Saltar ao contido

Senado dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Senado dos Estados Unidos
TipoSenado, cámara lexislativa electa, xurisdición e legislative branch agency
Data de fundación1789
Presidente/aKamala Harris (2021-) Editar o valor en Wikidata
SedeCapitolio dos Estados Unidos
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://senate.gov
Musicbrainz: 37a14d09-1b87-4867-8720-93a5e98d48ac Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Senado dos Estados Unidos (en inglés: United States Senate) é a cámara alta lexislativa no sistema bicameral estadounidense, que xunto coa Cámara de Representantes forma parte do Congreso.

Reunido por vez primeira en 1789, a composición e poderes do Senado foron estabelecidos no 1º artigo da constitución estadounidense.[1] Cada estado é representado por dous senadores, sen ter en conta a poboación, os cales son elixidos por un período de seis anos. Ata 1913 eran as lexislaturas de cada estado as que elixían os senadores que lles correspondían, pero logo de se ratificar a décimo sétima emenda en 1913 elíxense por voto popular.

A cámara do Senado atópase na á norte do Capitolio, en Washington, D.C. mentres a Cámara de Representantes atópase na súa á sur.

  1. Senate.gov, ed. (26 de marzo de 2009). "Constitution of the United States". Consultado o 4 de outubro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy