Cana (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo cana pode referirse en galego a:
Botánica
[editar | editar a fonte]- Cana, cana común (Arundo donax), especie de planta herbácea común en Galicia.
- Cana, en botánica, denominación común de diversas plantas, canaveira, canavela, canivela.
- Cana de azucre, planta herbácea tropical da familia das gramíneas (Saccharum officinarum), cultivada para a obtención do azucre.
- Cana, talo de moitas gramíneas, cilíndrico, oco e con nós, canaveira, canavela, canivela.
- Cana, póla magra dunha árbore.
Obxectos
[editar | editar a fonte]- Cana, instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana. (Cana de pescar).
- Cana, parte da bota, media ou calcetín que cobre o tornecelo ou parte da perna.
- Cana, vara dos foguetes, canaveira, canavela, canivela.
- Cana, ferramenta do oleiro para modelar e alisar, de distinta forma e tamaño segundo a peza que se estea a traballar, canaveira.
- Cana, calquera obxecto, oco e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas, cano, canaveira, canavela, canivela.
Anatomía
[editar | editar a fonte]- Cana, parte interior e mol dos ósos ou dunha árbore, Cana dos ósos, medula.
- Cana, pelo que tornou branco.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Cana, fuste da columna.
Navegación
[editar | editar a fonte]- Cana da áncora, parte da áncora comprendida entre a cruz e o arganeo.
- Cana do remo, parte do remo delgada, longa e arredondada.
- Cana do temón, panca de madeira ou de ferro con que se fai xirar o temón.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]- Cana, doce de forma cilíndrica e alongada.
- Cana, nome que se lle dá á cachaça, aguardente producida a partir da destilación do zume da cana de azucre.
Toponimia
[editar | editar a fonte]- O Souto da Cana, lugar da parroquia de Meá no concello de Mugardos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Caná — vila de Galilea onde Xesús Cristo realizou o seu primeiro milagre.
Campo semántico
[editar | editar a fonte]- Canivela, canavela.
- Canaval, canedo (formación de canas).
- Canastro , un tipo de celeiro: hórreo.
- Canastra (cesto), canastrada (cantidade nun cesto).
- Canizo, caínza cainzada, caínzo, caniza, canizada (cerramentos), castelanizado en cañiza.
- Canastrel, canistrel (cesto, trampa de paxaros).
- Canivete, cano ou caño (tubo).
- Cánabo ou cáñamo (planta).
- Canoto ou cañoto (talo).
- Canón ou cañón (val, arma).
- A Cañiza, Canaval, As Canivelas, Canelas, Canedo etc. (toponimia).