William Adam (arquitecto)
Retrato de William Adam por William Aikman (1727) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1689 Kirkcaldy, Fife, Escocia |
Morte | 24 de xuño de 1748 Edimburgo |
Lugar de sepultura | Greyfriars Kirkyard (pt) |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, arquitecto e empresario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Robertson (1716–) |
Fillos | William Adam, Margaret Adam, Susannah Adam, Janet Adam, Helen Adam, Mary Adam, John Adam (arquiteto), Robert Adam, James Adam |
Pais | John Adam e Helen Cranstoun |
William Adam, nado en 1689 en Kirkcaldy, Fife, Escocia, e finado en Edimburgo o 24 de xuño de 1748, foi un canteiro, arquitecto e empresario escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adam foi o arquitecto máis importante do seu tempo en Escocia,[1][2] xa que deseñou e construíu numerosas casas de campo e edificios públicos e, frecuentemente, participou máis como contratista que como arquitecto.
Entre as súas obras máis coñecidas están a Casa Hopetoun, preto de Edimburgo, e a Casa Duff en Banff.
O seu estilo exuberante e individual de construción en estilo palladiano, pero con detalles barrocos inspirados por John Vanbrugh e a arquitectura continental europea.
No século XVIII Adam estaba considerado como o «arquitecto universal» (Universal Architect en inglés) de Escocia.[3]
Porén, desde o século XX, os críticos de arquitectura adoptaron unha postura máis moderada: Colin McWilliam, por exemplo, buscou a calidade da súa obra «ao variar a un grao extremo».[1]
Ademais de ser un arquitecto, Adam participou en varios esquemas empresariais de mellora industrial, entre elas a minaría do carbón, extracción de sal, canteiras de pedra e muíños.
En 1731 comezou a construír a súa propia propiedade en Kinross-shire, que el nomeou "Blair Adam".
Foi o pai de tres arquitectos: John, Robert e James; os dous últimos foron os creadores do «estilo Adam».[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa Duff
-
Deseño do Wanstead
-
Ponte de Wade, Aberfeldy, Perthshire, Escocia
-
Casa Hopetoun
-
Antiga igrexa parroquial de Hamilton, South Lanarkshire, Escocia
-
O pabellón de caza do duque de Hamilton, South Lanarkshire, Escocia
-
The Auld Hoose do Robert Gordon's College, Aberdeen, Escocia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 McWilliam 1978, p. 57.
- ↑ Glendinning et al. 1999, p. 48.
- ↑ John Clerk de Eldin foi o primeiro en usar o termo Universal Architect para describir a Adam, na súa obra inédita Life of Robert Adam. Gifford (1990) p. 1.
- ↑ Rykwert, et al. 1985.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Adam |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colvin, Howard (1978): A Biographical Dictionary of British Architects, 1600–1840, John Murray.
- Donaldson, Peter R. (1996). "Conservation Case Study: The Duff House Project". Architectural Heritage VI: 33—48.
- Dunbar, John (1978): Architecture of Scotland (2ª edición). B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1142-2.
- Fleming, John (1962): Robert Adam and His Circle, John Murray.
- Friedman, Terry (1990). "Mr Inigo Pilaster and Sir Christopher Cupolo: On the Advantages of Architectural Farrago". Architectural Heritage I: 33—48.
- Gifford, John (1989): William Adam 1689–1748. Mainstream Publishing / RIAS.
- Gifford, John (1990). "William Adam and the Historians". Architectural Heritage I: 33—48.
- Gifford, John (1992): The Buildings of Scotland: Highlands and Islands, Penguin.
- Glendinning, Miles; McKechnie, Aonghus & McInnes, Ranald (1999): Building a Nation: The Story of Scotland's Architecture. Canongate. ISBN 0-8624-1830-5.
- Glendinning, Miles & McKechnie, Aonghus (2004): Scottish Architecture. Thames and Hudson. ISBN 0-5002-0374-1.
- Hannah, Ian C. (1988): The Story of Scotland in Stone (2ª edición). Strong Oak Press. ISBN 1-8710-4805-2.
- McKean, Charles (2004): The Scottish Chateau, Sutton Publishing. ISBN 0-7509-3527-8.
- McWilliam, Colin (1978). The Buildings of Scotland: Lothian (except Edinburgh), Penguin.
- Rykwert, Joseph & Rykwert, Anne (1985): The Brothers Adam – The Men and the Style. Collins. ISBN 0-0021-7509-6.
- Walker, Frank Arneil (2000): The Buildings of Scotland: Argyll and Bute, Penguin.