Saltar ao contido

Theta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra theta.

Theta é a oitava letra do alfabeto grego (θῆτα). Na pronunciación erasmista equivale ao /θ/, o primeiro son de zapato no galego non seseante, na pronunciación orixinal correspondíase cunha oclusiva dental xorda aspirada /tʰ/, que posteriormente evolucionou á fricativa /θ/. Minúscula θ, maiúscula Θ. Adoita transcribirse como t. Provén da letra do alfabeto fenicio ţēt, que representaba unha alveolar xorda enfática; ao non existir en grego un son tal, aproveitouse o signo para a representación da aspirada dental. Como signo numérico representaba o nove. En maiúscula serve tamén para designar o oitavo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o oitavo da Odisea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy