Saltar ao contido

Serra de Guadarrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra de Guadarrama
(es) Sierra de Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocordilleira
serra Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional da Serra de Guadarrama, Parque Natural de Peñalara, Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares e Parque natural Serra Norte de Guadarrama Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCastela e León, España e Comunidade de Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°48′46″N 3°56′58″O / 40.8128, -3.9494
CordilleiraSistema Central Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude2.430 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións80 (lonxitude) km
Punto máis altoPeñalara Editar o valor en Wikidata  (2.428 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadogranito
Gneis Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
30 de novembro de 1808 Batalla de Somosierra
6 de xuño de 1937 Ofensiva de Segóvia (pt) Traducir
24 de xullo de 1936 Batalha de Guadarrama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4345288
Circo e cima de Peñalara (na dereita) e o seu reflexo na laguna chica, de orixe glaciar.

A Serra de Guadarrama (en castelán: Sierra de Guadarrama) é unha aliñación montañosa pertencente á metade leste do Sistema Central (sistema montañoso do centro da Península Ibérica) situada entre as serras de Gredos (Ávila) e de Ayllón (Segovia - Guadalaxara). Esténdese en dirección suroeste-nordeste e nas provincias de Madrid, ao sur, e Ávila e Segovia, ao norte. Esta serra mide aproximadamente 80 km. de lonxitude e o seu cumio máis alto é Peñalara con 2.430 metros sobre o nivel do mar.

A flora desta serra caracterízase pola abundancia de bosques de piñeiros e a presenza de carballeiras e aciñedos en zonas máis baixas. Nos cumes predominan os pastos e arbustos de alta montaña. Nestes ecosistemas abundan mamíferos como cervos, xabaríns, corzos, gamos, teixugos, varios mustélidos, gatos monteses, raposos, lebres etc.; unha gran cantidade de especies de aves acuáticas nos encoros, e grandes aves de rapina como a aguia imperial ibérica ou o voitre negro, entre outras.

A proximidade a Madrid (60 km) desta serra fixo que teña un papel importante na historia de España e que hoxe sexa atravesada por bastantes portos e vías ferroviarias. Desde o monte da Almenara, en Robledo de Chavela, por exemplo, durante a invasión musulmá os árabes acendían laradas para avisar a Madrid de que se achegaban tropas cristiás.

Estas montañas teñen unha grande afluencia de xente, o que fai que as infraestruturas para o turismo e os deportes de montaña estean moi desenvolvidas. Esta afluencia ten un impacto ambiental na serra.[Cómpre referencia]

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy