas tribos de Israel, Efraín e Menashé mentres os sacerdotes veñen da tribo de Leví, pero non se consideran xudeus. Para os xudeus os samaritanos son orixinarios do Kurr e foron desprazados para Samaria polos asirios. A súa relixión, o samaritanismo está baseada na Torah e para eles é a verdadeira relixión dos antigos israelitas, antes do Templo de Xerusalén. A separación entre xudeus e samaritanos data do século IV antes da nosa era. Os samaritanos, uns 700 no ano 2005, residen maioritariamente nas localidades de Kiryat Luza preto do Monte Gerizim e en Holón. Os samaritanos falan ben árabe en Kiryat Luza ou hebreo en Holón como lingua habitual pero utilizan liturxicamente o hebreo samaritano, hebreo bíblico escrito en alfabeto samaritano e o arameo samaritano.

Samaritanos no Monte Gerizim

Os samaritanos negan a santidade de Xerusalén, para eles o verdadeiro lugar elixido por Deus é o monte Gerizim, celebran o sábado dunha forma moi ríxida: visten roupas especiais, rezan pola madrugada, desconectan os aparellos eléctricos. A Pascua é a festividade máis importante dos samaritanos, xúntanse durante vinte días no monte Gerizim. Os samaritanos contan o tempo desde a chegada á Terra Prometida e así o ano 2007 é para os samaritanos o ano 3645.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para samaritano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy