Saltar ao contido

cunca

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cunca».
Cunca de ribeiro.
Filón de xeso.

Substantivo feminino

cunca (sg: cunca; pl: cuncas)

  1. Vasilla cóncava empregada para beber líquidos, frecuentemente viño, caldo ou leite.
    • Exemplo: Cunca de moitos, ben lambida e mal lavada.

  2. Cantidade de líquido que ten cabida nesa vasilla.
    • Exemplo: ¿Non queres caldo, ¡pois sete cuncas!

  3. Medida tradicional de superficie, de dimensións variables segundo as zonas.
    • Exemplo: Só tiña catro cuncas, pero resultaban suficientes.

  4. Medida tradicional capacidade para grans, legumes etc, de dimensións variables segundo as zonas.
    • Exemplo: No mercado, as fabas ían a dúas pesetas a cunca.

  5. Cavidade anatómica que acolle cada un dos ollos.
  6. (Xeoloxía) Filón ou grupo de filóns extensos explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e e xeográfica.
  7. (Hidroloxía) Conxunto de espazos e territorios, normalmente vales, drenados por un río e tódolos seus afluentes.
  8. (Hidroloxía) Parte alta do curso dun río, de forma máis ou menos triangular, que reúne as augas mediante unha malla de sucos e regos converxentes.

Locución

Traducións

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy