Naos
O naos (en grego antigo ναός que significa templo ou vivenda dos deuses e en lingua exipcia per ur que significa gran morada), é a sala máis importante dos templos do Antigo Exipto e da Grecia antiga, así como tamén das igrexas paleocristiás, bizantinas e ortodoxas.
Antigo Exipto
[editar | editar a fonte]Normalmente, os templos exipcios comezábanse a construír polo naos e despois viña o resto do edificio, xa que era a sala máis importante na que residía o Ka da divindade. A única persoa que podía entrar en contacto coa deidade era o Faraón.
Período Grecorromano
[editar | editar a fonte]Nas antigas Grecia e Roma o naos era o lugar destinado a acoller a estatua do deus. En Roma era coñecido polo nome de cella.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- René Ginouvès, Dictionnaire méthodique de l'architecture grecque et romaine, t. III : Espace architecturaux, bâtiments et ensembles, Collection de l'École française de Rome 84, EFR - EFA, 1998.