Saltar ao contido

White Collar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

White Collar
XéneroProcedimental policíaco
Comedia dramática
Creado porJeff Eastin
IntérpretesMatt Bomer
Tim DeKay
Willie Garson
Marsha Thomason
Tiffani Thiessen
Hilarie Burton
Sharif Atkins
Natalie Morales
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios81
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jeff Eastin
Localización(s)Nova York
CámaraMulticámara
Duración42 minutos
DistribuidorFox Television Studios
Jeff Eastin e Warrior George Productions
Emisión orixinal
Canle de orixeUSA Network
Formato de imaxe1080i (HDTV)
Formato de sonDolby Digital 5.1
Primeiro episodio23 de outubro de 2009
Derradeiro episodio18 de decembro de 2014
Na rede
http://www.usanetwork.com/series/whitecollar/
IMDB: tt1358522 Allocine: 5822 Rottentomatoes: tv/white_collar Metacritic: tv/white-collar TV.com: shows/white-collar
Facebook: whitecollar Twitter: White_CollarTV Netlix: 70166091 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

White Collar é unha serie de televisión da canle estadounidense USA Network creada por Jeff Eastin e protagonizada por Matt Bomer coma o convicto Neal Caffrey e Tim Dekay como o axente especial Peter Burke. Emitiuse por primeira vez o 23 de outubro de 2009. En decembro dese mesmo ano White Collar foi renovada por unha segunda temporada que comezou o 13 de xullo do 2010. En 2010, a USA Network renovou a serie por unha terceira tempada que constou de 16 episodios que comezaron a emitirse o 7 de xuño de 2011.[1] A serie foi renovada por unha cuarta temporada o 25 de agosto de 2011, que se estrenou o 10 de xullo do 2012.[2][3] O 25 de setembro, a serie foi renovada por unha quinta temporada doutros 16 episodios.[4]

Neal Caffrey, un convicto, falsificador e ladrón, é capturado tras escapar do FBI durante tres anos. Faltándolle só uns meses para rematar de cumprir unha condena de catro anos, escapa dunha prisión federal de máxima seguridade para atoparse con Kate, a súa moza. Peter Burke, o axente do FBI que inicialmente capturou a Caffrey, atópao e lévao de volta ao cárcere. Esta vez, Caffrey dálle a Burke información sobre probas atopadas doutro caso, pero a cambio desta información pídelle que teña unha reunión con el. Neste encontro, Caffrey proponlle un trato: el axudaríalle a coller outros criminais sempre e cando que se lle concedese o terceiro grao. A través da captura con éxito de varios ladróns de guante branco, Caffrey demóstralle a Burke que ten verdadeira intención de axudalo e que non tratará de escapar outra vez. Este é o comezo dunha asociación pouco convencional, pero que resultará ter éxito.

Protagonistas

[editar | editar a fonte]
  • Matt Bomer é Neal Caffrey. Un experto falsificador e ladrón que foi metido no cárcere tras ser capturado polo axente especial Peter Burke. Neal escapa da prisión co fin de atopar a súa moza, pero volve ser capturado rapidamente por Peter. Neal propón converterse no consultor do FBI, quedando libre coa condición de que leve un localizador no nocello para poder monitorizar os seus movementos. Neal ten un considerable coñecemento sobre historia, xoias, viño e arte (literatura, pinturas occidentais, teatro e ópera). Porén, na segunda tempada desvélase que nunca se chegou a graduar. A pesar de ter a oportunidade de forxarse unha vida honesta, a miúdo bota de menos a antiga, o que fai que teña que elixir continuamente entre unha e outra.
  • Tim DeKay é o axente especial Peter Burke. Unha persoa traballadora e un axente honesto do FBI, é o xefe do equipo de investigación no que Neal traballa. A súa capacidade de predicir as accións de Neal permítelle capturalo, unha habilidade que emprega tamén con outros criminais. Está moi comprometido co seu matrimonio e gústalle a súa vida doméstica. Peter é a persoa na que máis confía Neal, e por iso está decidido a convencelo de que unha vida honesta é posible.
  • Tiffani Thiessen é Elizabeth Burke. Unha organizadora de eventos e a muller de Peter. Sempre se mostra comprensiva co traballo do seu marido, que comporta estar moitas horas fóra da casa, e supón un grande apoio para el. Coa súa intelixencia, Elizabeth adoita comentar con Peter os seus casos policiais, e ás veces fai unha gran contribución para poder resolvelos. Por outra parte, admira o refinamento de Neal, e tende a ver o bo que hai nel cando Peter non é capaz de facelo.
  • Willie Garson é Mozzie. Outro estafador e íntimo amigo de Neal. Mozzie, máis coñecido como Moz, é o máis leal confidente de Neal. Abandonado cando só era un bebé, creceu nun orfanato de Detroit, onde rapidamente aprendeu a ser un estafador. A pesar de carecer do don de xentes que ten Neal, resulta ser un ás en todo tipo de negocios e ten unha memoria eidética. Mozzie criouse en casas de acollida. Pasa por unha época na que lle custa confiar en Peter, e polo tanto chámalle "The Suit" (O traxado), pero aínda así ás veces axúdao coas súas investigacións. Tamén é un teórico da conspiración, ata tal punto que o só feito de poñer un pé nas oficinas do FBI dálle auténtico pánico.
  • Hilarie Burton é Sara Ellis. Investigadora dunha compañía de seguros que testifica contra Neal cando este está nun xuízo por roubar un cadro de Rafael. Aínda que nun principio está decidida a atrapar a Neal para volvelo meter no cárcere, ao final gústalle traballar con el. Ademais, tamén axuda na investigación da caixa de música. Durante esta investigación, ela e Neal comezan a saír xuntos, pero a relación complícase coa chegada de Alex, unha amiga do pasado e ex-amante de Neal.
  • Marsha Thomason é a axente especial Diana Berrigan. Antes axente en período de proba a cargo de Peter, Diana asiste ao primeiro caso de Peter e Neal xuntos. Transferida a Washington, D.C. tras terminar o seu período de proba, máis tarde regresa ao equipo de investigación de Nova York.
  • Sharif Atkins é o axente especial Clinton Jones. Home de confianza de Peter, é o responsable de levar a cabo varias tarefas, tales como montar dispositivos de vixilancia, durante as investigacións do equipo. Tanto el coma a axente Berrigan son a man dereita do axente especial Burke. A miúdo, o seu xefe ordénalle que vixíe a Neal, e iso fastídialle moito. A pesar do traballo que Neal lle supón, agradece as súas contribucións ao equipo, aínda que estas sexan pouco ortodoxas.
  1. "USA renews Royal Pains, White Collar and Psych". Reuters. 27 de setembro de 2010. Consultado o 28 de setembro de 2010. 
  2. "White Collar Nabs Season 4 Renewal". TVLine. 25 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 25 de agosto de 2011. 
  3. "Shows A-Z – white collar on usa". The Futon Critic. Consultado o 17 de abril de 2012. 
  4. Andreeva, Nellie (25 de setembro de 2012). "USA’s ‘Royal Pains’, ‘White Collar’ & ‘Covert Affairs’ Renewed". Deadline Hollywood. Consultado o 25 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy