Content-Length: 173401 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Caracalla

Caracalla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Caracalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCaracalla

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMarcus Aurelius Antoninus Basianus
Nome póstumoDivus Antoninus Magnus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Septimius Bassianus Editar o valor en Wikidata
4 de abril de 188 Editar o valor en Wikidata
Lugdunum (Gallia Lugdunensis) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 217 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Haran (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida de arma branca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
198 – 8 de abril de 217
← Septimio SeveroMacrino →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFúlvia Plaucila Editar o valor en Wikidata
ParellaJúlia Soémia
Júlia Ávita Mameia Editar o valor en Wikidata
FillosAurelia Antonina
 () Fúlvia Plaucila
Heliogábalo, fillo ilexítimo
 () Sexto Vário MarceloJúlia Soémia
Alexandre Severo, fillo ilexítimo
 () valor descoñecidoJúlia Ávita Mameia Editar o valor en Wikidata
PaisSeptimio Severo Editar o valor en Wikidata  e Júlia Domna Editar o valor en Wikidata
IrmánsXeta
Septimia Major
Septimia Minor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Caracalla)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1459594 Find a Grave: 35109436 Editar o valor en Wikidata
Busto de Caracalla

Marcus Aurelius Antoninus Basianus, nado en Lugdunum, actual Lión, o 4 de abril de 188 e finado o 8 de abril do ano 217, político romano e fillo do entón gobernador da Galia Septimio Severo, foi un emperador romano co nome oficial de Marcus Aurelius Severus Antoninus Augustus. O seu nome de Caracalla fai referencia a unha capa de orixe gala que usaba decote e co alcume pasou á historia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Moi novo, sendo un neno, foi designado césar como herdeiro do trono do seu pai e no ano 211 é correxente con el ao ser nomeado augustus. No ano 202 casou con Plautila, filla do prefecto dos pretorianos Plautiano. Pouco despois acompañou o seu pai nunha visita a Leptis Magna, de onde procedía a súa familia. As discrepancias matrimoniais foron medrando e seica fixeron que Plautiano argallase rematar coa súa vida. Chamado ao pazo imperial, foi asasinado por Caracalla diante do emperador Septimio Severo e os seus fillos, Plautila e Plaucio foron desterrados ás illas Lipari. É a primeira manifestación do seu carácter e o selo que marcaría o tempo que estivo á fronte do Imperio.Pouco despois escomezan a se manifestar as discrepancias co seu irman Xeta, nomeado correxente polo seu pai. Entre os anos 208 e 211 estivo en Britania loitando canda o seu pai, onde falece.

Reinado con Xeta

[editar | editar a fonte]
Imperio Romano e provincias no 210

O reinado conxunto con Xeta non chegou ao ano. Acusado de fraticida, o certo é que Caracalla xamais puxo en dúbida o seu dereito primeiro ao trono como vinculeiro, e non aceptou a esixencia de Xeta de rachar o imperio en dous. O exército, fiel do imperio pola política de seu pai, aceptou a Caracalla sen problema ningún. Máis difícil de explicar é a represión que Caracalla exerceu contra dos amigos de Xeta, como a anciá irmá de Cómodo, o seu primo Severo, un sobriño de Marco Aurelio, un curmán de Pertinax, a súa propia muller e o seu cuñado, diversas vestais e incluso certos espectadores que aplaudían un auriga que non pertencía ao equipo favorito do emperador. Se ben a historiografia oficial romana denigrou a Caracalla e tratou de facelo pasar por tolo, non é posíbel demostrar todos estes feitos, e quizais sexa produto da lenda negra e moura coa que pasou á Historia. Caracalla non era un modelo de virtudes. A súa educación, que tiña por modelo un pai e unha nai que non dubidaban en facer o que fose para alcanzar os seus obxectivos, fixo que Caracalla gobernase cun concepto teocrático exaxerado do poder: aínda que mantivo o Consello, o Senado foi obviado en tódalas decisións, e este vingouse non con feitos, mais si con escritos.

O seu reinado inaugurouse con desordes en Alexandría, que foron reprimidos con certa dureza. A Caracalla afectáronlle dun xeito especial estas revoltas, xa que argallara diante do seu pai para mellorar a cidade que fundara Alexandre o Grande, e por quen sentía unha especial devoción. Outras desordes tiveron lugar en Retia e detectáronse casos de abuso de poder na Galia.

Moeda romana dun antoniniano, introducida pola reforma de Caracalla

A crise ecónomica agudizouse, aínda que non era un problema novo posto que se viña arrastrando dende tempos de Marco Aurelio. Aínda con todo pódese culpar a Caracalla de non lle facer fronte á crise. Introduciu unha moeda "branda", o antoniniano, que representaba as ideas ecónomicas daquel tempo. O exército medrou un 50% no seu gasto, o que serviu para recompoñelo e axeitalo ás novas condicións económicas. Outra das medidas ecónomicas foi a ampliación, no 212, da cidadanía romana ao imperio, actuación que se adoptou máis como decisión de política fiscal que con senso social, xa que a recadación dos impostos se facía dun xeito universal e máis xusto dentro do imperio. A idea de Septimio Severo de se apoiar no exército e de facer del unha nova clase media, xunguida á sociedade e non separada como deica entón, non fixo máis ca agravar a crise ecónomica, aínda que non lle supuxo ningún tipo de oposición.

A súa vinculación militar levouno a emprender diversas campañas, primeiro en Xermania, e despois nas loitas sucesorias en Partia. No ano 217 emprende unha campaña en Oriente, máis ca nada con fins propagandísticos, e nunha conxura dos oficiais ao seu mando é asasinado por Macrino entre Edessa e Carrae, o 8 de abril. Discútese ata que punto o Senado estaba ao cabo da conxura, pero foi o gran beneficiado para acadar de novo os privilexios que fora perdendo cos Severos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Imperio Romano

Segue a:
Septimio Severo
Caracalla
Precede a:
Macrino
Dinastía dos Severos








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Caracalla

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy