Casa da Conga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Casa da Conga | |
---|---|
Casa da Conga | |
Edificio | |
Tipo | Pazo urbano |
Estilo | clasicismo galego |
Enderezo | Praza da Quintana |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°52′48″N 8°32′38″O / 42.880111111111, -8.54375 |
Construción | |
Construción | século XVIII |
Remate | 1730 |
Dimensións | |
Pisos | 4 |
Plantas | planta terrea, sobrado e faio |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Domingo de Andrade e Casas e Novoa |
[ editar datos en Wikidata ] |
A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.
Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa da Conga |