Vicente Sierra Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Pontecesures, España |
Morte | 19 de xuño de 1981 (80/81 anos) Pontecesures, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Republicano Radical 1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Premios | |
Vicente Sierra Martínez, nado en Pontecesures en 1900 e finado no mesmo concello o 19 de xuño de 1981,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en dereito, traballou como avogado do Estado na Subdelegación de Facenda de Vigo. Como político, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Radical nas eleccións xerais de 1933.
Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Civil en 1970.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Luisa Docet Ríos e foi pai de Vicente, María del Pilar, José Luis, María Luisa e María Guadalupe Sierra Docet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1981, p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vicente Sierra no MEH[Ligazón morta]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Condecoración no BOE