Tirreno-Adriático
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | RCS MediaGroup (pt) |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1966 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tirrenoadriatico.it |
A Tirreno-Adriático é unha carreira ciclista que se disputa cada ano no mes de marzo en terras italianas. Trátase dunha carreira de sete tiradas, que percorre un traxecto que vai dende as costas do Mar Tirreno ás costas do Mar Adriático, polo que se lle chama "a carreira dos dous mares". Está considerada por moita xente como a segunda carreira por tiradas máis importante de Italia, por detrás do Giro de Italia.
A proba foi creada no ano 1965 e ten moito prestixio, de xeito que está incluída no calendario internacional do UCI ProTour.
É moi habitual que o gañador da Tirreno-Adriático se impoña ós demais corredores por uns poucos segundos de vantaxe, as mais das veces froito das bonificacións que se acadan nas chegadas á meta en cada tirada. Ten pasado mais dunha vez que en tódalas tiradas se chegue ao sprint e polo tanto o gañador da proba sexa o esprinter que gañou mais tiradas, ou sexa, o que acadou mais segundos de bonificación nas chegadas a meta.
A maioría dos anos hai unha tirada que remata na localidade de Macerata, na cal hai unha longa costa cunha inclinación ata do 21%, na que de cando en vez algún ciclista ten acadado a vantaxe definitiva para vencer na proba.
A carreira remata sempre na localidade de San Benedetto del Tronto, na provincia de Ascoli Piceno.
Gañadores
[editar | editar a fonte]O ciclista que máis veces gañou a Tirreno-Adriático foi o clasicómano belga Roger De Vlaeminck, quen acadou a vitoria seis anos seguidos entre 1972 e 1977.