Saltar ao contido

Urbano III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Urbano III»)
Modelo:BiografíaUrbano III, papa

(década de 1200) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Urbanus PP. III Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoPrimeira metade século XII Editar o valor en Wikidata
Cuggiono, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1187 Editar o valor en Wikidata
Ferrara, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFerrara Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
172º Papa
2 de decembro de 1185 – 20 de outubro de 1187 (Gregoriano)
← Lucio IIIGregorio VIII →
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) Traducir
9 de maio de 1185 –
← Algisio da Pirovano (en) TraducirMilone da Cardano (en) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Vercelli (en) Traducir
decembro de 1182 –
← Eusebio de VercelliAlberto de Jerusalém (pt) Traducir →
Diocese: diocese of Vercelli (en) Traducir
Cardeal
setembro de 1173 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sacerdote católico, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCrivelli (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesCelestino IV, sobriño neto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Urban III. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1616519 WikiTree: Crivelli-24 Find a Grave: 8815197 Editar o valor en Wikidata

Urbano III, nado como Uberto Crivelli en Cuggiono cara a 1120 e finado en Ferrara o 20 de outubro de 1187, foi o Papa número 172 da Igrexa católica entre 1185 e 1187.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado cardeal en 1182 e arcebispo de Milán en 1185. O 25 de novembro dese mesmo ano faleceu o pontífice Lucio III, e ese mesmo día foi elixido papa, sendo consagrado o 1 de decembro.

O seu pontificado, de apenas dous anos, estivo centrado no enfrontamento co emperador Frederico I motivado pola intención deste de recuperar a súa influencia en Italia perdida en 1176 trala derrota sufrida polo emperador xermano na batalla de Legnano.

Frederico I fixou o seu obxectivo no control do reino normando de Sicilia, servíndose da voda acontecida o 4 de xaneiro de 1186 entre seu fillo Henrique con Constanza, herdeira da coroa siciliana ao non ter descendencia seu sobriño e rei Guillerme II de Sicilia. Con este matrimonio o papado perdeu o apoio que como estado vasalo da Santa Sé recibía do Reino de Sicilia, ademais de verse ameazado tamén desde o sur polo imperio xermánico.

Urbano III rompeu as relacións con Frederico I e negouse ao desexo deste de ver coroado, antes de morrer, a seu fillo Henrique coma emperador. A cerimonia, non obstante, levouse a cabo ao substituír o emperador como oficiante da mesma ao Papa polo patriarca de Aquilea.

Ante esta ofensa, o Papa excomungou ao patriarca e aos bispos que interviñeran na cerimonia, nomeando arcebispo de Tréveris ao candidato vetado polo emperador, quen en resposta fixo que seu fillo Henrique ocupase os Estados Pontificios. O Papa ameazou ao emperador coa excomuñón, pero finalmente ante a falta de apoio dos bispos alemáns, viuse obrigado a ceder na reunión mantida en Gelnhausen.

Esta derrota moral, xunto coa noticia da derrota sufrida na batalla de Hattin e que comportou a perda de Xerusalén, afectaron á saúde de Urbano, que faleceu en outono de 1187.

As profecías de San Malaquías refírense a este Papa como Sus in cribo (O porco pola criba), cita que fai referencia ao seu apelido, (crivelli = "criba"), e a que no seu escudo de armas aparece un porco.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy