Saltar ao contido

Xénero literario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os xéneros retóricos

[editar | editar a fonte]

Ata a fin da idade media, a retórica coñeceu tres xéneros definidos polas súas motivacións:

  • o xudiciario, co que se trata de acusar ou de defender.
  • o deliberativo, onde se trata de persuadir ou disuadir.
  • o demostrativo, co que se trata de eloxiar ou censurar.

A historia dos xéneros clásicos foi rastrexada minuciosamente por Gerard Genette no Introdución ó Arquitexto (1979). Genette estráñase de que esta clasificación puidese sobrevivir no esencial durante tantos anos cando contradí de forma manifesta a súa base. O avogado que acusa ou defende non pode facelo sen persuadir e sen eloxiar ou censurar. Os teóricos franceses do século XVII e XVIII recoñecen este estado do asunto e alertan de que os xéneros tenden a prestarse un apoio mutuo. Un sermón, por exemplo, pode alternar entre deliberativo e demostrativo. A aplicación desta teoría ás obras literarias presentaba aínda maiores problemas aínda que ofrecía, en contrapartida, a comodidade de tomar como base a existencia de tres funcións lingüísticas (incitar, persuadir e conmover) que certamente recubrían os nomes dos tres xéneros.

Os xéneros como estrutura piramidal

[editar | editar a fonte]

Ó longo do século XIX e durante a primeira metade do século XX, a estrutura piramidal domina a concepción do xénero, organizado en subxéneros compostos por varias especies de textos, que á súa vez comprenderían varias outras subespecies. Esta terminoloxía iría acompañada dos conceptos de paraxéneros (ó lado da novela, o relato breve e o conto) e de superxéneros (o lirismo ou o teatro, por exemplo).

Os xéneros como esquemas de comunicación

[editar | editar a fonte]

Henri Bonnard é partidario de falar dos xéneros como de categorías que existen nunha época dada nun certo número e que poden ser clasificados atendendo ós diversos factores non xerarquizados que interveñen no esquema da comunicación:

  • canal: oral (conferencia, discurso...) ou escrito (carta, novela...), con canal visual asociado (teatro, cine...)
  • Código: prosa ou verso; con música asociada (canción...)
  • Emisor: escritor como axente da acción (memorias...), narrador (novela, relato histórico); escritor falando no seu nome (poema lírico) ou facendo falar os personaxes (teatro)
  • Receptor: particular (carta), colectivo en asemblea (discurso), conxunto anónimo e ilimitado de lectores (libro) ou de auditores (drama, canción).
  • Situación: actual (panfleto, crítica), pasada (novela histórica), futura (ciencia ficción), xeral (máxima, proverbio), imaxinaria (conto), exótica, rexional, tráxica, cómica...
  • Motivación: incitador (manifesto, publicidade), informativo (reportaxe, relato, poesía didáctica), conmovedor (traxedia, comedia, poesía lírica, sátira, apoloxía, panexírico, epigrama, diatriba...)

Os diferentes xéneros

[editar | editar a fonte]

Velaquí unha lista de xéneros e formas literarias:

Xéneros poéticos

[editar | editar a fonte]

Xéneros teatrais

[editar | editar a fonte]

Xéneros gráficos

[editar | editar a fonte]

Xéneros experimentais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy