Saltar ao contido

Sono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bebé de sono

O sono é o proceso polo que os seres humanos e outros animais descansan periodicamente. O ciclo do sono fórmase por catro estadios e dura preto de noventa minutos (pode chegar a 120 minutos). Este ciclo repítese catro ou cinco veces durante o sono.

Cando se dorme, pérdense os sentidos na seguinte orde: visión, padal, olfacto, audición e tacto. O tacto é o sentido que esperta máis doadamente, é o vixía do corpo adormecido. Á hora de acordar, os sentidos retornan coa seguinte orde: tacto, audición, visión, padal e olfacto.

O período máis longo que unha persoa conseguiu ficar sen durmir foi de, aproximadamente, doce días. Napoleón Bonaparte durmía catro horas por noite, e en troques, Albert Einstein precisaba de dez horas de sono.

Introdución

[editar | editar a fonte]

Pode definirse sono como "un período de repouso para o corpo e a mente, durante o cal a volición e a consciencia están en inactividade parcial ou completa" (Dorland citado por Roper; Logan; Tierney, 1993, 466). Xa Friedman (1995, 1827), define sono como "o desencadear deliberado dunha alteración ou redución do estado consciente, que dura, de media 8 horas (...) tendo o seu inicio normalmente tódolos días á mesma hora, e (...) resultando del, xeralmente, unha sensación de enerxía física, psíquica e intelectual restablecida". Existen varias definicións de sono presentadas por diferentes autores, e no xeral compleméntanse unhas ás outras.

De acordo con Fontaine, Briggs e Pope-Smith (2001), o sono é importante para a recuperación da doenza, en canto que a privación deste pode afectar a rexeneración celular así como a total recuperación da función inmunitaria.

O sono divídese en dous estadios fisioloxicamente distintos, REM (Rapid Eye Movement ou Movemento Rápido dos Ollos) e NREM (Non Rapid Eye Movement ou Movemento Non Rápido dos Ollos).

O sono REM

[editar | editar a fonte]
Un cativo durmindo

O sono REM, caracterízase por unha intensa actividade rexistrada no electroencefalograma (EEG) seguida por flaccidez, parálise funcional, dos músculos esqueléticos. Nesta fase a actividade cerebral é semellante ao estado de vixilia. Deste modo, o sono REM é tamén denominado por varios autores como sono paradoxal podendo mesmo falarse de estado disociativo.

Nesta fase do sono, a actividade onírica é intensa, sendo sobre todo soños coloridos acerca de situacións emocionalmente moi fortes.

É durante esta fase cando facemos integración da actividade cotiá, isto é, a separación do trivial do importante. Este representa o 20 a 25% do tempo total de sono e xorde en intervalos de 60 a 90 minutos. Esta fase é esencial para o benestar físico e psicolóxico do individuo.

O sono NREM

[editar | editar a fonte]

A fase NREM ocupa cerca do 75% do tempo do sono e divídese en catro períodos distintos coñecidos como estadios 1, 2, 3 e 4.

Estadio 1

[editar | editar a fonte]

O estadio 1 comeza cunha somnolencia. Dura aproximadamente cinco minutos. A persoa adormece. É caracterizado por un EEG semellante ao estado de vixilia. Este estadio ten unha duración de 1 a 2 minutos, estando o individuo facilmente espertable. Durante este estadio predominan sensacións de vagueo, pensamentos incertos, mioclonías das mans e dos pés, lenta contracción e dilatación pupilar. Nesta fase, a actividade onírica está sempre relacionada con acontecementos vividos recentemente.

Estadio 2

[editar | editar a fonte]

A persoa xa dorme, mais aínda non profundamente. Dura en torno a quince minutos. O estadio 2 ten unha duración aproximada de 5 a 15 minutos. Caracterízase por un EEG con frecuencias de ondas máis lenta, aparecendo o "complexo K". Nesta fase, os espertares por estimulación táctil, fala ou movementos corporais son máis difíciles do que no anterior estadio. Aquí a actividade onírica xa pode xurdir baixo a forma de soños cunha historia integrada.

Estadio 3

[editar | editar a fonte]

O estadio 3 e 4 teñen moitas semellanzas entre si, de aí o seren case sempre asociados en termos bibliográficos cando se caracterizan. Nestas fases, os estímulos necesarios para acordar son maiores. Do estadio 3 ao estadio 4 vai aumentando a dificultade de espertar. Este estadio ten unha duración de aproximadamente 15 a 20 minutos.

Estadio 4

[editar | editar a fonte]

Son corenta minutos de sono profundo. É moi difícil espelir a alguén nesa fase de sono. Despois, a persoa retorna ao terceiro estadio (cinco minutos) e ao segundo estadio (máis quince minutos). Entra, entón, no sono REM.

Este estadio NREM do sono caracterízase pola secreción da hormona do crecemento en grandes cantidades promovendo a síntese proteica, o crecemento e reparación tecidular, inhibindo, así, o catabolismo (cf. Bolander, 1998). O sono NREM desempeña, así, un papel anabólico, sendo esencialmente un período de conservación e recuperación de enerxía física.

O ciclo do sono

[editar | editar a fonte]

Un ciclo do sono dura cerca de 90 minutos, ocorrendo catro a cinco ciclos de sono nun período de sono nocturno.

Segundo Lavie (1998, 45), o número de ciclos por noite depende do tempo do sono, engadindo, aínda, que "o sono dunha persoa nova está, habitualmente, composto por catro ou cinco deses ciclos, en canto que o dunha persoa máis vella terá menos". De aí podemos deducir que o número de ciclos por noite nun individuo depende de factores como a idade.

Nos primeiros ciclos do sono, os períodos de NREM (máis concretamente o estadio 3 e 4) teñen unha duración maior có REM. Á medida que o sono vai progresando, os estadios 3 e 4 comezan a acurtarse e o período REM comeza a aumentar.

Na primeira parte do sono predomina o NREM, sendo os períodos REM máis duradeiros na segunda metade.

Factores do ambiente que interferen no sono

[editar | editar a fonte]

Segundo Phipps (1995) o sono é unha das moitas ocorrencias biolóxicas que ten lugar á mesma hora, cada 24 horas. Este márcase por unha intensa actividade cerebral e pola ocorrencia de determinadas funcións que son moi importantes para o organismo.

A necesidade diaria de sono varía, non só de individuo para individuo (variación inter-individual), senón tamén no mesmo individuo (variación intra-individual) de día para día. Existen varios factores que contribúen á alteración do padrón de sono, considerados factores físicos, socio-culturais, psicolóxicos, ambientais etc. Segundo un estudo efectuado por DLIN e colaboradores (citados por Thelan, 1996), dentro dos factores ambientais temos:

O ruído pode ser visto como un perigo ambiental que crea desconforto e pode interferir co sono e repouso do doente, unha vez que activa o sistema nervioso simpático cuxa estimulación é responsable do estado de vixilia ou alerta do individuo.

Moitas son as persoas que presentan un nivel de sensibilidade elevado á luz, sendo por iso facilmente perturbadas durante o sono mesmo que sexa unha luz de pouca intensidade.

Temperatura

[editar | editar a fonte]

É importante que poida existir un maior control sobre a temperatura do ambiente exterior, e que este control se realice de forma coidadosa. Tendo en conta que a temperatura corporal atinxe o seu pico ao final da tarde ou principio da noite e despois vai baixando progresivamente atinxindo o punto máis baixo ao inicio da mañá, unha diminución ou un aumento da temperatura ambiente fai, xeralmente, acordar a persoa ou créalle un certo desconforto que o imposibilita de durmir.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BOLANDER, Verolyn R.: "Necesidades humanas", in BOLANDER, Verolyn R., Sorensen e Luckmann: Enfermaxe fundamental: Abordaxe Psicofisiolóxica, 1ª Edición, Lisboa: Lusodidacta, 1998, ISBN 972-96610-6-5, pp. 307– 327.
  • CRUZ, Armenio Guardado; SILVA, Carlos Fernandes: "Consecuencia do traballo por turnos", en Revista Sinais Vitais, Coimbra, ISN: 0872-8844, N.º 3, 1995 (Maio), pp. 37–42.
  • FONTAINE, D.K., BRIGGS, L. P., POPE-SMITH, B.: "Designing humanistic critical care environments", en Critical Care Nursing Quarterly, Washington, D. C. ISN 0887-9303. 24:3 (Novembro 2002) 21-34.
  • FRIEDMAN, D. B.: "Disturbios do Sono I", in PHIPPS, W. J.: Enfermaxe Médico-Cirúrxíca Conceitos e Prática Clínica. 2ª Edición en Portugués, Lisboa: Lusodidacta, 1995, ISBN 972-96610-6-5, pp. 1827–1843.
  • LAVIE, Peretz: O Mundo Encantado do Sono, Lisboa: Climepsi Editores, 1998, ISBN 972-8449-10-0, 255 p.
  • PHIPPS, W. J. et al.: Enfermaxe Médico-Cirúrxíca Conceitos e Prática Clínica. 2ª Edición en Portugués, Lisboa: Lusodidacta, 1998, ISBN 972-96610-6-5, pp. 2389–2391.
  • ROPER, N.; LOGAN, W.W., TIERNEY, A. J.: Modelo de Enfermaxe, 3ª Edición, Alfraxide: Editora McGraw-Hill de Portugal, 1995, pp. 396–415.
  • THELAN, Lynne A. et. al.: Enfermaxe en Cuidados Intensivos, Diagnóstico e Intervención, 2ª Edición, Lisboa: Lusodidacta, 1996, ISBN 972-96610-2-2, pp. 137–156.
  • VEIGA, José Manuel: "Cuidados de Enfermaxe no Sono", en Revista Sinais Vitais, Coimbra, ISN: 0872-8844, N.º 3, 1995 (Maio), pp. 33–36.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy