Saltar ao contido

Shenzhen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaShenzhen
深圳 (zh) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°32′06″N 114°03′14″L / 22.535, 114.054
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaProvincia de Cantón Editar o valor en Wikidata
CapitalDistrito de Futian (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.628.900 (2013) Editar o valor en Wikidata (5.321,71 hab./km²)
Lingua oficiallingua chinesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.997,27 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1979 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoShenzhen Municipal People's Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataChen Rugui (en) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoShenzhen Municipal People's Congress (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal518000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico755 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websz.gov.cn Editar o valor en Wikidata

Shenzhen (en chinés: 深圳; pinyin: Shēnzhèn) é unha cidade de China que linda polo sur con Hong Kong, na beira oriental do Delta do Río das Perlas. Esa estratéxica situación foi a causa de que en 1979 fose escollida coma primeira Zona Económica Especial, coa que as autoridades chinesas comezaron a abrir a economía do país ao capitalismo.

O éxito ten sido tal que, dunha pequena poboación pesqueira, en trinta anos converteuse nunha das maiores metrópoles do mundo, cunha poboación real estimada de máis de doce millóns de habitantes.

Aínda que o seu nome aparece xa en tempos da dinastía Ming, en 1410, Shenzhen non foi máis que unha pequena vila pesqueira ata 1979 [1]. Nese ano, as autoridades chinesas escolleron a súa situación privilexiada ao norte de Hong Kong, para iniciar unha apertura do país os investimentos estranxeiros a través das chamadas Zonas Económicas Especiais, das que Shenzhen sería o primeiro exemplo [2].

Enclavada xusto no van do ferrocarril, que dende Hong Kong vai cara ao norte, sobre o río que fai de fronteira cos Novos Territorios, o homónimo río Shenzhen, o distrito xa construído era o da estación (dende 1911), Luohu [3].

En 1980 iniciáronse as obras da cidade moderna [4]. Unha primeira extensión do distrito de Luohu (Primeiro Plan Mestre, 1982) faise pronto insuficiente [5][6].

A partir de 1986, un Segundo Plan Mestre ordena a expansión da cidade cara ao oeste (distrito de Futian), onde hoxe se planifica o centro dos negocios da actual metrópole [7][8][9][10].

E novamente, no ano 2000 aprobouse o Terceiro Plan Mestre, co desenvolvemento de toda a faixa costeira e o interior dos límites municipais, xa coas infraestruturas dunha grande urbe: porto en Nantou (Nanshan), aeroporto, autoestradas, metro conectado co de Hong Kong.[11][12].

O crecemento ten sido tan abraiante que non hai precedentes na historia moderna, acuñando o termo "velocidade de Shenzhen" (duns miles de habitantes a máis de dez millóns en trinta anos). Pero aínda continúa e os estudosos pregúntanse se resultará sostible. A máis estase comezando a falar dunha posible integración entre Shenzhen e Hong Kong que competiría coas metrópoles globais do planeta (Nova York, Londres, París, Toquio). E sen esquecer o contexto do Delta do Río das Perlas, coa contigüidade polo norte de Dongguan (máis de seis millóns de habitantes) e Cantón, que pon no futuro unha das megalópoles punteiras (a fábrica do mundo neste tempo).

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2009. 
  2. [1][Ligazón morta]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2009. 
  4. [2]
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2012. 
  6. [3]
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xullo de 2009. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2012. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xullo de 2009. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 07 de setembro de 2011. 
  11. [4]
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy