Wayne Rooney
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Wayne Rooney, nado en Croxteth, preto de Liverpool, o 2 de outubro de 1985, é un exfutbolista e adestrador inglés, actual adestrador do DC United dende 2022. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Manchester United, co que marcou 253 goles en 559 partidos. Foi 120 veces internacional coa selección de Inglaterra, coa que anotou 53 goles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogador de club
[editar | editar a fonte]Rooney comezou a súa carreira no Everton Football Club, e despois de dúas tempadas asinou co Manchester United por 25'6 millóns de libras. Dende entón acadou 4 Premier Leagues, 3 Carling Cups, 4 Community Shields, 1 Liga de Campións da UEFA e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA. A pesar de ser un dianteiro goleador, nunca gañou a Bota de Ouro da Premier League.
Xogador de selección
[editar | editar a fonte]Coa selección inglesa debutou en 2003, e despois disputou a Eurocopa de Portugal 2004 (4 goles), o Mundial de Alemaña 2006 (0 goles), e o Mundial de Suráfrica 2010 (0 goles), caendo sempre en cuartos ou en oitavos de final.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1985
- Nados en Liverpool
- Ingleses de ascendencia irlandesa
- Dianteiros de fútbol
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas de Inglaterra
- Xogadores do Everton FC
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores da Major League Soccer
- Xogadores do DC United
- Xogadores do Derby County FC
- Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Adestradores de fútbol de Inglaterra
- Adestradores do D.C. United