Sharice Davids
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1980 (44 anos) Frankfurt, Alemaña |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
3 de xaneiro de 2021 – Lexislatura: 117º Congresso dos Estados Unidos (pt) Circunscrición electoral: Kansas's 3rd congressional district (en) | |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
3 de xaneiro de 2019 – 3 de xaneiro de 2021 Lexislatura: 116º Congresso dos Estados Unidos (pt) Circunscrición electoral: Kansas's 3rd congressional district (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Cornell - Juris Doctor Leavenworth High School (en) Cornell Law School (en) University of Missouri–Kansas City (en) Johnson County Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada, loitadora de artes marciais mixtas |
Partido político | Partido Demócrata |
Deporte | artes marciais mixtas |
Premios | |
| |
Sitio web | shariceforcongress.com |
Sharice Lynnette Davids,[1] nada en Frankfurt o 22 de maio de 1980, é unha avogada, exloitadora de artes marciais mixtas e política estadounidense do pobo ho-chunk que serve como o Representante de Kansas no 3º distrito dende 2019.[2] Membro do Partido Demócrata, representa un distrito que inclúe a maioría da área metropolitana de Kansas City, incluíndo cidades como Kansas City, Overland Park, Prairie Village, Leawood, Lenexa e Olathe.
Elixida nas eleccións de 2018, Davids converteuse na primeira demócrata elixida como representante dun distrito de Kansas nunha década.[3] Davids é a primeira persoa nativa americana abertamente LGBT en ser elixida para o Congreso dos Estados Unidos de América, a primeira persoa abertamente lesbiana elixida para o Congreso por Kansas, e unha das dúas mulleres nativas americanas elixidas no Congreso, xunto con Deb Haaland de Novo México.[4][5][6] Derrotou a Kevin Yoder nas eleccións de 2018. É a segunda persoa nativa americana en representar a Kansas no Congreso, despois do republicano Charles Curtis. No ano 2020, Davids foi a única demócrata da delegación de Kansas no Congreso. En marzo de 2021, converteuse na única demócrata nativa americana, logo da renuncia de Deb Haaland para converterse en Secretaria de Interior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sharice, Davids. "When the coronavirus hit and our economy slowed, Kansas businesses took a hit. Yet Wall Street's booming. It shows the deck is stacked. That's why I'm working to get COVID aid to small businesses, keeping Kansans on the job.". Twitter (en inglés). Consultado o 2020-09-14.
- ↑ "Missouri Bar 2010 Admittees" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Lowry, Brian (15 de abril de 2019). "'Not a showoff.' Sharice Davids' quiet approach endears her to Democratic leaders." The Kansas City Star. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ Watkins, Eli (7 de novembro de 2018). "First Native American women elected to Congress: Sharice Davids and Deb Haaland". CNN.
- ↑ Lowry, Bryan; Bergen, Katy (6 de novembro de 2018). "Sharice Davids makes history: Kansas' 1st gay rep, 1st Native American woman in Congress". The Kansas City Star. Consultado o 7 de novembro de 2018.
- ↑ "CNN.com – Transcripts". Transcripts.cnn.com. 23 de agosto de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sharice Davids |