Saltar ao contido

Xurxo V de Hannover

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo V de Hannover

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1819 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1878 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacapela de San Xurxo Editar o valor en Wikidata
Monarca
Membro da Cámara dos Lords
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoGovernança (pt) Traducir e música Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hannover (1851–1866)
Londres
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, compositor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe británico
Prince of Hanover (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hannover Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria de Saxe-Altenburg (1843–1878) Editar o valor en Wikidata
FillosErnesto Augusto II de Hanôver, Frederica de Hanôver, Maria de Hanôver Editar o valor en Wikidata
PaisErnesto Augusto I de Hannóver Editar o valor en Wikidata  e Frederica de Mecklenburg-Strelitz Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrederica Guilhermina da Prússia
Carl zu Solms-Braunfels
Frederico da Prússia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMSLP: Category:King_of_Hannover,_George_V WikiTree: Hannover-77 Find a Grave: 44830337 Editar o valor en Wikidata
Xurxo V de Hannover

Xurxo V, Rei de Hannover e 2º duque de Cumberland e Teviotdale, Georg Friedrich Alexander Karl Ernst August , nado en Berlín o 27 de maio de 1819 e finado en París o 12 de xuño de 1878, foi o único fillo do rei Ernesto Augusto I de Hannover, 1º duque de Cumberland, o quinto fillo de Xurxo III do Reino Unido, e da súa muller, a princesa Frederica de Mecklenburgo-Strelitz. Era curmán da raíña Vitoria I. Foi o derradeiro soberano gobernante do efémero reino de Hannover e antecesor da rama xermana da casa de Hannover.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa Alteza Real o príncipe George Frederick Alexander Charles Ernest Augustus, naceu en Berlín. Orixinalmente ostentou o título de príncipe Xurxo de Cumberland e pasou a súa infancia en Berlín e Gran Bretaña. Perdeu a vista dun ollo durante unha enfermidade infantil e a do outro nun accidente en 1833. Despois da morte de Guillerme IV de Inglaterra e o ascenso ao trono da raíña Vitoria I de Inglaterra, a unión persoal de 104 anos dos tronos de Gran Bretaña e Hannover chegou ao seu fin debido á operatividade da lei sálica nos estados xermanos. O duque de Cumberland ocupou entón o trono de Hannover como o rei Ernesto Augusto I e o príncipe Xurxo de Cumberland converteuse en príncipe herdeiro de Hannover. Como descendente lexítimo da liña masculina de Xurxo III, seguiu sendo membro da familia real británica e era o segundo na liña sucesoria ao trono británico até o nacemento do primeiro fillo da raíña Vitoria, a princesa Vitoria, en 1841. Estando totalmente cego, houbo dúbidas sobre a capacidade do príncipe para acceder ao goberno de Hannover; pero o seu pai decidiu que estaba capacitado para o cargo.

Rei de Hannover

[editar | editar a fonte]

O príncipe herdeiro sucedeu ao seu pai como rei de Hannover e duque de Brunswick-Lüneburg, así como duque de Cumberland e Teviotdale, e conde de Armagh o 18 de novembro de 1851, asumindo o nome de Xurxo V. De seu pai e do seu tío materno, o príncipe Charles Frederick de Mecklenburgo-Strelitz (1785—1837), un dos homes máis influentes na corte prusiana, Xurxo aprendeu a ter un moi alto e autocrático punto de vista da autoridade real. Durante o seu reinado de 25 anos, tivo moitas disputas co Landtag de Hannover (o parlamento). Tendo apoiado a Austria na dieta da confederación alemá en xuño de 1866, refusou, contrariamente aos desexos do parlamento, aceptar a demanda prusiana dunha neutralidade sen armas durante a guerra austro-prusiana. Como resultado, o exército prusiano ocupou Hannover e o exército de Hannover rendeuse o 29 de xuño de 1866 e o rei e a familia real voaron cara á Austria. O goberno prusiano anexionou formalmente Hannover o 20 de setembro, pero o deposto rei nunca renunciou aos seus dereitos ao trono nin recoñeceu as accións prusianas. Desde o exilio en Gmunden, Austria, apelou en van aos grandes poderes europeos para que interviñesen nos asuntos de Hannover.

Familia e fillos

[editar | editar a fonte]

Xurxo casou o 18 de febreiro de 19843 en Hannover coa súa alteza real a princesa María de Saxonia-Altenberg (14 de abril de 1818-9 de xaneiro de 1907), a filla máis vella de Josef, duque de Saxonia-Altenberg, e a súa muller, a duquesa Amelia de Württemburg. O matrimonio deu como froito 3 fillos:

O rei Xurxo V morreu en París en xuño de 1878. Foi enterrado na capela de San Xurxo, no castelo de Windsor.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy