Sueste asiático
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Asia | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Comparte fronteira con | Asia Oriental Asia Meridional | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Atravesa | Vietnam, Laos, Camboxa, Tailandia, Myanmar, Malaisia, Singapur, Filipinas, Indonesia, Timor Leste, Papúa Nova Guinea, Taiwán, República Popular da China, India, Sri Lanka, Australia, Palau, Estados Unidos de América e Bangladesh | ||||
Superficie | 4.500.000 km² | ||||
O Sueste Asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.
Características
[editar | editar a fonte]O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.
En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: a China e a India. Deles houbo influencias de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas con grandes achegas do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a introdución do islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Balí, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.
Países
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sueste asiático |