Willis Haviland Carrier
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1876 Angola, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 7 de outubro de 1950 (73 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Cemetery (en) |
Educación | Universidade Cornell Cornell University College of Engineering (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Aire acondicionado |
Ocupación | inventor, empresario, enxeñeiro, técnico |
Familia | |
Pais | Duane Williams Carrier e Elizabeth R. Haviland |
Premios | |
| |
Willis Haviland Carrier, nado en Angola, estado de Nova York, o 26 de novembro de 1876 e finado na cidade de Nova York o 7 de outubro de 1950, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido por ser quen inventou o aire acondicionado. É considerado en certo modo responsábel do auxe económico do suroeste estadounidense, xa que a súa invención significou que a xente podía moverse nas áreas previamente consideradas inhabitábeis nos meses do verán.